Saltar ao contido

Henrique

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henrique
 Instancia de
 Parte de
 Nome orixinal
Henrique (pt)
Henrique (gl) Editar o valor en Wikidata
 Alcume
Hick Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua
 Alfabeto
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 134117
Wikidata C:Commons
Henrique VIII Tudor, rei de Inglaterra e Irlanda, por Hans Holbein o Novo.

Henrique[1][2] é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co portugués e co aragonés. A súa orixe é xermánica, composta polos elementos góticos haims ‘país natal’ e *rikaz ‘poderoso’. En galego tamén ten os hipocorísticos Quique, Quico, Quicolo, Queco, Rico e Ricolo.[2]

En xaneiro de 2023 existían 106 varóns en Galicia co nome Henrique, cunha media de idade de 34,1 anos.[3]

Variantes noutras linguas

[editar | editar a fonte]
Variantes noutras linguas
Alemán Heinrich, Heinz
Árabe هنريك ou إنريكي (Inrīkī ou Hinrīk)
Aragonés Henrique[4]
Asturiano Aique ou Anrique[5]
Bretón Herri
Castelán Enrique
Catalán Enric
Checo Jindřich
Croata Henrik
Danés Henrik
Escocés Eanraig
Eslovaco Henrich
Esloveno Henrik
Esperanto Henriko
Éuscaro Endika, Henrike
Finlandés Henrik, Henri
Francés Henri
Galés Harri
Galego Henrique
Xeorxiano ჰაინრიხ (Hainrix)
Grego Ερρίκος (Erríkos)
Holandés Hendrik, Henricus
Húngaro Henrik
Inglés Henry
Irlandés Anraí
Islandés Hinrik
Italiano Enrico
Latín Henricus
Letón Heinrihs
Lituano Henrikas
Maltés Enriku
Noruegués Henrik
Polaco Henryk
Portugués Henrique
Romanés Henric
Ruso Генрих (Genrih)
Sardo Enrìcu
Serbio Хенрик (Henrik)
Siciliano Arricu
Sueco Henrik
Ucraíno Генріх (Genrih)

Personaxes ilustres

[editar | editar a fonte]

Emperador Romano-xermánico

[editar | editar a fonte]
  • Henrique I (876-936), chamado Henrique o Paxariñeiro, Duque de Saxonia (912- ?) e rei da Xermania (919-936).
  • Henrique II.
  • Henrique III, 1039–1056.
  • Henrique IV, 1056–1106.
  • Henrique V, 1106–1125.
  • Henrique VI, 1190–1197.
  • Henrique VII, 1308–1313.
  • Henrique III, duque de Baviera (982-985).
  • Henrique I (1174-1216), Henrique de Flandres e de Hainaut. Rexente do Imperio Latino (1205-1206), despois emperador do devandito Imperio (1206-1216).
  • Henrique I de Borgoña (~944-1002) (Eudes-Henri ou Otton-Henri, segundo as fontes), chamado Henrique o Grande, duque de Borgoña (965-1002).
  • Henrique I de Chipre (1217-1253), Henrique de Lusiñán, Rei de Chipre (1218-1253).
  • Henrique I rei de Escocia (1565–1567).
  • Mestre Enrique, arquitecto e escultor gótico (século XIII).
  • Henrique Almaraz e Santos, bispo de Palencia (1893-1907).
  • Henrique de Peralta e Cárdenas, bispo de Palencia (1659-1665).
  • Henrique de Orleáns (duque de Aumale) (1822 - 1897).
  • Henrique, conde de París, coñecido como Henrique VI (1940-1999).
  • Henrique, conde de París, duque de Francia, coñecido como Henrique VII (1999). Nado en 1933.
  • Henrique VI (de Francia e de Navarra), de 1941 a 1975 é tamén o nome dado polos lexitimistas franceses a Xaime de Borbón e Battenberg (1908–1975), segundo dos descendentes do rei Afonso XIII.
  • Henrique I de Haití, primeiro rei autoproclamado de Haití.

Inglaterra

[editar | editar a fonte]

Luxemburgo

[editar | editar a fonte]
  • Enrique I de Navarra (finado en 1274), chamado Henrique o Groso, Rei de Navarra (1270-1274), conde de Meaux (1270-1274) e de Champaña (como Henrique III) (1270-1274).
  • Henrique II de Navarra
  • Henrique III de Navarra, dende 1589 foi ademais Rei de Francia como Henrique IV.
  • Henrique de Sandomierz, duque de Sandomierz (1146-1166).
  • Henrique I o Barbudo, duque de Wrocław (1201-1238) e duque de Cracovia (1232-1238).
  • Henrique I de Polonia, (1551-1589), máis coñecido como Henrique III de Francia. Rei de Polonia (1573-1574), e despois Rei de Francia (como Henrique III) (1574-1589).
  • Henrique II o Piadoso, Duque de Cracovia, de Silesia e da Gran Polonia.
  • Henrique III, duque de Głogów (1273/1274-1309) e duque da Gran Polonia (1306-1309).
  • Henrique III, duque de Wrocław (1248-1266).
  • Henrique V, duque de Legnica (1278-1296) e duque de Wrocław (1290-1296).
  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
  2. 1 2 Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Henrique". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes>.
  3. Henrique na web do Instituto Galego de Estatística.
  4. EDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. (en castelán)
  5. mieres.es (ed.). "NOMES DE PERSONA N’ASTURIANO" (PDF). Consultado o 13 de febreiro de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]