Peque Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPeque Varela
Biografía
Nacemento1977
Ferrol (A Coruña)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Westminster
National Film and Television School (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista visual, directora de cine de animación e compositora

Páxina webpequevarela.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2747592 Editar o valor em Wikidata


Helena Varela, coñecida como Peque Varela, nada en Ferrol no ano 1977, é unha directora de cine de animación, deseñadora gráfica e compositora de after effects galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Peque Varela xa dende nena gustaba de facer garabatos e andaba sempre coa cámara, ademais de ser afeccionada a ler banda deseñada e novela gráfica. Cando rematou o bacharelato estudou video e fotografía e deseguida marchou a Londres para seguir a súa formación. Alí descubriú a posibilidade de combinar a linguaxe gráfica e cinemática a través da animación, e deste xeito encamiñou a súa carreira.[1]

Estudou na Universidade de Westminster onde se licenciou en 2001 en Contemporary Media Practice -cine, televisión, vídeo e imaxe dixital- e no ano 2008 rematou un máster en Dirección de Animación na National Film and Television School de Londres.[2] Tamén fixo estudos de debuxo natural con movemento na Bristol School of Media.

No traballo de Varela está a influencia do artísta satírico Phil Mulloy, quen aceptou ser o seu mentor dicindo "Seréi o teu mentor, máis non te vou buscar traballo". Ela recolleu o seu enfoque plural, salientando que a animación é un medio moi valioso para contar historias de compromiso, pero que tanto en Galicia como en España en xeral, todo o que non estea baixo a onda de Pixar o Disney, non existe, reclamando máis seriedade para o sector. Para ela, a animación é unha ferramente que facilita a comprensión de certas mensaxes, mellor que con imáxes reais.[2]

No ano 2005 comezou a traballar como directora e animadora independente en publicidade, facendo encargos variados, algún para a MTV, ou montando títulos de crédito como o feito en 2007 para Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street de Tim Burton.

Posteriormente, fundou xunto coa produtora Silvina Cornillón, a empresa de produción independente Argallando. O primeiro proxecto de animación foi a curtametraxe Gato encerrado, en 2010.[3]

Compaxina o seu traballo máis comercial como directora de animación para NERD productions[4] creando estilos de acción en vivo, animación, medios mixtos e ilustracións para TVC, contido en liña, OOH/DOOH, etc,[5][6][7][8][9][10] coa súa actividade independente como compositora de after effects, traballando no concepto, deseño, guión gráfico, animación e composición.

Tamén ten traballado para empresas de publicidade, espectáculos en vivo de animación de contidos de video e para artistas como Mercedes Peón e Böjrk. Así mesmo, animacións de longametraxes e curtametraxes para varias produtoras.[11][12] e campañas para UNFPA (Fondo de Poboación das Nacións Unidas) como AIDOS.[13][14]

Obra[editar | editar a fonte]

O seu proxecto de fin de graduación foi tamén a súa primeira curtametraxe, titulada 1977. A gravación recolle imaxes do barrio de Caranza -"Caranza é o Manhattan de Ferrol"- e da vila de Ares, lugares onde se criou Peque Varela.[15] Sobre o contido da curta, fala de medrar, e de descubrir a propia sexualidade, fronte á que te asignan polo corpo que tes.[1] O proceso creativo comezou coa parte gráfica, partindo dunha imaxe infantil ata a imaxe real, empregando o cut-out "nos momentos máis rotos". A mestura das lembranzas e os soños foron creando o estilo propio final.[1]

Este traballo foi seleccionado entre máis de cinco milleiros de curtametraxes para participar no Festival de Cinema de Sundance de cine independente, creado por Robert Reford. 1977 formou parte do cartel, na sección de curtametraxes de animación para concursar no certeme xunto a 82 curtas no ano 2008.[16][17] Tivo unha grande acollida por parte do público e da organizacióin do festival, esgotándose as entradas para os catro pases da proxección en Park City.[18] A creadora explicou que a súa historia enténdese porque fala de sentimentos universais das persoas.

