Festival de Cans
Instancia de
Composto por
Fundación / creación
2004
Wikidata C:Commons
O Festival de Cans é un festival de curtametraxes que se celebra desde 2004 na parroquia de Cans , no Porriño , en paralelo ao Festival de Cannes , no mes de maio. O festival naceu pola semellanza entre os dous nomes (se ben, en francés non se pronuncia o -s final de Cannes).
Proxéctanse fundamentalmente curtametraxes galegas[ 1] e pretende retirarlle todo o cerimonioso que teñen estes certames: as proxeccións non son en cines senón en alpendres , adegas e baixos de casas; en vez de limusinas o "vehículo oficial" son os chimpíns etc., nun concepto que os seus organizadores denominan "agroglamour".
Está organizado pola Asociación Cultural Arela e os veciños e veciñas de Cans, baixo a coordinación do guionista Alfonso Pato . Ten dúas seccións principais, unha de ficción e outra de animación . O festival foi ano a ano ampliando as seccións. Dende 2005 existe o "Jalpón Friki", no que se proxectan curtas extravagantes. Dende 2006 estréanse longametraxes, como Por min e por todos os meus compañeiros de Judas Diz ese ano, e en 2007 Abrígate de Ramón Costafreda, Gritos no corredor de Juanjo Ramírez, Só concertinas de Víctor Coyote , Cartas italianas de Marios Iglesias, A noite que deixou de chover de Alfonso Zarauza , Doentes de Gustavo Balza , Personal Movie de Héctor Carré ou Escuchando al juez Garzón de Isabel Coixet . En 2007 abriuse unha sección para mostrar e premiar os mellores videoclips galegos. En 2008 creouse a Sala Multiúsos, que acolle proxeccións acompañadas de actuacións musicais no chamado Jaliñeiro Unplugged.
Cada ano as curtametraxes gañadoras en Cans proxéctanse en varias localidades galegas e diferentes cidades e festivais do mundo: xa se proxectaron en Lisboa, Porto, Madrid, Barcelona, Bristol, A Haia, Bruxelas, París, Dournenez e o Sáhara Occidental, entre outros.
Polo Festival de Cans teñen pasado, como convidados, premiados ou participantes nos coloquios, Isabel Coixet [ 2] , Juanma Bajo Ulloa , Fernando León de Aranoa , Manuel Martín Cuenca , Patricia Ferreira Mañá , Luís Tosar , Tristán Ulloa , Mabel Rivera , María Pujalte , José Sacristán , Xoel López , Kiko Veneno , Iván Ferreiro , Coque Malla , Javier Krahe , Manuel Rivas , Lucía Etxebarria , Suso de Toro , El Gran Wyoming , Teté Delgado , Antonio Durán "Morris" , Julián Hernández , Suso Iglesias , Monti Castiñeiras , Xosé Barato e Emma Suárez , entre outros.[ 3]
En 2009 recibiu o Premio da Crítica Galicia , na sección Iniciativas culturais [ 4] . En 2011 a Deputación de Pontevedra concedeulle ao festival o Premio Provincial á Cultura na categoría de Innovación e Vangarda[ 5] . En 2013 recibiu o Premio Internacional Ateneo de Ourense ao Fomento da Cultura .[ 6] No ano 2018 foille concedido o Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual .[ 7]
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
Premio de Honra Pedigree´18: Chelo Loureiro .
Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción: Matria , de Álvaro Gago .
Mención especial do xurado: A Cat in the Window , de Félix Brixel .
Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: El reloj , de Borja Santomé .
Premio do xurado á mellor curtametraxe de non ficción (sección Furacáns): Europa , de Hugo Amoedo .
Premio do público á mellor curtametraxe: Matria , de Álvaro Gago.
Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe: Matria , de Álvaro Gago.
Premio AISGE do xurado á mellor interpretación feminina: Francisca Iglesias , por Matria .
Premio AISGE do xurado á mellor interpretación masculina: Eloi Sánchez Palau , por Después de la bandera .
Premio CREA do xurado á mellor dirección: Miriam Albert Sobrino e Sonia Albert Sobrino (Also Sisters) por The Film Machine .
Premio AGAG do xurado ao mellor guión: Luis Usón por Afterwork .
Premio do xurado á mellor banda sonora orixinal: Raúl Costafreda por Sea .
Premio GIA INMOBILIARIA do xurado ao mellor videoclip: “Omertá ”, de BALA, realizado por Gero Costas .
Premio do público ao mellor videoclip: “Sobre el mismo alambre ”, de Silvia Penide , realizado por Miryam Pato .
Chimpíns de prata “Premio Pepe Puíme”:
Chelo Casalmorto e Constante Romero, veciños de Cans.
Isabel Blanco , actriz e presentadora.
Estrelas no torreiro:
[ 9]
Premio de Honra Pedigree´17: Miguel de Lira .
Premio do xurado á mellor curtametraxe de imaxe real: Aava , de Andrea Zapata-Girau .[ 10]
Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: Decorado , de Alberto Vázquez .
