Gracia Querejeta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGracia Querejeta

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Gracia Querejeta Marín Editar o valor em Wikidata
13 de agosto de 1962 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cine , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiElías Querejeta Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0703265 Allocine: 7874 Allmovie: p214150 TCM: 1332874 Dialnet: 2220497 Editar o valor em Wikidata
Gracia Querejeta (2017).

Gracia Querejeta, nada en Madrid o 13 de agosto de 1962,[1] é unha cineasta española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do produtor Elías Querejeta, que lle abriu o camiño no mundo do cine, estudou Historia Antiga na Universidade Complutense de Madrid. Debutou no mundo do cine como actriz cando só contaba 13 anos na película Las palabras de Max de Emilio Martínez Lázaro.[2] Ós poucos foi pasando por tódolos oficios do cine e en 1981 intervén como axudante de dirección en Dulces horas de Carlos Saura. En 1988 foi axudante de dirección e montaxe da serie 7 huellas dirixindo dentro dela Tres en la marca que logrou o Premio Teatro Arriaga no Festival de Cortometrajes de Bilbao. En 1990 dirixe xunto a Jesús Ruiz e Nacho Pérez da Paz, o documental El viaje del agua, premio Goya ó mellor documental español. Nese mesmo ano escribe e dirixe tamén La adolescencia, un capítulo da serie de televisión El hombre y la industria.

En 1992 dirixe a súa primeira película en solitario, Una estación de paso, premio especial do Xurado na Semana de Cine de Valladolid.

Polémica con Javier Marías[editar | editar a fonte]

A súa película "El último viaje de Robert Rylands" está baseado na novela "Todas las almas" de Javier Marías. O escritor sostivo unha agre polémica no xornal "El País" con Elías e Gracia Querejeta, ós que acusaba de desfigurar o seu libro ata facelo irrecoñecible. Esixiu que se suprimise toda mención ó seu nome e á súa novela nos títulos de crédito da mesma e iniciou un longo proceso xudicial que, tras dúas sentenzas favorables ó escritor en 1998 e 2002, terminou o 7 de marzo de 2006 cando o Tribunal Supremo rexeitou os recursos presentados pola produtora de Elías Querejeta e ratificou as sentenzas anteriores.

Obra[editar | editar a fonte]

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

  • Premio UIMP á Cinematografía.[2]
  • Premio Catildetierra.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gracia Querejeta". IMDb. Consultado o 2021-09-24. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Sáez, Claudia (2021-07-07). "Gracia Querejeta, galardonada con el premio UIMP a la cinematografía: "muchas compañeras se han sentido marginadas y no las han tomado en serio por el hecho de ser mujeres"". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2021-09-24. 
  3. 7 mesas. 
  4. Pérez-Nievas, Fermín. ""Muchos hombres se sienten identificados con 'Invisibles'"". www.noticiasdenavarra.com (en castelán). Consultado o 2021-09-24.