Emma Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emma Suárez
Nome completoEmma Suárez Bodelón
Nacemento25 de xuño de 1964
LugarMadrid
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz e actriz de cinema
Na rede
IMDB: nm0840772 Allocine: 17667 Allmovie: p154021 Dialnet: 3140105 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Emma Suárez (á esquerda) con Ana Risueño no Festival Internacional de Cine de Donostia, 2006.

Emma Suárez Bodelón, nada en Madrid o 25 de xuño de 1964, é unha actriz española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Intérprete de extensa traxectoria en cine e televisión, rodaría a súa primeira curtametraxe, Detrás de cada día, ás ordes de Carlos Taillefer en 1980. Nese mesmo ano, cando contaba quince, roda o seu debut cinematográfico, a película Memorias de Leticia Valle, de Miguel Ángel Rivas, adaptación ó cine da novela de Rosa Chacel.

A partir dese momento decide dedicarse profesionalmente á interpretación e nos anos seguintes aparecería con asiduidade en cine, teatro e televisión, confirmándose pouco a pouco como unha das actrices máis prometedoras do cine español.

O seu primeiro papel de adulta sería o de Rocío en La blanca paloma (1989), xunto con Mercedes Sampietro e Antonio Banderas e ás ordes de Juan Miñón.

Un dos directores máis importantes da súa carreira é Julio Medem, co que rodou as películas Vacas (1992), La ardilla roja (1993) e Tierra (1996) e a curtametraxe Martín en 1988, así como Pilar Miró, coa que traballou nos dous últimos filmes da cineasta madrileña en 1996: Tu nombre envenena mis sueños e El perro del hortelano. Outros actores cos que repetiu en máis dunha ocasión son Imanol Uribe ou Manuel Gutiérrez Aragón.

Máis recentemente cabe destacar dentro da súa filmografía películas coma La ciudad de los prodigios (1999), de Mario Camus; Besos para todos (2000), de Jaime Chávarri ou Horas de luz (2004), de Manolo Matji.

En televisión destaca o seu papel protagonista en Querido Maestro (1997), xunto a Imanol Arias, unha serie que abandonou a principios da segunda das tres temporadas que se rodaron. Máis tarde rodaría sen éxito El Pantano (2003), con Natalia Verbeke e en 2004 colaboraría nalgúns capítulos de Cuéntame cómo pasó, onde de novo coincidiu con Imanol Arias. En 2007 comezou a serie Círculo Rojo, compartindo protagonismo canda a María Adánez, Carmen Maura e Emilio Gutiérrez Caba entre outros.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En canto á súa vida persoal, estivo casada co realizador Juan Esterlich Jr., co que tuvo un fillo, e que a dirixiu nas súas longametraxes La vida láctea, en 1992 e Pintadas en (1996).

Filmografía[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]