"Todos medramos con algún complexo, e por iso creo que todos poden entender o que conta 1977. Canto máis persoal e honesta sexa a historia que contas, máis universal será. Cando empezas a xeneralizar, aí é cando te perdes. Nótase cando ves traballos que son sinceros"[1]

Despois de Sundance, ofrecéronlle participar noutros festivais de cinema internacionais, como Festival internacional de curtametraxes de Clermont-Ferrand (Francia), Pink Appel (Suíza), Tampere (Finlandia), Torino GLBT (Italia) ou o Trickfilm (Alemaña).[18]

En 2008 acadou o primeiro premio na categoría de mellor audiovisual do certame de curtas do Liceo Casino de Vilagarcía, o galardón máis significativo por riba da categoría específica da animación.[19]Ese mesmo ano levou o premio a Mellor Videocreación no Festival de Videocreación do Condado, onde salientaron a mestura das técnicas en 2D e 3D de animación empregadas.[20]

No Festival de cine de Xixón (FICXixón), en 2010 estreou Gato encerrado, unha curta na que reflexiona sobre as desigualdades, a través da vida de dous gatos que segundo a tradición do país de orixe teñen sete ou nove vidas. Varela explicou que "esta desigualdade pareceume moi boa base para explorar as diferentes oportunidades que ten unha persoa en función do seu lugar de orixe ou do pasaporte que ten".[17][21]

A súa actividade, proxectos, a participación en festivais e outros eventos culturais son numerosas.

En 2009 participou na XVIII Mostra de Cine de Palencia, coincidindo coa homenaxe ao actor Cesáreo Estébanez.[22] En Madrid, na Noche en blanco, cun programa que propuña un repaso polos traballos máis interesantes, tanto de diferentes técnicas (documental animado, stop motion, celuloide manipulado) como de mostrar a animación coma unha vía de exploración persoal, política, falcatrueira ou poética.[23] Participou no ciclo Ellas crean arte, no ano 2014 en Vitoria-Gasteiz, coa proxeción das súas curtametraxes Gear (2004), Phace (2005), 1997 (2007) e Gato encerrado (2010).[24]

En 2015 foi a encargada de estrear as actividades do Galician Film Forum (GFF), asociación que trata de dar a coñecer o cinema galego en Londres. O premiado traballo de animación 1977, foi proxectado na Universidade King's College London[25]

Formóu parte do proxecto Cinema e muller, que naceu coa vontade de visibilizar as creadoras do audiovisual galego e fomentar a maior participación das mulleres na creación de cultura. Como explicou a súa comisaria Xisela Franco, as mostras e os festivais son necesarios pero hai que ir máis lonxe para contribuír á súa visibilzación.[26]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

A súa curta 1977 foi galardoada con 15 premios internacionais e estivo seleccionado en festivais de prestixio internacional coma o Sundance (Utah, EEUU) ou o Clermont Ferrand Short Film Festival (Francia)[25] e foi Mención de honor da I Festa do Cinema Galego e Portugués Filminho en 2008.[27]

1977 foi tamén motivo de estudo nalgúnhas universidades, obxecto de análise en varios ensaios e peza central para debater as temáticas tratadas na curta como é a problemática da construción da itentidade ligada ao sexo e xénero dentro dunha cultura e historia persoal. [28][29][30][31]

