Jorge Coira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jorge Coira Nieto

Jorge Coira 2012 (cropped).jpg
Jorge Coira nunha entrevista no 2012.

Información persoal
Nacionalidade Galicia Galicia
Data de nacemento 1971
Lugar de nacemento Rábade Galicia
Filmografía
Películas dirixidas Entre bateas

O ano da carracha

18 comidas

Películas guionizadas
Películas producidas

Ficha en IMDb

Jorge Coira Nieto, nado en Rábade en 1971, é un director de cine e guionista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a mediados dos anos 90 facendo curtametraxes nas que contou coa participación de actores como Luís Tosar, Isabel Blanco, María Bouzas, María Pujalte, Xosé Manuel Olveira "Pico" ou o dúo Mofa e Befa.

En 2002 filmou a súa primeira longametraxe, un telefilme chamado Entre bateas, un drama protagonizado por Miguel de Lira. O seu seguinte proxecto cinematográfico foi a película O ano da carracha, unha produción na que contou cun elenco con multitude de actores galegos e tamén do panorama estatal.

No ano 2010 estrea 18 Comidas, unha película coral producida por Fernanda del Nido que na que o director contou cun reparto amplo con actores coma Luis Tosar, María Vazquez, Xosé Barato, Pedro Alonso, Sergio Peris Mencheta ou Víctor Clavijo entre outros.

Na televisión traballou en varios proxectos da Televisión de Galicia: series de ficción como Terra de Miranda, As leis de Celavella, Padre Casares, Luci ou documentais como Vida nas mareas ou Chunda Chunda. En series nacionais como El Comisario (Telecinco), Pelotas (TVE1) ou Piratas (Telecinco), entre outras.

Como actor participou na curtametraxe Antonio, Jorge y Luís (1998), de Beatriz Santana e Miguel Asensio, xunto con Luís Tosar e Antonio Pereira.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2002 Mellor director Entre bateas Gañador
Mellor director Terra de Miranda Nomeado (con Chema Gagino)
Mellor montaxe Entre bateas Gañador (con Guillermo Represa)
2004 Mellor director O ano da carracha Gañador
2005 Mellor director As leis de Celavella Gañador (con Carlos Sedes)
Mellor realización As leis de Celavella Gañador (con Carlos Sedes)
2008 Mellor montaxe O menor dos males Gañador
Mellor realización Padre Casares Gañador (con Carlos Sedes, Manuel Espiñeira e Álex Sampayo)
2009 Mellor director ¿Qué culpa tiene el tomate? Nomeado
Mellor montaxe ¿Qué culpa tiene el tomate? Nomeado
2010 Mellor director 18 comidas Gañador
Mellor guión 18 comidas Gañador (con Araceli Gonda e Diego Ameixeiras)
Mellor montaxe 18 comidas Gañador
2013 Mellor director Luci Nomeado
Mellor guión Luci Nomeado (con Araceli Gonda e Pepe Coira)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]