Cultura Campesina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cultura Campesina
PaísEspaña
Lugar de publicaciónFene
editar datos en Wikidata ]

Cultura Campesina foi unha revista editada en Fene entre 1915 e 1917.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulada Folleto-revista (na contraportada incluía o lema Instrucción y agrarismo), apareceu a finais de 1915, ao servizo da sociedade agraria La Necesaria de Fene vencellada á Federación Agrícola Ferrol-Pontedeume. Revista mensual de 16 páxinas que incluía algunhas fotografías, estaba dirixida por Genaro Moreda Martínez e o administrador era Manuel Montero Corbeira. Entre os seus colaboradores figuraron Martín Lázaro Calvo, Francisco Cabo Pastor, Emiliano Balás Silva e Heraclio Pérez Placer. A partir do número de febreiro de 1917 asumiu a dirección Ramón Pena Miró, logo da detención do seu anterior director[1]. O último número coñecido é o 24, que corresponde a agosto de 1917.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Noroeste, 22-3-1917, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]