Xacio Baño
Aparencia
(2021) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1983 Xove, España |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | director de cinema, guionista |
| Participou en | |
| Tabakalera | |
| Ikusmira berriak |
|
Xacio Rodríguez Baño, nado en Xove en 1983, é un director do audiovisual galego. É membro da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou cinematografía na Universidade de León. Despois de traballar en diversos proxectos audiovisuais dá o seu salto á dirección. Produce, escribe e dirixe varias curtametraxes, todas elas orientadas a xogar coa linguaxe audiovisual para atopar a súa propia narrativa.
Os seus filmes son parte de festivais coma os de Locarno, Donostia, Viennale, New directors/New Films MoMA, Clermont Ferrand, Telluride Film Festival, Mar del Plata, Alcine, Slamdance, Festival Málaga, Encounters, Xixón, Alternativa, Shnit, Aspen Shortfest ou Sevilla.
Filmografía
[editar | editar a fonte]
Longametraxes
[editar | editar a fonte]- Trote (2018)
- Despois das cidades (2026)
Televisión
[editar | editar a fonte]- Angélica y Roberta (miniserie de TV) (2012)
Curtametraxes
[editar | editar a fonte]- Quentefrío (2009) – 3 min
- Relación de Acordes (2009) – 10 min
- Estereoscopía (curtametraxe) (2011) – 12 min
- Anacos (curtametraxe) (2012) – 6 min
- Entre el relámpago y el trueno (curtametraxe) (2013)
- Ser e voltar (curtametraxe documental) (2014) – 13 min[1]
- Eco (curtametraxe) (2015) - 20 min[2]
- Augas Abisais (curtametraxe) (2020) - 25 min[3]
- Contra o inverno (curtametraxe) (2023) - 5 min
- Non te vexo (curtametraxe) (2023) - 14 min
- Platónico, Platónica (2024) - 9 min