Conversa usuario:MAGHOI/2019-2022

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquivo de mensaxes antigas:
desde novembro de 2015

Categorización de persoas por etnia, raza, sexo, xénero, relixión, orientación sexual, ideoloxía política[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(políticas)#Categorización_de_persoas_por_etnia,_raza,_sexo,_xénero,_relixión,_orientación_sexual,_ideoloxía_política,_etc. comezou un debate para falar sobre diferentes categorizacións dos artigos de biografías, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de xaneiro de 2019 ás 14:11 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de modificación en efeméride do 26 de agosto[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A Taberna (propostas)#Modificación en efeméride do 26 de agosto presentouse unha modificación da efeméride Wikipedia:Efemérides destacadas/26 de agosto que precisa a revisión da comunidade para acadar un consenso sobre a cuestión, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 12 de febreiro de 2019 ás 00:12 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Colaboración en evento sobre normalización lingüística[editar a fonte]

Colaboración en evento sobre normalización lingüística[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Colaboración_en_evento_sobre_normalización_lingüística presentouse unha solicitude para participar nun encontro de normalización lingüística organizado polo Consello da Cultura Galega. As persoas interesadas en participar poden comentalo nese fío. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de febreiro de 2019 ás 23:42 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Primeira asemblea de A3GAL[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Primeira_asemblea_de_A3GAL anúnciase a primeira asemblea da Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e do Coñecemento Libre para o vindeiro 9 de marzo en Ourense. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 14:02 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Poñer aviso nas páxinas da wikimaratona deste sábado[editar a fonte]

Boas, ó final da proposta Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Contacto_da_concelleira_de_Igualdade_de_Ourense hai unha proposta para engadir un aviso na cabeceira de tódalas páxinas dos artigos para anunciar a todo o mundo a wikimaratona que se vai realizar este sábado 9 en Ourense. Se estás de acordo coa idea, pon un concordo ó final e asina co teu usuario. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 09:03 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Acaba de comezar unha votación para a proposta de actualización da redacción da política Wikipedia:Citar as fontes, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Citar as fontes/proposta 2019. Un saúdo. Banjo tell me 14 de marzo de 2019 ás 23:02 (UTC)[responder]

Accións a tomar contra o artigo 13 da Directiva Europea[editar a fonte]

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Accións_a_tomar_contra_o_artigo_13_da_Directiva_Europea hai unha votación para decidir que accións realizar en contra do artigo 13 da Directiva Europea de dereitos de autor. Todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 21 de marzo de 2019 ás 14:24 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da redacción da política Wikipedia:Spam, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Spam. Un saúdo. Banjo tell me 29 de marzo de 2019 ás 08:54 (UTC)[responder]

Aberto proceso de votación á administración[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Maria zaos está aberto unha votación para decidir se escoller, ou non, á usuaria Maria zaos como administradora. Anímase a votar a quen reúnan os requisitos para participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 30 de marzo de 2019 ás 15:39 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Lista de gobernadores do Banco de España[editar a fonte]

He añadido fotos de los retratos en Commons de los gobernadores. Están en el Anexo en español por si te apetece usarlas aquí tb. Un saludo Triplecaña (conversa) 3 de abril de 2019 ás 21:30 (UTC)[responder]

@Triplecaña. Gracias. Le echaré un vistazo.--MAGHOI (conversa) 4 de abril de 2019 ás 09:33 (UTC)[responder]

Acaba de comezar unha votación para a proposta de actualización da redacción da política Wikipedia:Páxina de usuario, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Páxina de usuario/proposta 2019. Un saúdo. Banjo tell me 12 de abril de 2019 ás 17:57 (UTC)[responder]

