Marta (nome)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Marta (homónimos).
| Marta | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
| Wikidata C:Commons |

Marta[1] é un nome propio feminino galego. A súa orixe é o arameo: ܡܳܪܬܳܐ, Mârtâ; en hebreo: מרתא (pronunciado Martâ); que significa "señora, patroa". É un nome moi estendido en todo occidente. En galego antigo aparecía coa grafía: Martha. É un dos nomes máis tradicionais e populares de Galiza. A padroa de multitude de parroquias galegas é Santa Marta.
En xaneiro de 2023 existían 12.070 mulleres en Galicia co nome Marta, cunha media de idade de 35,1 anos.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Marta de Betania era unha personaxe bíblica do Novo Testamento, irmá de Lázaro e María de Betania (Xoán 11:1-2).
Santoral
[editar | editar a fonte]A festividade de Santa Marta celébrase o día 29 de xullo.
O día 23 de febreiro celébrase a festividade de Santa Marta de Astorga.
Equivalencias noutras linguas
[editar | editar a fonte]| Variantes noutras linguas | |
|---|---|
| Catalán | Marta |
| Éuscaro | Marte |
| Portugués | Marta ou Martha |
| Francés | Marthe |
| Húngaro | Márta |
| Inglés | Martha |
| Alemán | Martha |
| Italiano | Marta |
| Polonés | Marta |
| Ruso | Марта |
Persoeiros
[editar | editar a fonte]Galegas
[editar | editar a fonte]- Marta Sánchez, Madrid, 1966 , cantante galega.
- Marta Larralde, Vigo, 1981 , actriz galega.
- Marta Dacosta, Vigo, 1966, poeta galega.
- Marta Ortega, A Coruña en 1983 , empresaria galega, vicepresidenta de dúas sociedades do grupo Inditex.
- Marta Álvarez, A Coruña, 1943, política galega do PPdeG.
- Marta Darriba, xornalista galega.
- Marta Bobo, Ourense, 1966, foi unha ximnasta galega.
- Marta González Vázquez, Santiago de Compostela, 1965 , historiadora e política galega do PPdeG .
- Marta Míguez, Cortegada, 1973, atleta galega.
- Marta Fernández Currás, Vigo, 1963, política galega do PPdG .
- Marta Neira, filóloga e ensaísta galega .
- Marta Rivera de la Cruz, Lugo, 1970, escritora galega en lingua castelá.
Doutras nacionalidades
[editar | editar a fonte]- Marta Mata, Barcelona, 1926, foi unha política e pedagoga catalá.
- Marta Hazas, Santander, 1977, actriz española.
- Marta Etura, San Sebastián, actriz vasca.
- Marta de Suecia, Princesa de Suecia e Noruega.
- Marta Brunet, escritora chilena.
- Marta Canessa, ex-primeira dama do Uruguai.
- Marta Larraechea, política chilena.
- Marta Sahagún, ex-primeira dama de México.
Martha e Marthe
[editar | editar a fonte]- Martha Hildebrandt, política peruana.
- Martha Hackett, actriz estadounidense.
- Martha Scott, actriz estadounidense.
- Martha Alter, compositora estadounidense.
- Marta Casals Istomin, música portoriqueña.
- Martha Mödl, soprano alemá.
- Martha Wainwright, cantante canadense.
- Martha Gellhorn, escritora estadounidense.
- Martha Stewart, empresaria estadounidense.
- Marthe Bibesco, escritora romanesa-francesa.
- Marthe Keller, actriz suíza.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Marta". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
<https://academia.gal/nomes>. - ↑ Marta na web do Instituto Galego de Estatística.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marta |