Héctor Carré
Héctor Carré | |
---|---|
Nacemento | 1960 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | director de cinema e escritor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Héctor Carré Menéndez, nado na Coruña en 1960, é un director de cine e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Abandonou os estudos de arquitectura e trasládase a Madrid en 1981, onde obtivo o título de director de fotografía no Taller de Artes Imaginarias. Traballou no mundo cinematográfico como axudante de dirección de Terry Gillian, Mario Camus e Pedro Olea. Fixo curtametraxes La suerte cambia e Angelitos, documentais e videoclips (Un ejemplar de primavera para o disco de Rosendo, A tientas y barrancas) e publicidade. En televisión coordinou a serie Nada es para siempre de Antena 3. Desde 2001 volve residir na Coruña onde traballa en publicidade e como guionista para a Televisión.
En 2007 publicou a novela Diario do impostor e en 2011 gañou o Premio Fundación Nova Caixa Galicia coa novela Febre.
Filmografía[editar | editar a fonte]
- A sorte cambia, 1991.
- Coitadiños, 1992.
- Dame lume, 1993.
- Dame algo, 1997.
- Emigrantes en terra de emigrantes, 2001.
- A promesa, 2003.
- Libro de familia, 2004.
- O neno de barro (2007, coguionista).
- Personal Movie (2012).
Obras[editar | editar a fonte]
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Diario do impostor, 2007, Xerais.
- Hai que matalos a todos, 2015, Xerais.
- Medos (2021). Vigo: Xerais. 224 páxs. ISBN 978-84-9121-915-6. ePub: ISBN 978-84-9121-916-3.
Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]
- Febre, 2011, Xerais. Traducida ao inglés, Fever (2021).[1]
Premios literarios[editar | editar a fonte]
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro xuvenil no 2011, por Febre.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]