Guía (baile galego)
O guía, no baile tradicional galego, é o bailador que propón os puntos a realizar no baile.
Descrición
[editar | editar a fonte]Nas muiñeiras e xotas galegas, o guía é o bailador que se encarga de iniciar os movementos dos bailes. Estes movementos, chamados puntos, son "sacados" polo guía en solitario mentres os restantes bailadores observan para a continuación reproducilos. Os puntos débense poder repetir, sen pausa, cun pé e outro, de xeito que exista unha continuidade nos movementos. Se os bailadores non puideren "coller" o punto que iniciou o guía faise patente a súa destreza no baile.[1]
Nestes bailes de divertimento, chamados soltos, existen dúas partes diferenciadas: o punto, que coincide coa melodía principal e na que as parellas bailan en dúas ringleiras enfrontadas; e a volta, que coincide co retrouso da peza e na que as parellas bailan movéndose nunha roda ou desprazando as liñas en paralelo sobre un punto central (táboa). O guía saca sempre punto na primeira das fases, mentres que a volta pode ser guiada ou facérense simplemente camiñando.
Nas danzas coreográficas galegas tamén se denomina guía, ou mestre, ao bailador que dirixe as evolucións das mesmas.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Camafeita, Olga (2000). A música popular en Galicia (PDF).
Guía
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Camafeita Longa, Olga (2010). Dicionario Da Música Popular En Galicia (PDF). Rinoceronte Editora. ISBN 8493781657.