Saltar ao contido

José Luis Pensado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Luís Pensado Tomé»)
Modelo:BiografíaJosé Luis Pensado
Nome orixinal(es) José Luis Pensado Tomé Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1924 Editar o valor en Wikidata
Negreira, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de decembro de 2000 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Salamanca, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Central Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo, lingüista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoXesús Alonso Montero Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosCarmen Pensado Ruiz Editar o valor en Wikidata

BNE: XX969455 BUSC: pensado-tome-xose-luis-1924-2000 Dialnet: 1801824

José Luís Pensado Tomé, nado en Negreira o 6 de marzo de 1924 e finado en Salamanca o 15 de decembro de 2000, foi un filólogo e lingüista galego que entre outros aspectos dedicou parte da súa vida á edición da obra do ilustrado frei Martín Sarmiento. Foi membro de número da Real Academia Galega, correspondente da Real Academia Española e membro de honra da Academia de la Llingua Asturiana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Rematados os seus estudos secundarios, iniciou en Santiago de Compostela os de Filosofía e Letras durante os dous primeiros cursos comúns, para pasar logo á Universidade Central de Madrid, onde acabou os de Filoloxía Románica, na que tivo como profesor, entre outros, a Dámaso Alonso. Catro anos despois, en 1954, presentou a súa tese doutoral na mesma universidade.

Tres anos despois accedeu á cátedra da súa especialidade na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Oviedo, na que exerceu até 1963, ano no que accedeu á mesma cátedra na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Salamanca, na que exercería até o seu falecemento.

Era membro correspondente da Real Academia Galega[1] desde 1967 e académico de honra da mesma desde 1987;[2] co mesmo rango érao da Academia de la Llingua Asturiana desde 1982.

O labor investigador

[editar | editar a fonte]

A finais dos anos da década de 1960, o profesor Pensado, coñecedor das dimensións e da importancia que tiña a obra do monxe beneditino galego Martín Sarmiento (1694-1772) para coñecer a historia da lingua galega (na súa maior parte inédita ou mal editada), emprendeu a tarefa de editala debidamente, consonte os requisitos da moderna crítica filolóxica, confrontando as diversas variantes manuscritas e impresas, anotándoas e iluminándoas con rigorosas introducións que ordinariamente constitúen de por si fermosos libros. Paralelamente, o Dr. Pensado Tomé encontrouse coa non tan brillante obra lingüística doutro ilustrado galego, frei Juan Sobreira Salgado (1746-1805), mais tamén importante para a historia do galego dos séculos escuros. Ambas obras ficaron así accesíbeis de aí en adiante a estudosos e afeccionados interesados en coñecela, ademais de que parte dos escritos de Sarmiento constitúen extraordinarios exemplos do pensamento ilustrado español en xeral e galego en particular. Ese interese do profesor Pensado, mostrado xa desde anos antes, levouno a dar ao prelo diversos vocabularios do prerrenacemento galego, como o de Antonio de Olea (1536) e algúns anónimos de comezos do século XIX.

Pensado Tomé estendera o seu saber a outros campos, editando diversas obras galegas, senlleiras, do período medieval, ou investigando sobre o asturiano-leonés. O seu coñecemento do conxunto da historia do galego, levouno a dar unha crítica profunda da transmisión do léxico galego a través do comentario da edición do primeiro dicionario da lingua galega: Contribución a la crítica de la lexicografía galega, I (1976), no que desvelaba a desfeita na edición do dicionario por parte do bibliotecario Francisco Javier Rodríguez Gil, e que falecido este deixou a súa responsabilidade a Francisco María de la Iglesia, que o deu a coñecer en 1863.

"¿Palabras inventadas? As que queira. Como exemplo direi que unha palabra grega como 'ergaleión', que significa instrumento, a toma Rodríguez mal e converteuna en 'ergaleirón'. Así, os dicionarios galegos recollen ese termo como sinónimo de ferramenta ou instrumento"[3]

Aínda que Pensado prometía análises similares para os dicionarios de Xoán Cuveiro Piñol (1876) e Marcial Valladares (1884), o absorbente labor que supuña a edición da obra de Sarmiento e as ramificacións que aparellaba, impedíronlle cumprir a súa promesa.

Publicacións (selección)

[editar | editar a fonte]
Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetales, 1996.

