Río Ulla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ulla»)
Río Ulla
Pontevea, parroquia de Reis, Teo
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoChousa da Poteira, Olveda, Antas de Ulla,
Antas de Ulla [1]
Altitude648 m
Lonxitude132 km [2][3]
Conca2803,6 km² [2][3]
Caudal medio79,3 m³/s [2]
Caudal relativo28,3 L/s/km² [2]
DesembocaduraRía de Arousa
Altitude desembocadura0 m
Conca do Río Ulla marcada en azul escuro

O río Ulla é un curso fluvial galego pertencente á vertente atlántica.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O hidrónimo Ulla procedería da raíz indoeuropea *wel-, "facecr xirar", "auga que dá voltas", xunto co sufixo -ia, o que daría a forma *Wulia.[4][5]

Curso[editar | editar a fonte]

Ten as súas fontes na comarca lucense da Ulloa, á que o río lle dá nome. O seu berce é a fonte da Poteira, na parroquia de Olveda (Antas de Ulla).[6] Os máis importantes afluentes do Ulla son o Arnego e o Deza. Separa as provincias da Coruña e Pontevedra a excepción de dous pequenos tramos nos concellos de Vedra e Padrón, e desemboca na ría de Arousa tras percorrer 132 km. Considéranse as Punta Palleiro e Grandoiro como a fin do río [1]. Ten unha conca de 2.764 km², a segunda máis importante de Galiza trala do río Miño.

Conta co encoro de Portodemouros, obra bastante importante no seu tempo.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Afluentes do Río Ulla por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:

  1. Río Pambre:[1] desemboca no Batán (Palas de Rei, Lugo) pola marxe dereita.
  2. Río Seco:[1] desemboca entre Santo Estevo (Agolada, Pontevedra) e Barazón (Santiso, A Coruña) pola marxe dereita.
  3. Río Furelos:[1] desemboca na Pontenova (Santiso, A Coruña) pola marxe dereita.
  4. Río Arnego:[1] desemboca no encoro de Portodemouros, no Marquesado (Agolada, Pontevedra) pola marxe esquerda.
  5. Río Iso:[1] desemboca no encoro de Portodemouros, fronte a Arxe (Vila de Cruces, Pontevedra), entre o Picouto (Santiso, A Coruña) e a Igrexa (Arzúa, A Coruña) pola marxe dereita.
  6. Río Preveidiños:[1] desemboca en Besaña (Touro, A Coruña) pola marxe dereita.
  7. Río Deza:[1] desemboca entre Gres (Vila de Cruces, Pontevedra) e Cira (Silleda, Pontevedra) pola marxe esquerda.
  8. Río Liñares:[1] desemboca na Aldea Grande (A Estrada, Pontevedra) pola marxe esquerda.
  9. Río Pereiro:[1] desemboca en Agromaior (Teo, A Coruña) pola marxe dereita.
  10. Río Vea:[1] desemboca preto de Vilacriste (A Estrada, Pontevedra) pola marxe esquerda.
  11. Río de Santa Lucía:[1] desemboca en Pontevea (Teo, A Coruña) pola marxe dereita.
  12. Rego Castrelo:[1] desemboca en Herbón (Padrón, A Coruña) pola marxe dereita, a 16,7 km do mar.[1]
  13. Río Sar:[1] o brazo esquerdo desemboca na Aduana, na vila de Padrón pola marxe dereita, a 15,0 km do mar.[1]
  14. Rego Salgueirón: [Cómpre referencia] desembocaba na vila de Pontecesures pola marxe esquerda, a 14,3 km do mar.
  15. Rego Fonte do Ouro:[1] desembocaba na vila de Pontecesures pola marxe esquerda, a 14,2 km do mar.
  16. Río Valga:[1] desemboca no Pumariño (Valga, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 13,0 km do mar.[1]
  17. Río Sar:[1] o brazo dereito desemboca en Afoz, na vila de Padrón pola marxe dereita, a 13,0 km do mar.[1]
  18. Río Louro:[1] desemboca na Carballa (Valga, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 11,2 km do mar.[1]
  19. Rego de Vigo:[1] desemboca en Vigo (Dodro, A Coruña) pola marxe dereita, a 10,4 km do mar.[1]
  20. Regueiro de Carracido: [Cómpre referencia] desemboca en Carracido (Valga, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 9,69 km do mar.[1]
  21. Rego de Tarrío:[1] desemboca en Tallós (Dodro) pola marxe dereita, a 9,13 km do mar.[1]
  22. Rego de Manselle:[1] desemboca entre Imo e Tallós (Dodro, A Coruña) pola marxe dereita, a 8,70 km do mar.[1]
  23. Rego de Imo:[1] desemboca en Imo (Dodro, A Coruña) pola marxe dereita, a 8,59 km do mar.[1]
  24. Rego dos Campelos:[1] desemboca preto da Vacariza (Rianxo, A Coruña) pola marxe dereita, a 6,07 km do mar.[1]
  25. Rego da Vacariza: [Cómpre referencia] desemboca na Vacariza (Rianxo, A Coruña) pola marxe dereita, a 5,58 km do mar.[1]
  26. Rego de Gondomil:[1] desemboca nas marismas de Oeste (Catoira, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 4,93 km do mar.[1]
  27. Regueiro das Torres: [Cómpre referencia] desemboca nas marismas de Oeste (Catoira, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 4,43 km do mar.[1]
  28. Río de Catoira:[1] desemboca na vila de Catoira pola marxe esquerda, a 3,68 km do mar.[1]
  29. Rego de Freixeiro:[1] desemboca fronte a Gabeira Pequena ou da Cruz entre o Outeiriño e Cores (Catoira, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 2,70 km do mar.[1]
  30. Rego da Lagartera:[1] desemboca no Peirán, en Quintáns (Rianxo, A Coruña) pola marxe dereita, a 2,67 km do mar.[1]
  31. Rego do Souto da Vila:[1] desemboca en Cores (Catoira, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 700 m do mar.[1]
  32. Rego dos Campos: [Cómpre referencia] desemboca preto da Dona (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 400 m do mar.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 1,40 1,41 1,42 1,43 1,44 1,45 1,46 1,47 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 42°43'21.5"N 7°47'54.1"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 94. ISBN 978-84-8341-136-0. 
  3. 3,0 3,1 Cañada, Silverio, ed. (2003). "Ulla, Río". Gran Enciclopedia Galega 42. El Progreso - Diario de Pontevedra. pp. 179–180. ISBN 84-87804-26-8. 
  4. Santiso Arias, Andrea (2023). Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña: Real Academia Galega. p. 22. ISBN 978-84-17807-36-8. 
  5. Curchin, Leonard A. (2008). "Los topónimos de la Galicia romana: Nuevo estudio". Cuadernos de Estudios Gallegos 55 (121): 109–136. doi:10.3989/ceg.2008.v55.i121.41. 
  6. García, J. Horacio (2021). "Onte nace o río Ulla? Un percorrido científico na busca das súas fontes". Cairón (Instituto de Estudos Ulloáns) (5): 148–165. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]