Estudios Gallegos
Estudios Gallegos | |
---|---|
![]() Publicidade da revista.[1] | |
País | España |
Fundación | 1915 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Estudios Gallegos foi unha revista editada en Madrid entre 1915 e 1916.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulada Revista quincenal de Lenguaje, Finanza, Turismo publicada por Aurelio Ribalta, apareceu o 15 de febreiro de 1915. A revista tiña na portada un debuxo de Castelao e entre os seus colaboradores figuraron Eugenio López Aydillo, Luís Porteiro Garea e Rodrigo Sanz. Publicaba en galego as seccións "Poetas de onte" e "Poetas de hoxe", os relatos breves de Xan d'Outeiro e nas páxinas costumistas de Penecho Fontenla.
Publicou o entremés "Los gallegos" do século XVII, achegado por Salvador Cabeza de León, e o texto en prosa "A campana fala", do escritor catalán Miquel Ventura i Balanyà. A sección titulada "Finanzas" contiñas traballos de socioeconomía (tributos, caciquismo, minería, millo...), na que aparecía con frecuencia o tema dos ferrocarrís galegos. O último número coñecido é o 22, que corresponde ao 22 de decembro de 1916.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Diéguez, Uxío-Breogán (2016). "As Irmandades da Fala, fitos e logros no seu fecundo evoluir (1916-1931)". As Irmandades da Fala (1916-13931): reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX. Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-330-3.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Alonso Montero, Xesús: "Estudios Gallegos" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores (coord.): "Estudios Gallegos" (pp. 179–180) en: Diccionario da literatura galega II (Publicacións periódicas), Galaxia, Vigo, 1997, ISBN 84-8288-137-X.