Mención especial do xurado: Lago Sabroso , de Borja Santomé.
Premio do público á mellor curtametraxe: Einstein-Rosen , de Olga Osorio .
Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe: Volant , de Raquel Pérez .
Premio AISGE do xurado á mellor interpretación feminina: Arantxa Aranguren por La Madrina .
Premio AISGE do xurado á mellor interpretación masculina: Ricardo de Barreiro e Xúlio Abonjo (ex aequo) por Einstein-Rosen .
Premio CREA do xurado á mellor dirección: Andrea Zapata-Girau por AAVA .
Premio AGAG do xurado ao mellor guión: Einstein-Rosen , de Olga Osorio.
Premio do xurado á mellor banda sonora orixinal: Manuel Riveiro por The Magic Oven .
Premio GIA INMOBILIARIA do xurado ao mellor videoclip: Mi Re La , de Oh! Ayatollah , realizado por Xaime e Antón Miranda .
Premio do público ao mellor videoclip: Restos de un naufragio , de Igloo , realizado por Fran X. Rodríguez .
Chimpíns de prata “Premio Pepe Puíme”:
Feliciano Bernárdez “Xano”, veciño de Cans.
Jorge Coira , director, guionista e montador.
Estrelas no torreiro:
Premio de Honra Pedigree´16: Emma Lustres [ 11] .
Premio do xurado á mellor curtametraxe de imaxe real: Ladrones de Tiempo , de Fran X. Rodríguez.
Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación, por unanimidade: Viaje a Pies, de Khris Cembe.
Premio do público á mellor curtametraxe: Ladrones de Tiempo , de Fran X. Rodríguez.
Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe: Lurna, de Nani Matos.
Premio do xurado á mellor interpretación feminina: Diaryatou Daff por Lurna.
Premio do xurado á mellor interpretación masculina: Xosé Barato por A liña política.
Premio CREA do xurado á mellor dirección: Juan Hervella-Rego por Share o no Share.
Premio AGAG do xurado ao mellor guión: Marcos Nine por Ladrones de Tiempo .
Premio do xurado á mellor banda sonora: Manu Conde por Lurna .
Premio do xurado ao mellor videoclip: Buscando a Superfama de Heredeiros da Crus , dirixido por Olga Osorio.
Mención especial do xurado para El último esfuerzo de Manos de Topo , dirixido por Alejandro Marzoa .
Premio do público ao mellor videoclip: With my hands , de Furious Monkey House, realizado por J.D.Gamallo.
Premio de Honra Pedigree´15: Javier Gutiérrez .
Premio do xurado á mellor curtametraxe: Currican, de Alvaro Gago.
Mención especial do xurado: Ula, de Alejandra Sotelo e M is for Melon, de Luis Solarat.
Premio do público á mellor curtametraxe: Deber, de Ángel Manzano.
Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe: Disney, de Jorge Saavedra Mancebo.
Premio do xurado á mellor interpretación feminina: Marta Larralde por Disney .
Premio do xurado á mellor interpretación masculina: Fernando González por Disney.
Premio CREA do xurado á mellor dirección: Carlos Martínez-Peñalver por Nocturna .
Premio AGAG do xurado ao mellor guión: Ángeles Huerta por The Fetch .
Premio do xurado á mellor banda sonora: Nico Casal por Unary .
Premio do xurado ao mellor videoclip: Magma y Trueno , de Guerrera, realizado por Adrián González e Rafael Pérez.
Premio do público ao mellor videoclip: Floating , de Mequetrefe, realizado por Xaime Miranda Méndez.
Premio de Honra Pedigree´14: María Bouzas .
Premio do xurado á mellor curtametraxe de imaxe real: Ser e voltar, de Xacio Baño .
Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación, por unanimidade: Jamón , de Iria López.
Premio do público á mellor curtametraxe: Tupper , de Ángel Manzano.
Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe: 3-1=0 .
Premio do xurado á mellor interpretación feminina: Déborah Vukusic por 3-1=0 .
Premio do xurado á mellor interpretación masculina: Javier Gutiérrez por Tupper .
Premio CREA do xurado á mellor dirección: Omar Rabuñal e Daniel Viqueira por Koan .
Premio AGAG do xurado ao mellor guión: Hogar Hogar , de Carlos Alonso Ojea.
Premio do xurado á mellor banda sonora: Gautier Galard por Jamón .
Premio do xurado ao mellor videoclip: “Un gran hijo de puta” de Los Árboles. Dirixido por Manuel Valcárcel.
Premio do público ao mellor videoclip: “Carreteras” de Dakidarría . Dirixido por Andrés H. Bonader.
Mención especial para a fotografía de Luís Solarat en La Carne Cruda .
Premio de Honra Pedigree´13: Manuel Manquiña .
Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción: Calquera infinito posible , dirixida por Roi Fernández.
Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción: Flores para Amalia , dirixida por Nani Matos.
Premio do público á mellor curtametraxe de ficción: Flores para Amalia , dirixida por Nani Matos.
Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: Sangre de unicornio , dirixida por Alberto Vázquez .
Premio do público á mellor curtametraxe de animación: Only you , dirixida por Belén Sousa.
Premio do xurado á mellor interpretación masculina: Carlos Blanco Vila , por Mal de sangre .
Premio do xurado á mellor interpretación feminina: Helena Miquel, por Mal de sangre .
Premio do xurado ao mellor guión: Robin & Robin , escrito por María Pérez e Hugo Amoedo.
Premio do xurado á mellor banda sonora: Calquera infinito posible , con música de Roi Fernández.
Premio do xurado ao mellor videoclip: “Mundo en trance”, de Lemuripop, realizado por Soledado Rebollo.
Premio do público ao mellor videoclip: “Terra”, de Dakidarría , realizado por Julián Maguna.
Premio de Honra Pedigree´12: Antonio Durán "Morris" .
Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción: Mr Bear , dirixida por Andrés Rosende.
Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción: Dúas letras , dirixida por Eloy Varela.
Premio do público á mellor curtametraxe de ficción: Dúas letras , dirixida por Eloy Varela.
Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: O xigante , dirixida por Luis Matta e Julio Vanzeler.
Premio do público á mellor curtametraxe de animación: El club del bromista , dirixida por Luis Usón.
Premio do xurado á mellor interpretación masculina: Luis Zahera , por Conversa cunha muller morta .
Premio do xurado á mellor interpretación feminina: Teresa Fraga, por Dúas letras .
Premio do xurado ao mellor guión: El baile maldito , escrita por Rafa de los Arcos e Miguel Ángel Blanca.
Premio do xurado ao mellor videoclip: “Puerto del sonido”, de Mullet, realizado por Rubén Domínguez.
Premio do público ao mellor videoclip: “Desequilibrios”, de Baldosa Amarilla, realizado por Tomás Martínez.
Premio de Honra Pedigree´11: María Pujalte .
Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción: Estereoscopía , de Xacio Baño .
Premio do público á mellor curtametraxe de ficción: De que se ríen las hienas , de Javier Veiga .
Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción: El Grifo , de Denis Rovira Van Boekholt .
Premio do público á mellor curtametraxe de animación: Vicenta, de Sam .
Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: Birdboy , de Pedro Rivero e Alberto Vázquez .
Premio do xurado á mellor interpretación masculina: ex aequo a Celso Bugallo , por El Grifo , e Vicente de Souza por Estereoscopía .
Premio do xurado á mellor interpretación feminina: Toni Acosta , por De que se ríen las hienas .
Premio do xurado ao mellor guión: Javier Veiga , por De que ser ríen las hienas .
Premio do xurado ao mellor videoclip: Dos semanas , de Misterioso Viaje a Holanda , realizado por Juan Pablo Etcheberry
Premio do público ao mellor videoclip: La marcha de las hormigas de El Cubo , realizado por Andrés Montenegro e Belén Mendaña .
Chimpíns de prata
Premio Pedigree'10 de honra: Ernesto Chao .
Premio do xurado á mellor curta de ficción: Rodilla , de Juanjo Giménez .
Premio do xurado á mellor curta de animación: A nena que tiña unha soa orella , de Álvaro León .
Mención especial do xurado á curta de animación: Mi vida en tus manos , de Nuno Beato .
Premio do xurado dos veciños á mellor curta de ficción: Padre modelo , de Alejandro Marzoa .
Premio do público á mellor curta de ficción: Instalación , de Xosé Díaz .
Premio do público á mellor curta de animación: Pequena gran aventura , de Juan Carlos Abraldes .
Premio do xurado á mellor actriz: Nuncy Valcárcel , por Coser e cantar
Premio do xurado ao mellor actor: ex aequo a Fernando Cayo e Javier Guitiérrez , por El vendedor del año .
Premio do xurado ao mellor videoclip: ex aequo para Nuestra fe en el veneno , de Franc3s , realizado por Javi Camino , e Grelo 66 , de Kastomá , realizado por Gaspar Broullón e Matías Tarrío .
Premio do público ao mellor videoclip: In silence , de Catpeople , realizado por Adrián Pérez .
Chimpíns de Prata:
Premio Pedigree'05 de honra: Celso Bugallo .
Premio do xurado á mellor curta de ficción: Intensidade , de Mario Iglesias .
Premio do xurado á mellor curta de animación: Minotauromaquia (Pablo no labirinto) , de Juan Pablo Echeberry .
Premio do público á mellor curta de ficción: A boa caligrafía , de Álex Sampaio .
Premio do público á mellor curta de animación: Minotauromaquia (Pablo no labirinto) , de Juan Pablo Echeberry.
Premio Pedigree'04 de honra: Luís Tosar .
Premio do xurado á mellor curta de ficción: A petición de man , de Ben Temple .
Premio do xurado á mellor curta de animación: De tripas e corazón , de Juan Pablo Echeberry.
Premio do público: A petición de man , de Ben Temple.