Asociación Cultural Arela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Asociación Cultural Arela é unha asociación cultural nacida no Porriño no ano 2003. Realizou pequenas actividades propias e como colaboradora do Concello do Porriño antes de embarcarse na súa actividade principal: a organización a partir de 2004 do Festival de Cans de curtametraxes.

En 2005 organizou o Festival de Danzas na rúa "Danzarela". Dende 2006 organizou o Concurso Galego de Deseño de Camisetas 100% Algodón, que trata de premiar as mellores creacións artísticas e de deseño que teñen como soporte as camisetas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]