Saltar ao contido

José Ángel Jurado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Ángel Jurado
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1992 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,82 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2010–2011   Real Betis Balompié B 23(1)
2011–2014   Villarreal CF B 53(4)
2011–2012 cesión   Club Deportivo Mirandés 22(0)
2014–2015   Unión Deportiva Almería B 36(1)
2014–2017   UD Almería 37(1)
2017–2019 FK Bodø/Glimt 50(1)
2019–2019 FC Sheriff Tiraspol 13(2)
2019–2021 FC Cartagena 49(2)
2021–2022 Al-Wahda SC 10(1)
2022–2022   AD Alcorcón 17(1)
2022–2023   CD Tenerife 27(1)
2023–   Deportivo da Coruña 35(1)

José Ángel Jurado de la Torre, coñecido simplemente como José Ángel, nado en Sevilla o 21 de xuño de 1992, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Deportivo da Coruña, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado como futbolista na canteira do Real Betis, debutou co filial na Segunda División B na tempada 2010/11. En xullo de 2011 fichou por outro filial, Villarreal B, e foi inmediatamente cedido ao Mirandés, da mesma categoría.[1]

Disputou 24 partidos co equipo de Miranda de Ebro durante a tempada 2011/12, proclamándose campión do seu grupo e logrando o ascenso á Segunda División na promoción. A continuación regresou ao Villarreal B, no que militou durante as seguintes dúas campañas, disputando 53 partidos e logrando 4 goles. En xullo de 2014 fichou polo Almería B, tamén de Segunda B.[2]

Titular indiscutible no filial almeriense, disputou un total de 37 encontros, contribuíndo á clasificación do equipo para a promoción de ascenso. O 5 de decembro de 2014 debutou co primeiro equipo do Almería, da man do adestrador Francisco, substituíndo a Corona na segunda metade dun partido da Copa do Rei ante o Betis no Benito Villamarín.[3] No verán de 2015 subiu ao primeiro equipo, que viña de descender á Segunda División.[4] Xogou na categoría de prata durante unha tempada e media ata que o seu contrato foi rescindido en xaneiro de 2017.[5]

En marzo deixou o fútbol español e instalouse en Noruega, onde asinou contrato co FK Bodø/Glimt da Primeira División, segunda categoría do fútbol noruegués.[6] Co equipo amarelo proclamouse campión da categoría e logrou así o ascenso á Eliteserien, na que militou durante a campaña 2018. O 15 de febreiro de 2019 anunciouse a súa marcha á capital de Transnistria, cedido ata final de tempada no FC Sheriff Tiraspol.[7] Ali conquistou a Copa de Moldova, sendo titular na final contra o Sfîntul Gheorghe. O seu equipo acabou gañando tamén a Super Liga moldova, aínda que José Ángel deixou o club uns meses antes do remate da competición, regresando a España a finais de agosto e fichando polo FC Cartagena, de Segunda B.[8]

Na súa primeira tempada na Efesé disputou un total de 18 partidos, sendo habitualmente suplente de Adalberto Carrasquilla e Miguel Ángel Cordero, e conseguiu o ascenso á Segunda División.[9] Na seguinte campaña, xa na categoría de prata, fíxose coa titularidade e contribuíu á permanencia en Segunda do equipo de Borja Jiménez. En xullo de 2021 renovou o seu contrato por un ano máis,[10] pero só dúas semanas despois anunciouse o seu traspaso ao Al Wahda FC, club dos Emiratos Árabes Unidos.[11][12]

O 12 de xaneiro de 2022 regresou ao Cartagena, tras chegar a un acordo coa entidade ata o final da campaña,[13] pero só tres días despois, o club anunciou a súa marcha, ante a imposibilidade de inscribilo na liga.[14] O 16 de xaneiro asinou co Alcorcón, tamén de Segunda.[15] Militou no club madrileño ata final de tempada e a continuación xogou un ano no Tenerife, ás ordes de Ramis.[16]

Para a tempada 2023/24 fichou polo Deportivo da Coruña, da Primeira Federación.[17] No club galego formou un excelente pivote no centro do campo xunto a Diego Villares, sendo o bo traballo de ambos unha das claves do ascenso do equipo de Imanol Idiakez á Segunda División.[18][19] Disputou un total de 36 encontros, todos como titular, e anotou un gol ante o Lugo.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Deportivo da Coruña
  1. Garraza, Ángel (11 de setembro de 2023). "El Mirandés incorpora al centrocampista José Ángel Jurado y al lateral zurdo Ernesto" (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  2. Miralles, Carlos (14 de xullo de 2014). "El Almería B ficha a José Ángel" (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  3. "El Betis recuerda quién es... demasiado tarde". Marca (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  4. "Cuatro jugadores del filial tienen contrato con el primer equipo, pero también pueden ser cedidos" (en castelán). 14 de xuño de 2015. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  5. "La UD Almería rescinde el contrato al centrocampista José Ángel" (en castelán). 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  6. "José Ángel klar for Glimt" (en noruegués). 17 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2023. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  7. "Добро пожаловать, Хосе Хурадо" (en ruso). 19 de outubro de 2015. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  8. Moya, Francisco J. (27 de agosto de 2019). "El Cartagena contrata al centrocampista José Ángel Jurado y ficha para su filial a Roselli y Leomar" (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  9. "Bendito problema para Borja" (en castelán). 1 de xullo de 2020. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  10. "José Ángel seguirá defendiendo el escudo del FC Cartagena una temporada más" (en castelán). 8 de xullo de 2021. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  11. "Comunicado oficial. Acuerdo para el traspaso de José Ángel Jurado al Al-Wahda" (en castelán). 23 de xullo de 2021. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  12. Prian, Álvaro (23 de xullo de 2021). "José Ángel Jurado, de renovar a ser traspasado al Al-Wahda". Marca (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  13. "José Ángel regresa al Cartagena" (en castelán). 12 de xaneiro de 2022. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  14. "Comunicado oficial: José Ángel" (en castelán). 15 de xaneiro de 2022. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  15. "José Ángel Jurado, tercera incorporación del Alcorcón". As (en castelán). 16 de xaneiro de 2022. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  16. "José Ángel, primer refuerzo para el CD Tenerife en la temporada 22/23" (en castelán). 3 de xullo de 2023. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  17. "Jose Ángel Jurado, novo xogador do Dépor 2023-24". 25 de xullo de 2023. Consultado o 11 de setembro de 2023. 
  18. "El Deportivo, en busca de socios para José Ángel y Villares" (en castelán). 15 de xuño de 2024. Consultado o 21 de xullo de 2024. 
  19. "José Ángel renueva con el Deportivo hasta 2026" (en castelán). 30 de xuño de 2024. Consultado o 21 de xullo de 2024.