Saltar ao contido

Emiliano Balás Silva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmiliano Balás Silva

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de maio de 1859 Editar o valor en Wikidata
Ferrol Vello, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xuño de 1934 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, poeta, escritor, médico, dramaturgo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeJosefa Loureiro Maceiras [a] Editar o valor en Wikidata
Fillosdous (José e Juan) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia
Diccionario bio-bibliográfico de escritores Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 207206 Galiciana: 213576 BNE: XX831058 BUSC: balas-silva-emiliano-1859-1934

Emiliano Balás Silva, nado en Ferrol o 25 de maio de 1859 e finado na mesma cidade o 22 de xuño de 1934,[1] foi un médico, pintor e escritor polígrafo galego, en lingua castelá (ensaio e poesía) e lingua galega (poesía e teatro), considerado como un epígono do Rexurdimento.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De orixe francesa por vía paterna, gozando dunha boa posición económica, licenciouse en medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Despois estudou na Academia de Belas Artes de Sevilla. Participou en 1892 e 1908 na Exposición Nacional de Bellas Artes de Madrid, en 1896 na Exposición Rexional de Lugo, en 1912 na Exposición de Pintura Regional Gallega do Centro Galego de Madrid e en 1917 na Exposición Regional da Coruña. En 1894 foi designado correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando (Madrid).

Cadro de Emiliano Balás.[2]

Foi membro do Ateneo Ferrolán, do que foi presidente en dúas ocasións. Foi membro e presidente en 1913 da agrupación local do Partido Liberal. Participou na Cova Céltica, o faladoiro da librería de Uxío Carré Aldao na Coruña.[3]

Xa avanzado o século XX abandonou a pintura, na que se iniciara da man de José Arpa Perea, para dedicarse ao mundo literario e xornalístico. Colaborou en varias publicacións como Galicia Diplomática, Revista Gallega, Ilustración Gallega, El Faro de Ferrol (foi un dos seus fundadores), El Correo Gallego, Estudios Gallegos, Cultura Campesina, El Eco de Galicia, Almanaque Gallego, Labor Gallega, Galicia, Vida Gallega, Galicia Solidaria e A Nosa Terra.[4][5]

Foi impulsor e membro das Irmandades da Fala, fundador, directivo e socio de honra do Coro Toxos e Froles, concelleiro de Ferrol en tempos do alcalde Antonio Usero Torrente e correspondente da Real Academia Galega.[6]

  • "D. José Alonso López de Nobal". Galicia Diplomática (20): 160. 1888. 
  • "Noticias biobibliográficas del polígrafo ferrolano D. José Alonso López", 1905, Anuario de las conferencias y debates del Ateneo Ferrolano en el Curso de 1904-1905, El Correo Gallego, pp. 33-114.
  • "Frecuencia de la tuberculosis en la raza bovina gallega", 1905, Anuario de las conferencias y debates del Ateneo Ferrolano en el Curso de 1904-1905, El Correo Gallego, pp. 269-284.[7]
  • "Del pauperismo y la beneficencia metódica", 1905, Anuario de las conferencias y debates del Ateneo Ferrolano en el Curso de 1904-1905, El Correo Gallego, pp. 485-502.[8]
  • "El polígrafo ferrolano D. José Alonso y López durante la Guerra de la Independencia", 1908, Galicia, p. 9, 30/5/1908.[9]

Libros (en castelán):

Rudezas de un cuarentón, 1904.[10]
  • Rudezas de un cuarentón, 1904, El Correo Gallego.[10]
  • La Europiada: poema de la gran guerra europea, 1919, Ricardo Nores imp.[11]
  • La expiación: (poema): 2ª parte de "La Europiada", 1930, El Correo Gallego.[12]

Poesías soltas:

