Toni Acosta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaToni Acosta

(2015) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de abril de 1972 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
San Cristóbal de La Laguna, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1071554 Allocine: 105220
Twitter: AcostaToni Instagram: acostatoni Editar o valor em Wikidata

Antonia del Carmen Acosta León, nada o 10 de abril de 1972 en La Orotava, Santa Cruz de Tenerife, máis coñecida como Toni Acosta, é unha actriz e humorista española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Gregorio Arsenio Acosta e Sebastiana Emerinda Chana León, ten un irmán (Arsenio Luis) e unha irmá (Patricia).[1][2] A súa traxectoria estivo estreitamente ligada á televisión, onde cabe destacar o seu papel de Vera Muñoz na serie Policías, en el corazón de la calle, a partir da cal comezou a ser popular. Máis tarde veu outro papel televisivo, esta vez en Un paso adelante, onde Acosta interpretaba o personaxe de Jacinta Jiménez, "J.J.".

En 2010, Acosta formou parte do elenco de Supercharly, serie emitida por Telecinco na que interpretou o papel de Fani. A serie foi retirada tralo seu quinto episodio após os discretos índices de audiencia rexistrados. O seu seguinte gran papel en televisión chegou dous anos máis tarde, interpretando a Sonsoles durante as tres tempadas de Con el culo al aire, serie emitida en Antena 3. En 2015 incorporouse ao elenco da sitcom de Cuatro, Gym Tony na segunda tempada da serie.

Tamén participou en varias ocasión no programa El club de la comedia con monólogos humorísticos.

En teatro destacan as súas intervenciónss en obras de grande aceptación como 5mujeres.com (2002), El método Grönholm (2007) e La gaviota (2012).

En 2018 estreou varios filmes como Sin Rodeos xunto a Santiago Segura e Silvia Abril, El mejor verano de mi vida con Leo Harlem e Jordi Sánchez, Los futbolísimos xunto a Norma Ruiz e Yucatán con Luis Tosar.

En 2019 protagonizou Señoras del (h)AMPA, serie de Telecinco na que interpreta a Mayte, xunto con Malena Alterio, Mamen García e Nuria Herrero. Nese mesmo ano comezou a presentar na Cadena SER con Silvia Abril o programa radiofónico El Grupo.[3][4]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Series de televisión[editar | editar a fonte]

Ano Serie Canle Personaxe Notas
1996 La casa de los líos Antena 3 1 episodio
1998 Manos a la obra 1 episodio
1998 - 1999 Compañeros Mónica Ruiz / Vera 2 episodios
2000 - 2003 Policías, en el corazón de la calle Vera Muñoz 83 episodios
2003 7 vidas Telecinco Bego 1 episodio
2003 - 2005 Un paso adelante Antena 3 Jacinta Jiménez "J.J." 49 episodios
2006 Tirando a dar Telecinco Blanca 7 episodios
2007 - 2008 El síndrome de Ulises Antena 3 Estela Miralles 26 episodios
2010 Supercharly Telecinco Estefanía "Fani" Sáez 5 episodios
Adolfo Suárez, el presidente Antena 3 Amparo Illana 2 episodios
2012 - 2014 Con el culo al aire Sonsoles Abajo de la Vega 42 episodios
2015 - 2016 Gym Tony Cuatro Raquel 248 episodios
2019 - 2021 Señoras del (h)AMPA Telecinco / Amazon Prime Video Mayte Soldevilla 26 episodios

Programas de televisión[editar | editar a fonte]

Ano Programa Canle Función Notas
2013 - 2015; 2019 Me resbala Antena 3 Concursante ¿? programas
2014 MasterChef La 1 Convidada 1 programa
2017 Dani & Flo Cuatro 2 programas
2018 Late motiv #0 1 programa
Viva la vida Telecinco 2 programas
2019 Todo es mentira Cuatro 1 programa, promoción de Señoras del (h)AMPA
Supervivientes 2019 Telecinco 2 programas, promoción de Señoras del (h)AMPA
Sálvame
El concurso del año Cuatro 1 programa
Gran Hermano VIP 7 Telecinco 1 programa, promoción de Señoras del (h)AMPA
2021 La resistencia Movistar Convidada 1 programa

Cinema[editar | editar a fonte]

Ano Filme Personaxe Director/a
2007 Luz de domingo Covadonga "Cova" José Luis Garci
2008 7 minutos Ana Daniela Fejerman
2015 Cuento de verano Antonia Carlos Dorrego
Tiempo sin aire Silvia Andrés Duque
Mi gran noche María Álex de la Iglesia
Incidencias Solana José Corbacho
2016 Wild Oats Supervisora Andy Tennant
2018 Yucatán Chusa Daniel Monzón
Sin Rodeos Bea Santiago Segura
Los Futbolísimos Laura Miguel Ángel Lamata
El mejor verano de mi vida Daniela Dani de la Orden
2019 Padre no hay más que uno Marisa Santiago Segura
2020 Padre no hay más que uno 2: La llegada de la suegra Marisa Santiago Segura
2021 Poliamor para principiantes Tina Fernando Colomo

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jacobo Martos, el hijo de Raphael, y Toni Acosta se casaron en Tenerife". Hola. 21 de xullo de 2002. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 22 de maio de 2019. 
  2. "Tony Acosta y Jacobo Martos presentan a su hijo, Nicolás". Hola. 16 de xullo de 2004. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 22 de maio de 2019. 
  3. "La SER estrena "El Grupo", más humor de El Terrat". gokazumeta.com. 8 de setembro de 2019. Consultado o 18 de xuño de 2021. 
  4. Morate, Maite (14 de febreiro de 2021). "Silvia Abril y Toni Acosta, unas payasas irremediables". El País. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]