Saltar ao contido

Cibrán (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Cibrán.

Cibrán[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o latín Cyprianus, nome étnico que quere dicir "natural de Chipre", "habitante de Chipre". En galego tamén ten as variantes Cibrao e Cipriano.[2]

En xaneiro de 2023 existían 181 varóns en Galicia co nome Cibrán, cunha media de idade de 17,3 anos,[3] e 204 co nome Cipriano, cunha media de idade de 67,2 anos.[4] Non hai persoas rexistradas coa variante Cibrao.

Uso do nome

[editar | editar a fonte]

San Cibrán é un santo moi venerado en Galicia e patrón de numerosas parroquias polo que debeu ser un nome común na antigüidade (Véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cibrán).

16 de setembro: San Cibrán, crego e escritor romano, bispo de Cartago (249-58) e santo mártir da Igrexa.

Noutras linguas

[editar | editar a fonte]
Español Cipriano
Alemán Cyprian
Asturiano Cibrián
Catalán Cebrià
Checo Cyprianus
Corso Ciprianu
Croata Ciprijan
Dinamarqués Cyprianus
Esperanto Cipriano
Éuscaro Kipiren
Finés Cyprianus
Francés Cyprien
Galego Cibrán, Cibrao
Xeorxiano კვიპრიანე (Kvipriani)
Grego Κυπριανός (Kyprianos)
Holandés Cyprianus, Cypriaan
Húngaro Ciprián
Inglés Cyprian
Islandés Kýpríanus
Italiano Cipriano
Latín Cyprianus
Lituano Kiprijonas
Noruegués Cyprianus
Polaco Cyprian
Portugués Cipriano
Ruso Киприан (Kiprian)
Sardo Cipriànu
Serbio Кипријан (Kiprijan)
Sueco Cyprianus
Ucraíno Кипріян (Kiprijan)
  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  3. Nome Cibrán na Web do Intituto Galego de Estatística
  4. Nome Cipriano na Web do Intituto Galego de Estatística

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Montes Vicente, José María (2001). El libro de los Santos. Alianza, Madrid. ISBN 84-206-7203-3. 
  • Tibón, Gutierre (1994). Diccionario etimológico comparado de nombres propios de persona. Fondo de Cultura Económica, México. ISBN 968-16-2284-7. 
  • Yáñez Solana, Manuel (1995). El gran libro de los Nombres. M. E. Editores, Madrid. ISBN 84-495-0232-2.