Catarina
| Catarina | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |

Catarina[1][2][3][4] é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita é común co portugués, co asturiano e co italiano. A súa orixe é o grego (Αἰκατερίνα, de katharós 'puro', co significado de 'pura', 'inmaculada', 'graciosa'). En galego tamén conta coas variantes Cateliña, Catalina e Cataliña, e o hipocorístico Catela.[2] Tamén existe a variante Catuxa, moi documentada[5] e usada tamén como diminutivo. É popular nos países cristiáns, xa que foi o nome dunha das primeiras santas cristiás, Catarina de Alexandría.
En xaneiro de 2023 existían 163 mulleres en Galicia co nome Catarina, cunha media de idade de 30,3 anos,[6] 209 co nome Catuxa, cunha media de idade de 24,4 anos,[7] e 987 co nome Catalina, cunha media de idade de 38,8 anos.[8] Non hai persoas rexistradas coas variantes Cateliña ou Cataliña.
Orixe e significado
[editar | editar a fonte]O nome provén do grego Αἰκατερίνα ou Αἰκατερίνη (Aikaterina, Aikaterinē), de etimiloxía descoñecida. A primeira referencia de uso do nome é a de Santa Catarina de Alexandría. A teoría de que o nome vén de Hécate, nome da deusa grega da maxia, disque é improbábel[9].
O nome asóciase tamén co adxectivo grego καθαρός (katharos), que significa "puro", que leva á escritura das variantes inglesas do nome Katharine (máis frecuente nos Estados Unidos) e Katherine (máis corrente en Gran Bretaña)[10]. A forma cun e no medio (Caterina) documéntase tamén en galego.
O nome en Galiza
[editar | editar a fonte]Existen tres parroquias en Galiza onde Santa Catarina é padroa, unha delas coa variante do nome Catalina (véxase: Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Catarina e Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Catalina).
Santa Catalina é tamén o nome de senllos lugares en Godos (Caldas de Reis) e Buño (Malpica de Bergantiños). Ademais, Santa Cateliña é un lugar da parroquia do Mundil (Cartelle); e Santa Cataliña é un lugar da parroquia de Tal (Muros).
En xaneiro de 2016, 147 mulleres levaban o nome de Catarina en Galiza[11]. A variante Catuxa lévana 65 mulleres en Galiza[12].
Santoral
[editar | editar a fonte]Diminutivos
[editar | editar a fonte]- Galego: Catuxa, Cata, Catia.
- Inglés[13]: Katie, Katy, Kate, Kathy, Kathe, Kath, Kay, Kat, Katya, Katyusha, Kitty, Kit, Kasia, Kaya, Kaká, Kah, Kee e outros.
Variantes noutras linguas
[editar | editar a fonte]A forma Catarina é tamén a forma común do nome en portugués, asturiano, occitano e italiano.[14]
| Variantes noutras linguas | |
|---|---|
| Albanés | Katrina |
| Alemán | Katharina |
| Aragonés | Catalina, Caterina[15] |
| Asturiano | Catala, Catalina, Catarina[16] |
| Bretón | Katell |
| Búlgaro | Екатерина (Ekaterina) |
| Castelán | Catalina, Katia, Karen, Catina |
| Catalán | Caterina |
| Checo | Kateřina |
| Croata | Katarina |
| Dinamarqués | Katharina |
| Eslovaco | Katarína |
| Esloveno | Ekaterina |
| Estoniano | Katariina |
| Éuscaro | Katarin, Katalin, Katixa |
| Finés | Katariina |
| Francés | Catherine |
| Galego | Catarina, Catuxa |
| Grego | Αικατερίνη (Aikaterínê) |
| Holandés | Catharina, Katrijn |
| Húngaro | Katarina, Katalin |
| Inglés | Katherine, Catherine, Karen, Katie |
| Irlandés | Caitríona, Caitrín, Catraoine, Caitlín |
| Islandés | Katrín |
| Italiano | Caterina |
| Latín | Catharina |
| Letón | Katrīna |
| Lituano | Katerina |
| Noruegués | Katarina |
| Polaco | Katarzyna |
| Portugués | Catarina, Catalina |
| Romanés | Ecaterina, Catalina |
| Ruso | Екатерина (Yekaterina), Каренина (Karenina), Катя (Katya) |
| Sardo | Catalìna |
| Sueco | Katarina |
| Ucraíno | Катерина (Kateryna) |
| Xeorxiano | ეკატერინე (Ekaterine) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- 1 2 Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Catarina". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
<https://academia.gal/nomes>. - ↑ Variante do nome en galego en Diccionario galego-castelán, Leandro Carré Alvarellos (1951): Terceira Edizón, A Coruña, Roel
- ↑ González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova Editorial. ISBN 978-8497370417.
- ↑ Xa aparece nos escritos de Frei Martín Sarmiento do século XVIII coa escritura antiga Catuĵa: Martín Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970)
- ↑ Nome Catarina na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Catuxa na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Catalina na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ Patrick Hanks e Kate Hardcastle, eds., Oxford Dictionary of First Names, 2nd ed. (Oxford: Oxford University Press, 2006), 154.
- ↑ Withycombe, E. G. (1976). The Concise Dictionary of English Christian Names (3rd ed.). Londres: Omega Books. ISBN 1-85007-059-8.
- ↑ Catarina no Instituto Nacional de Estadística
- ↑ Catuxa no Instituto Nacional de Estadística
- ↑ Engadimos os diminutivos en inglés por ser moi comúns na ficción que chega a Galiza
- ↑ "MFnames.com - Origin and Meaning of Catarina". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2017. Consultado o 13 de xaneiro de 2016.
- ↑ EDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. (en castelán)
- ↑ mieres.es (ed.). "NOMES DE PERSONA N’ASTURIANO" (PDF). Consultado o 13 de febreiro de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catarina |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Montes Vicente, José María (2001). El libro de los Santos. Alianza, Madrid. ISBN 84-206-7203-3.
- Tibón, Gutierre (1994). Diccionario etimológico comparado de nombres propios de persona. Fondo de Cultura Económica, México. ISBN 968-16-2284-7.
- Yáñez Solana, Manuel (1995). El gran libro de los Nombres. M. E. Editores, Madrid. ISBN 84-495-0232-2.