Eduardo Sánchez Miño
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XIX Galicia |
| Morte | xuño de 1921 |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, actor de teatro |
Eduardo Sánchez Miño, finado na Coruña en maio de 1921,[1] foi un actor, intelectual e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Dirixiu o periódico tradicionalista La Coruña Católica (1898) e en 1911 dirixiu o periódico ferrolán La Voz del Pueblo. Traballou na compañía do director e empresario teatral Emilio Mario. En 1902 liderou un grupo de mozos que pretendía crear na Coruña unha escola teatral, pouco despois ese colectivo constituíu a Escola Rexional de Declamación na que Sánchez Miño participou como actor. Escribiu apropósitos e en 1913 constituíuse en Ferrol baixo a súa dirección a Escola Dramática Galega,[2][3] que representou a súa obra ¡A roin feira...!, que non chegou a publicarse. Morreu na Coruña aos 49 anos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Ideal Gallego, 28-5-1921, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, 2-8-1913, p. 2.
- ↑ El Eco de Santiago, 13-11-1913, p. 1-2.