Andrea Zapata-Girau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrea Zapata-Girau
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1986 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cine Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm4074818 Editar o valor em Wikidata

Andrea Zapata-Girau, nada en Vigo o 26 de novembro de 1986, é unha directora de cinema galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou música no conservatorio Mayeusis de Vigo e na Guildhall School of Music & Drama, comunicación audiovisual na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, licenciouse na TAMK School of Art, Music & Media da Universidade de Ciencias Aplicadas de Tampere, na especialidade de montaxe cinematográfica.[1]

Os seus filmes foron programados en festivais como o Festival Internacional do Novo Cinema Latinoamericano da Habana, Festival Internacional de Cinema das Palmas de Gran Canaria, Internationale Kurzfilmtage Winterthur, Zinebi, Curtocircuíto e espazos como a Filmoteca Española (Madrid), Cineteca (Matadero Madrid), CCCB (Barcelona), Museo Sitio de Memoria (Bos Aires), teatro Symphony Space (Nova York) e o Gran Salón de Oración da sinagoga de Toledo.[2]

En 2023 recibiu en Finlandia a prestixiosa bolsa da fundación KONE para investigación, arte e cultura.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Jiskra (curtametraxe)
  • Red (curtametraxe)
  • Guitarra de palo (longametraxe)
  • Aava (curtametraxe parte de Visións)
  • Ruovesi (curtametraxe)

Premios[editar | editar a fonte]

A súa curtametraxe Aava, integrada na película colaborativa Visións,[3] recibiu o premio do xurado á mellor curtametraxe de imaxe real do Festival de Cans en 2017.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Andrea Zapata-Girau". Deputación de Pontevedra. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2019. Consultado o 14 de maio de 2019. 
  2. "Biografía". Andrea Zapata-Girau. 
  3. "Unha curta do proxecto da Deputación de Pontevedra “Cinema e mulle” recibe un premio no Festival de Cans". 29 de maio de 2017. Consultado o 14 de maio de 2019. 
  4. "Palmarés 2017". Festival de Cans. Consultado o 14 de maio de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]