Baia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Olaia")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este artigo trata sobre un nome, para o accidente xeográfico véxase Baía.
Santa Baia, John William Waterhouse, 1885

Baia ou Olalla é un nome propio feminino galego de orixe grega: Ευλαλια (Eulalia) que significa "a ben falada. En Galicia Santa Baia (coñecida tamén coma Santalla, Santa Oalla, Santa Olaia ou Santa Eulalia) é patroa de multitude de parroquias, polo que debeu ser un nome común na antigüidade. Tamén en Cataluña hai unha gran devoción por Santa Baia ou Eulàlia[1] que é patroa de Barcelona xunto con Nosa Señora da Mercé. Ás veces confúndense as vidas de Santa Baia de Mérida con Santa Baia de Barcelona, nena martiritzada a principios do século IV.[2]

O nome Baia/Eulalia foi un nome frecuente na Idade Media en Francia, España e Portugal ("Eulàlia"). Desde os anos 60-70 foi perdendo popularidade, mais os seus hipocorísticos de orixe galega-asturiana: Olaia, Olalla foron gañando popularidade dende aquela en toda España, especialmente no norte (tamén a forma catalá ‘’Laia’’). A forma masculina Eulalio/ Baio está en desuso, tampouco é común a forma galega Baia hoxe en día, sendo a máis común en Galicia a forma Olalla.[2]

Onomástica[editar | editar a fonte]

A festa onomástica celébrase os días[3]:

Orixe e difusión[editar | editar a fonte]

Baia / Olalla é a evolución galega do nome culto Eulalia. Este deriva do adxectivo grego eulalos, composto de ευ (eu, "ben") e λαλεω (laleo, "falar"); o significado pode ser interpretado como "o que fala ben", "que fala con dozura"[4], "elocuente". A forma grega do nome sería Ευλαλια (Eulalia), aínda que só está documentado o masculino Ευλαλιος (Eulalios), latinizado despois tanto ao masculino coma ao feminino.

A difusión do nome débese ao culto ás santas así chamadas, en particular ás dúas mártires españolas, unha de Barcelona e a outra de Mérida. O nome é sonado ademais de en España, en Portugal e Francia. En Italia a notoriedade do nome aumentou grazas a unha canción de Quartetto Cetra de 1947, Eulalia Torricelli da Forlì. En Inglaterra, en época medieval, Eulalia semella confundirse en parte co nome Ilaria, Hilary.

Variantes[editar | editar a fonte]

Variantes en galego[editar | editar a fonte]

A variante máis común en Galicia (por ser patroa en máis parroquias) é Baia, sendo a variante culta Eulalia. Existen ademais as variantes Olalla (moi frecuente hoxe en día), Olaia, Oalla, Alla, Balla e Oballa.

Variantes noutras linguas[editar | editar a fonte]

Datos do censo en España e Galicia[editar | editar a fonte]

O nome Baia, malia ser a forma galega máis repetida no patrón parroquial, non conta con representación na poboación hoxe en día.[5] Tampouco aparece hoxe a variante rara Oalla.

A variante Eulalia, moi popular noutras zonas de España, non é moi común en Galicia, lévana só 706 mulleres[5], tamén é curioso que media de idade é alta: 61 anos.

A variante galega Olalla, aparece practicamente só en Galicia, con 1270 das 2896 en toda España, sendo a máis común de todas a versións do nome hoxe en día en Galicia.[5]

A variante galega Olaia, común na lingua vasca abunda en Galicia e no País Vasco, con 2414 mulleres, 186 delas en Galicia.[5]

A variante castelá (de orixe galega) Olaya é tamén moi común no noroeste do estado, con 2964 mulleres en todo o estado, 326 en Galicia.[5]

Persoeiros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lligadas, Josep (1997). Santa Eulàlia, una fe jove (en catalán) (1ª ed.). Barcelona: Centre de Pastoral Litúrgica. ISBN 84-7467-447-6. 
  2. 2,0 2,1 Laia a sellamara.com Arquivado 18 de agosto de 2015 en Wayback Machine., Datos do Censo Español, Fonte: INE.
  3. http://www.ecampmany.com/santoral
  4. "Hilary". Online Etymology Dictionary (en inglés). Consultado o 5 novembro 2014. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Instituto Nacional de Estadística

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]