Marcos Nine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marcos Nine
Marcos Nine 2010.jpg
Nine no 2010.
Nome completoMarcos Nine Búa
Nacemento1977
LugarA Illa de Arousa, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
ProfesiónDirector, produtor e guionista
editar datos en Wikidata ]

Marcos Nine Búa, nado na Illa de Arousa en 1977, é un director de cine, produtor e guionista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Colaborou coma guionista en series da Galega coma Terra de Miranda e Mareas vivas, e coma director iniciou a súa carreira coa curtametraxe Carcamáns (2003), sobre a traxedia do Prestige na Illa de Arousa. Seguiríalle o documental Pensando en Soledad (2006) sobre José Ernesto Díaz-Noriega, pioneiro da cinematografía en Galicia, que conta cunha versión abreviada, J.E.D.N. José Ernesto Díaz-Noriega (2006).

Co documental Historia dunha parroquia (2007), na que retrata a vida do Val de Xestoso (Monfero) a través da súa veciñanza, acadou o Premio Mestre Mateo ao Mellor Documental. A Fábrica (2008) gañou o segundo premio do Festival de Curtametraxes Galegas de Sada e foi recoñecida como mellor curtametraxe documental no 5º Festival de Cine Internacional on&off de Ribadeo. Nese mesmo ano gañou o Mestre Mateo ao mellor guión pola serie As leis de Celavella.

Aarón (2009) gañou o Premio Mestre Mateo á mellor obra experimental, e o premio á mellor curtametraxe documental na IV edición de Curtas na Rede. Manuscritos Pompeanos (2010) recibiu o Mestre Mateo nesa mesma categoría o ano seguinte (2011). Nese mesmo ano, con Radiografía dun autor de tebeos, sobre o traballo do autor de banda deseñada galego David Rubín, gañou tamén o Mestre Mateo ao Mellor Documental.

Outras obras da súa autoría son as longas O Premio da Rubia (2008) e La Brecha (2011), así como a curta O Sol nos Chaos (2010) .

Tamén foi guionista e montador da longa Piedad (2012) de Otto Roca, e codirector da curta Losada (2011).

Actualmente está a gravar o documental Na procura da besta, en que varios debuxantes de banda deseñada dan conta das súas experiencias no xénero, e A Viaxe de Leslie, sobre a morte do actor británico Leslie Howard durante a Segunda Guerra Mundial fronte a costa de Cedeira.

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2008 Mellor obra experimental Soidade ^ 3 Nomeado
2014 Mellor montaxe A viaxe de Leslie Gañador

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]