No ano 2019 obtivo o Premio Festival de Cans ao mellor videoclip (premio do xurado) con Window Pane por Visión.[32]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "O CINEMA DE PEQUE VARELA". A Cuarta Parede (en inglés). 2011-01-24. Consultado o 2022-02-27. 
  2. 2,0 2,1 Iglesias, Óscar (2008-01-14). "La ferrolana Peque Varela presenta un corto en Sundance". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-02-15. 
  3. Mateo del Pino, Ángeles (2021). "Las tramas de la heteronormatividad y el patriarcado: 1977, de Peque Varela". Clepsydra. Revista Internacional de Estudios de Género y Teoría Feminista, Universidad de La Laguna, nº 21, 2021, p. 305-308. ISSN 2530-8424. doi:10.25145/j.clepsydra.2021.21. 
  4. "Peque Varela". Nerd Productions (en inglés). Consultado o 2022-03-02. 
  5. "We're With You The Whole Way with Whole Earth". shots (en inglés). Consultado o 2022-03-02. 
  6. "Amex Platinum". Motionographer (en inglés). 2017-01-12. Consultado o 2022-03-02. 
  7. "Marcela Ferri - Santander - Virtual Venture". marcelaferri.com (en inglés). Consultado o 2022-03-02. 
  8. "LUPUS - MOTIONZ - We make FILMS . VFX. ANIMATION". www.motionz.tv (en inglés). Consultado o 2022-03-02. 
  9. "Amex Gold". Motionographer (en inglés). 2016-11-15. Consultado o 2022-03-02. 
  10. "The Digital Short That's Helping NHS Staff Stay Protected - LBBOnline". www.lbbonline.com (en inglés). Consultado o 2022-03-02. 
  11. "Samm Henshaw 'Chicken Wings' by Jim Pilling". www.promonews.tv. Consultado o 2022-03-02. 
  12. Promonews. "Samm Henshaw 'Grow' by Jim Pilling". Promonewstv. Consultado o 2022-03-02. 
  13. "Female genital mutilation and social norms: 4 animated videos to stop FGM - Aidos" (en inglés). Consultado o 2022-03-02. 
  14. "From Gender Inequality to Shared Positive Social Norms". UNFPA ESARO (en inglés). 2021-04-13. Consultado o 2022-03-02. 
  15. "«A miña avoa contábame historias mentres eu miraba o mar»". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-01-15. Consultado o 2022-02-26. 
  16. "Sundance selecciona un corto de la ferrolana Peque Varela". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-12-13. Consultado o 2022-02-22. 
  17. 17,0 17,1 "Dos gatos y dieciséis vidas para denunciar las injusticias en un corto de animación". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-10-13. Consultado o 2022-02-22. 
  18. 18,0 18,1 "Memorias de una gallega en Sundance". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-02-28. Consultado o 2022-02-26. 
  19. "El filme de animación «1977» se lleva el premio al mejor audiovisual del certamen de cortos del Liceo". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-11-16. Consultado o 2022-02-27. 
  20. "El Festival de Videocreación de O Condado premia a Peque Varela, Claudia Brenlla y Daniel Castro". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-10-06. Consultado o 2022-02-27. 
  21. "Favorable acogida de público y crítica para las tres producciones gallegas que participan en FICXixón". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-11-25. Consultado o 2022-02-26. 
  22. "La Muestra de Cine de Palencia homenajea a Cesáreo Estébanez". www.elmundo.es. Consultado o 2022-02-15. 
  23. Casado, Diego (2009-09-10). "La Noche en Blanco: (in)ANIMADOS". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-02-15. 
  24. Correo, El (2014-10-15). "Cortometrajes de Peque Varela". agenda.elcorreo.com (en castelán). Consultado o 2022-02-22. 
  25. 25,0 25,1 "Unha curtametraxe de Peque Varela inaugura en Londres o día 20 o Galician Film Forum". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2022-02-15. 
  26. "Las mujeres son las protagonistas". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-03-15. Consultado o 2022-02-26. 
  27. País, El (2008-07-27). "'1977', de Peque Varela, premio en el Filminho". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-02-15. 
  28. "Mini Ensayo Sobre Corto 1977 de Peque Varela". pdfslide.tips (en castelán). Consultado o 2022-03-01. 
  29. Meditabunda (2014-08-01). "sentidos_inesperados: Identidad, género e historia personal. Análisis del video "1977" de Peque Varela.". sentidos_inesperados. Consultado o 2022-03-01. 
  30. Mateo del Pino, Ángeles (21 de marzo do 2021). "LAS TRAMAS DE LA HETERONORMATIVIDAD Y EL PATRIARCADO: 1977, DE PEQUE VARELA". REVISTA CLEPSYDRA (21): pp 305–308. 
  31. Unknown (2016-04-22). "CARAS AZULES SONROJADAS: 1977, ¿se puede deshacer el género?". CARAS AZULES SONROJADAS. Consultado o 2022-03-01. 
  32. Porriño, G. PORTO (2019-05-25). "La ferrolana Peque Varela se lleva el premio al mejor videoclip en el Festival de Cans". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-02-15.