Saltar ao contido

Galicia Solidaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia Solidaria
Imaxe
 Instancia de
 Lingua
Datas
 Data de comezo
1907 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
1908 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
1907 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1907 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 129021
Wikidata

Galicia Solidaria foi un semanario editado na Coruña entre 1907 e 1908.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Apareceu o 29 de xuño de 1907. Heraldo da facción republicana e esquerdista de Solidaridad Gallega, publicábase os luns. O seu xerente era Antonio Santiago Taín, vocal da Junta Solidaria da Coruña, e estaba dirixido por José Rodríguez Martínez (o Médico Rodríguez). O semanario emprendeu iniciativas de carácter político e cultural como a publicación do folleto Catecismo solidario (elaborado sobre o patrón do Catecismo do labrego), do que se realizou unha tiraxe de 10 000 exemplares en edición bilingüe (galega e castelá), distribuídos en feiras e mitins como unha nova forma de propaganda agraria; e o lanzamento de Conversa entre Xacobe e Farruco por entregas. Desapareceu en decembro de 1908 debido ao abandono do movemento por parte dos seus principais promotores.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]