Dakidarría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dakidarría
Logodkr.jpg
Logo Dkr
OrixeVal Miñor, Galiza Flag of Galicia.svg
Período2003 -
Xénero(s)ska-punk-mestizo
Selo(s) discográfico(s)Maldito Records
MembrosGabri, Simón, Beler, Isra, Juaki, Anxo, Carlos, XTmaki
Páxina webhttp://www.dakidarria.com/

Dakidarría é unha banda galega de música que fusionan ska punk e reggae. Foi creada en 2003 por oito mozos do Val Miñor.

As súas letras comezaron sendo en castelán pero, co paso dos anos, a banda foi tomando conciencia do problema lingüístico en Galiza e comezaron a gravar as súas cancións en galego. As súas letras sorprenden por ser alegres e motivadoras ao mesmo tempo que lanzan unha mensaxe de crítica política e social. A banda percorreu toda a xeografía galega, peninsular e europea actuando nos mellores festivais de Rock e de Ska. Tamén visitaron México, onde gardan moitos seguidores.[Cómpre referencia]

Membros[editar | editar a fonte]

  • Gabri (guitarra e voz principal)
  • Simón (guitarra e voces)
  • Beler (trombón)
  • Isra (baixo e voces)
  • Juaki (trompeta e voces)
  • Anxo (saxo barítono)
  • Carlos (teclado)
  • X T Maki (batería)

Discografía[editar | editar a fonte]

Tras trece anos en activo editaron os seguintes traballos:

  • Diskordia nas Rías Baixas. Maqueta (2003)
  • Fragasaurus Rex (Síndrome discos, 2005)

Primeira gravación en estudo da banda. Gravado nos estudos Áreamaster de Vigo por Pantxo Suarez e mesturado en Océano

Estudios por Javier Abreu.

  • El futuro nunca existió (Santo Grial, 2008)

Despois de máis dun ano de traballo con Javier Abreu en Océano Estudio e co apoio de Santo Grial Records, Dakidarría sacou o seu segundo disco, gravado e mesturado en Océano Estudios por Gabriel Reigosa e Javier Abreu e producido por este último.

El futuro nunca existió inclúe 12 temas cargados coas ideas máis comprometidas de Dakidarría, máis de 20 colaboracións, e vén acompañado dun DVD cunha reportaxe sobre o Azteka Tour VII (xira Mexicana) e un Making Off da gravación. CD + DVD.

  • Realidades alienantes (Autoproducido, 2010)
Dakidarría: Formación no ano 2015.

Terceiro disco de Dakidarría e primeira parte dun traballo discográfico que se completa con "...Utopías emergentes" e que amosa o punto de vista da banda acerca da realidade social imperante desde o punto de vista do Ska-Punk.

Producido por Javier Abreu en “Océano estudios” (Patos, Nigrán) e masterizado en "Metropolis Studios" (Londres) por Miles Showell, supón unha acertada combinación de ritmos ska con punk rock (máis matices de Reggae e ritmos latinos) de alta enerxía e festiva reivindicación.

  • Utopías emergentes (Maldito digital, 2011)

“...Utopías Emergentes” é o cuarto disco, co que pechan unha obra que empezou un ano atrás co lanzamento de “Realidades Alienantes...”

Producido de novo por Javier Abreu en “Océano estudios” e masterizado en "Metropolis Studios" (Londres) por Andy "Hippy" Baldwin.

  • 10 Anos na Rúa. LP (2015)

Disco de vinilo recopilatorio editado con motivo do décimo aniversario da banda. Recolle algún tema dos seus catro discos anteriores e o son en directo da canción "Mil Berros".

Producido e editado por Dkr Prod.

  • Utopías emerxentes (autoproducido, 2015)

Disco solidario editado para apoiar a "Que voltem para casa", plataforma de apoio a presos e presas independentistas. O grupo regrava tódalas cancións en galego facendo un xesto así á súa cultura e á súa lingua. A raíz da edición deste disco a banda cambia tamén as súas cancións en directo para pasar a cantalas en galego.

  • De cuncas e de mar (Maldito Records, próximo lanzamento en Xaneiro de 2016)

DVD+CD en directo que recolle toda a enerxía da banda e a conexión co seu público. Inclúe imaxes do día a día en xira e colaboracións de diversos artistas en concerto.

Producido e realizado por Samthing Visual e Dkr prod.

Videoclips[editar | editar a fonte]

  • El futuro nunca existió (2009)
  • Despertar (2010)
  • Sigue ardiendo (2011)
  • Terra (2013)
  • 1000 Berros (2014)
  • Carreteras (2014)
  • Sobran as palabras (2016)
  • Sobran as palabras (2017)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]