Pyhäjärvi, Pirkanmaa
Tipo | lago | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
País da cunca | Finlandia | |||
División administrativa | Tampere, Finlandia | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Efluente do lago | Nokianvirta (en) | |||
Conca hidrográfica | Kokemäenjoki basin (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 77,2 m | |||
Profundidade | 50 m | |||
Perímetro | 450,266 km | |||
Superficie | 121,605 km² | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 17.073 km² | |||
O Pyhäjärvi é un lago situado nas cidades de Akaa, Lempäälä, Nokia, Pirkkala, Tampere e Vesilahti, en Finlandia. O Pyhäjärvi esténdese dende Tampere ao norte ata Lempäälä ao sur en forma de "C". É o 36ª lago máis grande de Finlandia e o cuarto da rexión de Pirkanmaa por detrás do Näsijärvi, o Längelmävesi e o Vanajavesi,[1] é ademais o segundo lago máis grande da cidade de Tampere.[2]
O lago ten 124 km² e está situado a 77 msnm e ten unha profundidade máxima de 50,16 metros.[1]
As augas do Näsijärvi flúen cara ao sur a través do Tammerkoski ata a parte norte do Pyhäjärvi no centro da cidade de Tampere, mentres que ao sur recibe as augas do Vanajavesi a través do Kuokkalankoski en Lempäälä.[1]
Entre as atraccións do lago encóntrase a illa de Viikinsaari, unha das numerosas illas coas que conta o lago. Situada a 20 minutos en barco dende o centro de Tampere, Vikiinsaari conta con numerosos atractivos turísticos durante o verán.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Pajunen, Hannu (2004). Järvisedimentit kuiva-aineen ja hiilen varastona (PDF). GTK. pp. 164–166.
- ↑ "Vesiensuojelu" (en finés). Cidade de Tampere. Consultado o 1 de abril de 2021.
- ↑ "Viikinsaari island – A summer oasis in the city" (en inglés). visittampere.fi. Consultado o 1 de abril de 2021.