Saltar ao contido

Doentes (filme)

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Doentes
 Título
    Doentes (gl) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Baseado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Editor/a de cine
Datas
 Data de publicación
2011 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Custo
   300.000 € Editar o valor en Wikidata
 Recadación
   5.098,6 € Editar o valor en Wikidata
 Duración
   85 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Fontes e ligazóns
IMDB: tt1873551 Filmaffinity: 402974 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Doentes é unha longametraxe galega de ficción, producida en 2011 con dirección de Gustavo Balza. Está baseada na obra de teatro Doentes, de Roberto Vidal Bolaño. O filme estreouse en Galicia o 20 de maio de 2011. Foi unha das grandes vencedoras dos Premios Mestre Mateo 2011 (entregados no 2012), gañando cinco galardóns, incluíndo mellor longametraxe de ficción e mellor interpretación masculina protagonista Antonio Durán "Morris".

O filme estreouse en galego en cinco salas comerciais: Filmax na Coruña, Multicines Centro en Lugo, Cines Compostela en Santiago de Compostela, cines Praza Elíptica en Vigo e Multicines Gran Arousa en Vilagarcía de Arousa.[1] Recadou 5.098,60 € nos cinemas.[2]

Santiago de Compostela, década de 1950. Os enfermos acollidos no Hostal dos Reis Católicos son botados á rúa, dado que pecha como hospital e pasa a ser un hotel de luxo, para albergar persoeiros estranxeiros, como o presidente dos Estados Unidos de América, Dwight D. Eisenhower, quen visitou a cidade pouco despois.

Don Valeriano e Cañete comezan unha peregrinación na procura dun lugar onde pasar a noite, e descobren que a policía está a apresar xente porque ao día seguinte estarán de visita Francisco Franco e mais a súa muller, Carmen Polo. Don Valeriano leva unha talla en madeira de San Serapio para lla dar a Carmen Polo, mais hai un trasacordo co intermediario e finalmente levan a figura canda a eles toda a noite. Pasan a noite perseguidos por membros dun requeté de falanxistas, que os acusan de roxos.

Ambos os dous son pais de membros da loita antifranquista, e Cañete prometéralle ao seu fillo, xa morto, que procuraría matar o xeneralísimo. Don Valeriano pide axuda a membros do Partido Comunista na clandestinidade, mais estes optan pola loita política no canto da militar porque obedece mellor aos fins da súa loita. Pensan en falar con xente do Partido Galeguista, pero din que están máis pendentes da loita literaria.

Tras unha falcatruada, mexar por riba dun municipal, son levados a comisaría, mais déixanos ceibes por falta de espazo. Finalmente os requetés danlle unha malleira a Cañete, e Don Valeriano intenta matar a Franco pola súa conta.

Produción

[editar | editar a fonte]

Tivo un orzamento de 300.000 €.[1]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • 2011: Festival de Málaga: Sección oficial - Longametraxes a concurso.
  • 2011: Seleccionada para participar na 33ª edición do Festival Internacional de Cine de Moscova, na sección 'Focus on Spain'.
AnoCategoríaReceptorResultado
10ª ediciónMellor filmeGustavo BalzaGañador
Mellor directorGustavo BalzaNomeado
Mellor actorAntonio Durán "Morris"Gañador
Xosé Manuel Olveira "Pico"Nomeado
Mellor actrizMaría VázquezNomeada
Mellor guiónRoberto G. Méndez e Gustavo BalzaNomeados
Mellor dirección de produciónEnrique BatetGañador
Mellor dirección artísticaAlexandra FernándezGañadora
Mellor montaxeSandra SánchezNomeada
Mellor música orixinalBieito RomeroNomeado
Mellor sonCarlos MouriñoNomeado
Mellor fotografíaSuso BelloGañador
Mellor deseño de vestiarioEva CaminoNomeada
  1. 1 2 AVG (ed.). "Doentes en AVG". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 25 de novembro de 2013.
  2. Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Doentes". Consultado o 2 de novembro de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]