  • "A Europa", 1902. Revista Gallega n.º 371, 27/4/1902, p. 5 (en castelán).[13]
  • "Al inspirado poeta D. Eduardo Pondal", 1902. Revista Gallega n.º 377, 8/6/1902, p. 4 (en castelán).[14]
  • "Los celtas (al laureado poeta gallego D. Galo Salinas)", 1902. Revista Gallega n.º 385, 3/8/1902, p. 5 (en castelán).[15]
  • "A leiteirina", 1903. Almanaque Gallego para 1904, pp. 118-119.[2]
  • "N'a ribeira", 1904. Almanaque Gallego para 1905, p. 110.[2]
  • "Maripepa e Casiana", 1906. Almanaque Gallego para 1909, p. 107.[16]
  • "Brua, Frouseira, brua", 1909. Almanaque Gallego para 1910, p. 128.[16]
  • "Porco con freno", 1911. Almanaque Gallego para 1912, pp. 140-141.[16]
  • "T'envexo", 1911. Carré (1911), Literatura gallega. p. 255.
  • "A la Torre de Hércules", 1914. Ilustración Gallega, n.º 42, 1/8/1914, pp. 10-11 (en castelán).[17]
  • "A Pondal", 1916. Estudios Gallegos, 1916, n.º 17, p. 118.
  • "Na veira do Mino", 1916. A Nosa Terra, 15/12/1916, p. 6.
  • "A mámoa", 1917. A Nosa Terra n.º 9, 6/2/1917.
  • "Oriental", 1922. Almanaque Gallego para 1923, pp. 128-130 (en castelán).[18]
  • "A Astrea", 1923. Almanaque Gallego para 1924, p. 121 (en castelán).[18]
  • "Invernal", 1924. Almanaque Gallego para 1925, p. 127 (en castelán).[18]
  • "Pandora", 1925. Almanaque Gallego para 1926, pp. 121-123 (en castelán).[18]
  • "Elegía", 1926. Almanaque Gallego para 1927, pp. 54-55 (en castelán).[18]
  • "Contos vellos d’a terriña". Almanaque Gallego para 1927, pp. 129-130.[18]

Teatro (en galego)

[editar | editar a fonte]
  1. Finada en 1917.
Referencias
  1. "Fallecimiento de don Emiliano Balás Silva". El Pueblo Gallego. 23 de xuño de 1934. p. 13. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Almanaque Gallego vol. II: 1903-1907 Consello da Cultura Galega.
  3. Tettamancy, Francisco (1917). Víctor Said Armesto (Traballo leído na noite do 3 de agosto de 1917, con motivo do homenaxe consagrado pol-a “Irmandade da Fala” na Cruña para honral-a memoria de tan ilustre escritor.). Imprenta Obreira, A Cruña.
  4. Artigos de Balás Silva, Emiliano Arquivado 26 de maio de 2021 en Wayback Machine. na Hemeroteca Virtual da RAG.
  5. Marco, Aurora (outono de 1985). "Noticia biográfica de Emiliano Balás. Poemas desconhecidos" (PDF). Agália (3): 306–323. ISSN 1130-3557. 
  6. Membros Correspondentes Real Academia Galega.
  7. Anuario del Ateneo Ferrolano 1904-1905 en Internet Archive.
  8. Anuario del Ateneo Ferrolano 1904-1905 en Internet Archive.
  9. Galicia, número único, 30/5/1908 en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
  10. 10,0 10,1 Rudezas de un cuarentón na Biblioteca Nacional de España.
  11. La Europiada en Galiciana.
  12. La expiración en Galiciana.
  13. "A Europa" Arquivado 26 de maio de 2021 en Wayback Machine. na Hemeroteca Virtual da RAG.
  14. "Al inspirado poeta D. Eduardo Pondal" Arquivado 26 de maio de 2021 en Wayback Machine. na Hemeroteca Virtual da RAG.
  15. "Los celtas (al laureado poeta gallego D. Galo Salinas)" Arquivado 26 de maio de 2021 en Wayback Machine. na Hemeroteca Virtual da RAG.
  16. 16,0 16,1 16,2 Almanaque Gallego vol. III: 1908-1912 Consello da Cultura Galega.
  17. "A la Torre de Hércules" Arquivado 26 de maio de 2021 en Wayback Machine. na Hemeroteca Virtual da RAG.
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 18,5 Almanaque Gallego vol. VI: 1923-1927 Consello da Cultura Galega.
  19. Publicado por El Correo Gallego o 9/2/1912
  20. Publicáronse cinco escenas en Buenos Aires, no Almanaque Gallego para 1915 pp. 135-143.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Suevos, Jesús (28 de xuño de 1934). "In memoriam. Don Emiliano Balás". El Correo Gallego (en castelán). p. 1. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]