A tempada 2007-2008 comeza, da man de Rafa Berges, en postos de descenso, nos que se mantén durante toda a primeira volta. A destitución do adestrador e a chegada de Alfonsín fan que o equipo realice un magnífica segunda volta, saíndo do descenso e, finalmente, acabando a tempada en oitava posición.
Para a seguinte tempada (2008-2009), o club ponse como obxectivo o ascenso á Segunda División B. Para iso, renovan case por completo o persoal e contratan como adestrador a Carlos Ríos, que asina por dous anos. Durante toda a tempada mantéñense entre os catro primeiros na táboa de clasificación, terminando en segunda posición con 68 puntos a tan só 3 puntos do primeiro clasificado.
Xogan a primeira fase da liguiña de ascenso co Real Ávila. En Ávila, o resultado do partido é un empate a cero e, en Almería, un empate a un que fai pasar de rolda ao equipo avulense e, polo tanto, deixa ao Almería B sen o soño de alcanzar a Segunda B.
Tras a decepción, o equipo técnico decide destituír a Carlos Ríos do seu cargo de adestrador e volver renovar o persoal. Para o posto de adestrador elixen a Constantin Galca.
Tras non poder ascender na promoción, eliminado polo CE L'Hospitalet, ascende grazas ao descenso administrativo do CF Atlético Ciudad.
O Estadio Municipal Juan Rojas foi inaugurado en 1976 co nome de estadio Franco Navarro. O seu aforamento é de 13.648 espectadores (5.468 sentados e 8.000 de pé). Está situado no barrio almeriense de Torrecárdenas.