Ernesto Chao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ernesto Chao
Ernesto Chao María Casares 2014.JPG
Ernesto Chao na gala de entrega dos premios de teatro María Casares do 2014.
Nome completo Ernesto Chao Pino
Nacemento 12 de novembro de 1943 (73 anos)
Lugar Ribadavia, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Profesión Actor

Ernesto Chao Pino, nado en Ribadavia o 12 de novembro de 1943, é un actor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Se ben é moi coñecido polo seu papel como Miro Pereira, que interpretou durante máis dunha década na comedia da TVG Pratos combinados, Ernesto Chao é un actor cunha dilatada experiencia profesional, especialmente no teatro, cunha carreira ininterrompida desde 1969.

Foi director do Centro Dramático Galego durante dúas tempadas (1986-87).

Protagonizou o telefilme Condenado a vivir, onde interpretaba a Ramón Sampedro, na primeira vez que a súa historia era levada á ficción. Máis tarde, Javier Bardem encarnaría o mesmo papel na oscarizada Mar Adentro de Alejandro Amenábar, onde se deu a coñecer Mabel Rivera, actriz que interpretou á súa muller Balbina en Pratos combinados.

Traballou nunha ducia de producións cinematográficas desde 1985, comezando ese mesmo ano a súa carreira televisiva, especialmente ligada á TVG. En TV participou nunha vintena de programas de formatos diversos, colaboando nos últimos anos con pequenos papeis en series de éxito a nivel nacional como Cuéntame cómo pasó ou Aquí no hay quien viva.

Actualmente ten a súa propia compañía teatral, Lagarta Lagarta, xunto á súa esposa, a tamén actriz Rosa Álvarez.

Obra[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Personaxes fixas[editar | editar a fonte]

Personaxes episódicos[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Desde 1970 participou en máis de 35 espectáculos teatrais con distintas compañías. Algúns títulos son Galileo Galilei, Fobias, Carambola (cóncavo convexo) ou O país da comedia.

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Título Resultado
2005 Mellor actor Pratos combinados Nomeado
2007 Premio de Honra Fernando Rey Gañador
2008 Mellor actor Os mortos van á présa Nomeado

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]