Alberto Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alberto Vázquez
Nacemento13 de outubro de 1980
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupacióndeseñador gráfico, artista de banda deseñada e director de cine
editar datos en Wikidata ]

Alberto Vázquez Rico, nado na Coruña en 1980, é un debuxante de banda deseñada, ilustrador e director de cine galego.

Polo seu traballo no cine gañou tres Premios Goya.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a estudar Belas Artes na Universidade de Vigo e licenciouse pola Universidade de Valencia. O seu labor como debuxante de banda deseñada arrinca en 2001. Foi un dos cofundadores do selo editorial Polaqia, co que publicou o seu primeiro álbum en solitario en 2002. Tamén dirixiu el mesmo fanzines, como Fanzine enfermo, e participado noutros de relevancia ibérica como Nostros somos los muertos ou Dos veces breve. Como ilustrador, ten desenvolvido diversos traballos para xornais e revistas, entre eles El País.

Pero é sobre todo coñecido pola súa faceta como autor de novelas gráficas. Unha desas obras, Psiconautas, foi levada ao cinema nunha produción guionizada e dirixida conxuntamente por el e mais polo vasco Pedro Rivero, baixo o nome Birdboy. Esta curtametraxe de animación gañou o Premio Goya á mellor curtametraxe de animación e foi preseleccionada para os Oscar.

Posteriormente realizou unha longametraxe baseada nesa curta, Psiconautas, los niños olvidados. O filme gañou o Goya á mellor película de animación en 2017.[1] Nese mesmo ano, Alberto Vázquez levou outro Goya pola súa curta "Decorado".

Ademais é percusionista na banda de pop Mano de obra.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Goya[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2011 Mellor curtametraxe de animación Birdboy Gañador
2014 Mellor curtametraxe de animación Sangre de unicornio Nomeado
2016 Mellor película de animación Psiconautas, los niños olvidados Gañador
2016 Mellor curtametraxe de animación Decorado Gañador

Outros traballos[editar | editar a fonte]

Como debuxante[editar | editar a fonte]

Como ilustrador[editar | editar a fonte]

Como músico[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hablamos con el gran triunfador de los Goya al que nadie conoce". El País (en castelán). 15 de febreiro de 2017. Consultado o 22 de agosto de 2018. 
  2. ""Psiconautas, los niños olvidados", premio a la mejor cinta de Animación" (en castelán). 22 de xullo de 2017. Consultado o 22 de agosto de 2018. 
  3. 3,0 3,1 "'Psiconautas, los niños olvidados', mejor largometraje de animación en los festivales de Stuttgart y Sofía" (en castelán). 16 de maio de 2016. Consultado o 22 de agosto de 2018. 
  4. "Palmarés 2017 do Festival de Cans". www.festivaldecans.gal. Consultado o 2018-12-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]