Francisco Javier Rodríguez Gil
Francisco Javier Rodríguez Gil | |
---|---|
Nome completo | Francisco Javier Rodríguez Gil |
Nacemento | 17 de abril de 1797 |
Lugar de nacemento | Bermés |
Falecemento | 19 de xullo de 1857 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Ocupación | filólogo |
Coñecido por | Diccionario gallego-castellano (1863) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Francisco Javier Rodríguez Gil, nado en Bermés (Lalín) o 17 de abril de 1797 e finado en Santiago de Compostela o 19 de xullo de 1857, foi un filólogo galego, autor do primeiro dicionario galego moderno.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sobriño de Xosé Rodríguez González (coñecido como Matemático Rodríguez), naceu en Bermés en 1797. Cursou estudos eclesiásticos e xa ordenado sacerdote conviviu en Santiago de Compostela co seu tío, Xosé Rodríguez González, que influíu no seu talante liberal e no seu empeño en dignificar o galego. Foi membro destacado e bibliotecario da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, e tamén rexentou algún tempo a biblioteca da Universidade.
O dicionario galego castelán[editar | editar a fonte]
Dedicouse a recompilar un vocabulario galego, seguindo de cerca ao Padre Sarmiento e publicou varias entregas na revista Galicia. Revista Universal de este Reino, editada na Coruña polos irmáns De la Iglesia. Cando Francisco morreu, Antonio de la Iglesia recompilou as súas notas e publicounas en 1863.
Este primeiro dicionario galego, que conta con 3.834 entradas[1], aínda que só 2.184[2] son da autoría de Francisco Javier Rodríguez, foi a base dos publicados despois por Cuveiro Piñol e Marcial Valladares.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Antón Santamarina Los diccionarios gallegos y su versión electrónica en Germà Colón e Lluís Gimeno (eds.) Els noms i els conceptes: noves tendències en l'estudi del lèxic. Universitat Jaume I, 2006, páxina 197
- ↑ No manuscrito orixinal hai ademais 1.256 entradas sen definición segundo Santamarina
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Vázquez Crespo, Armando; González Alén, Daniel (1989). A Comarca do Deza. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 506–507. ISBN 84-89690-21-9.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Vázquez Crespo, Armando: «O filólogo de Bermés» 6/10/2016, Faro de Vigo.