O río Dubra é un afluente do Tambre pola súa banda dereita. Nace nos montes do Castelo, na parroquia de Anxeriz (concello de Tordoia). Segue un curso xeral na dirección norte-sur ó longo da Depresión Meridiana, e desemboca en Portomouro tras percorrer 18,8km.[1]
Pode vir do plural dubra do célticodubron (auga), ou dunha forma feminina dubra, que significaría o mesmo.[2] Tería mesma etimoloxía o río Dobra en Asturias e outros topónimos franceses (Douvres, río Douvre), ingleses (Dover), irlandeses e escoceses (Dobhar), alemáns (Tauber, antes Dubra) ou neerlandeses (Doveren).[3]