Edicións críticas

[editar | editar a fonte]
  • Miragres de Santiago. Madrid. CSIC, 1958.
  • Fragmentos de un Libro de Tristán galaico-portugués. Santiago de Compostela. Anexo XIV de Cuadernos de Estudios Gallegos, 1962.
  • Bachiller Olea, Vocábulos gallegos escuros: lo que quieren dezir. A Coruña. Real Academia Galega, 2003.
  • Tratado de Albeitaria. Santiago de Compostela. Centro Ramón Piñeiro, 2004, 415 páxs, ISBN 84-453-3859-5 [4].

Edicións críticas de obras do P. Sarmiento

[editar | editar a fonte]

Unha relación maior pódese ver no artigo adicado a frei Martín Sarmiento.

  • Catálogo de voces y frases de la lengua gallega. Salamanca. Universidade de Salamanca, 1973, 620 páxs ISBN 84-600-5838-7.
  • Viaje a Galicia, 1745. Pontevedra. El Museo de Pontevedra. 1975, 217 páxs ISBN 84-600-1878-4
  • La educación de la juventud. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia, 1984, 168 páxs ISBN 84-505-0138-5.
  • Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetables. Salamanca. Universidad de Salamanca, 1986, 588 páxs ISBN 84-7481-374-3,
  • Elementos etimológicos según el método de Euclides. A Coruña. Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1998 ISBN 84-89748-50-0.
  • Onomástico etimológico de la lengua gallega, 2 vols. A Coruña. Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1998, 531 + 345 páxs ISBN 84-89748-51-9.

Sarmiento e Sobreira

[editar | editar a fonte]

Edicións de obras do P. Sobreira

[editar | editar a fonte]
Papeletas de un diccionario gallego, 1979.
  • Papeletas de un diccionario gallego. Tono I. Texto. Ourense. Intituto de Estudios Orensanos "Padre Feijoo", 1979, 517 páxs ISBN 84-600-1469-X.

Estudos de lexicografía galega

[editar | editar a fonte]
  • Estudios etimológicos galaico-portugueses. Salamanca. Universidad de Salamanca. 1965, 94 páxs.
  • Contribución a la crítica de la lexicografía gallega. I. El diccionario gallego-castellano de F. J. Rodríguez y su repercusión en la lexicografía gallega. Salamanca. Universidad de Salamanca, 1976, 413 páxs ISBN 84-600-0715-4.

Estudos de filoloxía galega

[editar | editar a fonte]
  • Interferencias estructurales castellano-gallegas: el problema de la geada y sus causas, in Revista de Filología Española, Madrid, t. 53, fasc. 1-4, 1970, páxs. 27-44.
  • en colaboración con Carmen Pensado Ruiz, Gueada y geada gallegas, Anexo 21 da revista Verba, Santiago de Compostela, 1983, 130 páxs.

Estudos de lexicografía astur-leonesa

[editar | editar a fonte]
  • Estudios de lexicografía asturiana, I e II, in rev. Archivum, Oviedo, X (1960), páxs. 53-120 e XI(1961), páxs. 17-64.
  • Adiciones al léxico asturiano, in rev. Archivum, Oviedo, XIII (1963), páxs. 67-78.
  • Contribución al estudio del léxico leonés, in Philologica Hispaniensia in Honorem M. Alvar, t. I. Madrid. Gredos, páxs. 523-529.

Filoloxía astur-leonesa

[editar | editar a fonte]
  • Textos asturianos diociochescos, I, in Lletres Asturianes, Oviedo, 21, páxs. 83-107.
  • Textos asturianos diociochescos, II, in Lletres Asturianes, Oviedo, 22, páxs. 83-88.
  • Estudios asturianos. Oviedo. Academia de la Llingua Asturiana, 1999, 413 páxs ISBN 84-8168-180-6.
  • El gallego, Galicia y los gallegos a través de los tiempos: ensayos. A Coruña. La Voz de Galicia, 1985. ISBN 84-85287-41-X.
  • Galicia en su lengua y sus gentes: ensayos. A Coruña. La Voz de Galicia, 1991. ISBN 84-85287-86-X.
  1. "Membros correspondentes". Real Academia Galega. 
  2. "Académicos de honra". Real Academia Galega. 
  3. "Jose Luis Pensado: En los diccionarios gallegos hay muchas invenciones", en La Voz de Galicia, 25.07.1984. Compróbese na entrada ergaleirón do Dicionario de dicionarios.
  4. Descargable na web do Centro Ramón Piñeiro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]