Augusto Casas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Augusto Casas
Augusto María Casas 1925.jpg
Augusto María Casas, retrato en Vida Gallega, 1925.
Nacemento25 de setembro de 1906
Lugar de nacementoOurense
Falecemento22 de decembro de 1973
Lugar de falecementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta
IrmánsÁlvaro das Casas
editar datos en Wikidata ]

Augusto María Casas Blanco, nado en Ourense o 25 de setembro de 1906 e finado en Barcelona o 22 de decembro de 1973, foi un avogado e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1926, marchou a Barcelona logo de aprobar ás oposicións ao Ministerio de Gobernación e alí residiu toda a súa vida, aínda de despois da derrota da República exiliouse en Francia e estivo no campo de concentración de Argelès-sur-Mer.[1] Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborou en Céltiga, El Despertar Gallego, El Pueblo Gallego, Vida Gallega, El País, Eco de Galicia e outras revistas e xornais. En 1926 fundou, con Denys Fernández, a revista Galaxia. Colaborou Comezou a escribir en castelán pero tamén ten moita obra en galego. É autor do artigo "Esquema da nova poesía galega", publicado na revista Nós en 1935.

É irmán do tamén escritor Álvaro de las Casas.

Obra[editar | editar a fonte]

En castelán[editar | editar a fonte]

  • Alma triste, 1924 (poesía).
  • Panal y flor, 1927 (poesía).
  • Alí-Bey. Vida, viajes y aventuras de D. Domingo Badía, 1943 (biografía).
  • El Papa Luna, 1945 (biografía).
  • Fray Junípero Serra, el Apóstol de California, 1949 (biografía).
  • La tierra del alma y otros cuentos, 1950 (narrativa).
O vento segrel, 1932, Nós. Con portada de Cándido Fernández Mazas.

En galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Augusto María Casas, 1932.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Muiñada d'estrelas, 1926.[2][4]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Las mejores poesías de Rosalía de Castro, 1946.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]