Hodonimia
A hodonimia[1] (do grego ὁδός hodós, "camiño" + ὄνομα ónoma, "nome") é unha rama da onomástica que se refire aos topónimos que consisten no nome da vía de comunicación, tanto natural coma artificial, que os caracteriza.
Hodónimos recoñecibles[editar | editar a fonte]
Algúns topónimos referentes a construcións humanas poden considerarse tamén hodónimos, como Ponte e A Ponte, por exemplo. Deste nome derivan outros hodónimos como As Pontes de García Rodríguez, Ponteceso, Pontecesures, A Ponte Maceira, A Ponte Ulla, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontedeume, Pontedeva, A Pontenova ou Pontevedra.
Os nomes das rúas[editar | editar a fonte]
Por hodonimia tamén se entende o estudo dos nomes que se dá ás rúas e calquera tipo de vía nos núcleos de poboación[2], como avenidas, prazas, calellas, ruelas, paseos, bulevares, roldas, glorietas, e mesmo parques urbanos e xardíns públicos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Aínda que ás veces se ve escrito sen o h inicial, a súa etimoloxía e a ortografía prescrita polo VOLG para palabras da mesma familia léxica indican que debe escribirse con hache. No VOLG aparecen hodometría e hodómetro reenviadas dende as formas sen hache, pero ningunha palabra co prefixo odo- que teña este significado. Con todo, no seu uso como sufixo, perde o hache etimolóxico: ánodo, cátodo ou díodo son exemplos disto.
- ↑ "A IV Xornada de Onomástica Galega chama a recuperar o patrimonio da toponimia tradicional nos nomes das rúas". Real Academia Galega. 19 de outubro de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |