Roxerio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Roger Moore en Maverick, Roger é a variante inglesa do nome.

Roxerio, Roxer[1] ou Roxelio, é un antropónimo masculino nas súas variantes en lingua galega, que provén da composición de verbas xermanas hrod (fama) e ger (lanza), co que o seu significado viría a ser «famoso coa lanza». A súa forma latina sería Rogerius e era moi habitual na Idade Media. O feminino é Roxeria ou Roxelia.

Santoral[editar | editar a fonte]

  • 16 de setembro, San Roxerio, (Íllora, Granada s. IX- † Córdoba) foi un freire mártir. Os atributos son un crucifixo levantado nunha man, libro de evanxeos na outra e sangue no pescozo polo seu martirio.

O nome en Galicia[editar | editar a fonte]

Segundo o Instituto Nacional de Estadística, as variantes galegas Roxerio, Roxer ou Roxelio teñen actualmente unha frecuencia inferior a 20 para o total nacional (ou inferior a 5 por provincia), polo que, por segredo estadístico, non se proporcionan datos ao respecto. A variante en castelán Rogelio é un nome común, tendo en conta toda España, en Galicia, Asturias e León danse as maiores porcentaxes. En Galicia hai actualemente 1896 varóns co nome. Con todo, Roxerio e as súas variantes é un nome pouco usado hoxe en día. Isto quizais xustifica a non galeguización do nome cos novos nacementos. A variante feminina Roxeria ou Roxelia tampouco aparece representada, porén 223 mulleres levan a variante castelá Rogelia en Galicia, cunha media de idade de case 70 anos[2].

Persoas celebres[editar | editar a fonte]

Galegos[editar | editar a fonte]

Outras personalidades[editar | editar a fonte]

Ficción[editar | editar a fonte]

Roxerio noutras linguas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]