Lagoa de Fúquene
Tipo | lago | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
País da cunca | Colombia | |||
División administrativa | Cundinamarca, Colombia | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Altitude | 2.540 m | |||
Superficie | 6,8 km² | |||
Medicións | ||||
Volume físico | 90 hm³ | |||
A lagoa de Fúquene é un corpo de auga doce que se atopa na localidade de Fúquene, entre os departamentos de Cundinamarca e Boyacá, ó leste dos Andes colombianos, a unha altitude de 2.540 metros, e a unha distancia duns 80 km da cidade de Bogotá.
Posúe numerosas illas, unha delas foi santuario dos muiscas; ademais, existían varios adoratorios atendidos por cen sacerdotes, así como un templo que seguramente foi erixido a Fu, un deus con cabeza e cola de raposo e figura humana que personificaba ó demo. Segundo conta a lenda, oculto baixo as augas e disposto a defender dos muzos, os seus dominios no val de Ubaté e Chiquinquirá, permanece Fu, o deus tutelar das augas desta lagoa.[1]
A lagoa é alimentada polo río Susa e desalimentada polo río Suárez.