Ola, MAGHOI! Non me molestou, pero o meu comentario si que te puido molestar, así que as desculpas son miñas. Non comprendín que había uns erros de formato. Non sei por que non me decatei antes diso. Algo debeu pasar, porque cando arranxei o artigo non vin que o tal sucedese. De feito, xa viches que a cita do xornal El Pueblo Gallego daba erro, e unha vez quitei as outras dúas referencias, deixou de pasar. O que me preocupa é perder as outras dúas referencias. Agora a verdade é que non teño moito tempo para mirar como recuperalas. Ben, en todo caso, de novo, grazas por decatarte do erro. Tiñas razón en eliminalas, aínda que conseguísemos salvar unha. Un saúdo e bo traballo! --Castelao (conversa) 28 de abril de 2019 ás 14:56 (UTC)[responder]

Xestión dun premio[editar a fonte]

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Xestión_dun_premio, hai un comentario sobre a xestión do premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que recibiu a Galipedia no ano 2018. Todos os comentarios e propostas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de maio de 2019 ás 22:49 (UTC)[responder]


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proceso de reválida como administrador de Elisardojm[editar a fonte]

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Reválida_como_administrador_de_Elisardojm, hai un aviso do proceso de reválida como administrador do usuario Elisardojm. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de maio de 2019 ás 09:49 (UTC)[responder]


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Xurado do Premio Rosalía de Castro[editar a fonte]

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Xurado_do_Premio_Rosalía_de_Castro, hai un aviso para participar como xurado no premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña. As persoas interesadas que avisen nese fío o antes posible xa que urxe responder á Xunta. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de maio de 2019 ás 13:07 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de novo funcionamento para a imaxe da semana[editar a fonte]

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(imaxes)#Proposta_de_novo_funcionamento_para_a_imaxe_da_semana, hai unha proposta para xestionar de forma diferente as imaxes da semana, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 31 de maio de 2019 ás 22:37 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votacións para xestión do premio da Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Votacións, están a votarse os proxectos que se van financiar co premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que recibiu a Galipedia no ano 2018, tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de xuño de 2019 ás 17:14 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Solicitude para poñer anuncio do concurso de fotos na cabeceira dos artigos[editar a fonte]

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Solicitude_para_poñer_anuncio_na_cabeceira_dos_artigos, hai unha solicitude para poñer un anuncio do próximo concurso fotográfico da Galipedia na cabeceira dos artigos. Tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 07:32 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Artigos destacados na portada[editar a fonte]

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_destacados_na_portada, hai unha proposta para modificar a escolla dos artigos destacados na portada. Tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de xullo de 2019 ás 00:27 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Community Insights Survey[editar a fonte]

RMaung (WMF) 9 de setembro de 2019 ás 16:20 (UTC)[responder]

RE:Ramiro Ledesma Ramos[editar a fonte]

{{Infpolitico}} está desfasado e a documentación non concorda co modelo, de aí que non aparecesen algúns campos. Cambieino e adapteino para usar {{político}}, que está máis actualizado e si ten a documentación ó día. Revisa a documentación deste último por se queres engadir máis datos na caixa. En canto o control de autoridades, non é visible ata que o artigo non se liga cos datos de wikidata, e isto faise (a maioría das veces) ligando o artigo co correspondente noutra lingua, engadíndolle as Interwikis. Xa o deixei ligado e xa está visible o CdA. Banjo tell me 19 de setembro de 2019 ás 18:54 (UTC)[responder]

Reminder: Community Insights Survey[editar a fonte]

RMaung (WMF) 20 de setembro de 2019 ás 19:49 (UTC)[responder]

Evento Aprendendo Wikidata este sábado en Lalín[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:Aprendendo WikiData Setembro 2019 están os detalles do próximo evento da Galipedia, un encontro para falar e aprender sobre Wikidata dende o nivel máis básico. Tamén aproveitaremos para comentar o estado da asociación A3GAL e avanzar coas súas actividades.

Os que estean interesados poden apuntarse nesa páxina para organizarnos co transporte e na xestión da actividade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 23 de setembro de 2019 ás 13:07 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Ola, Maghoi! Fusión feita. Un saúdo, e grazas por aumentar o artigo! :) --Estevo(aei)fálame aquí 24 de setembro de 2019 ás 10:50 (UTC)[responder]

Quinta malla de artigos da Galipedia[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Quinta_malla_de_artigos_da_Galipedia abriuse un fío para organizar a Wikimalla da Galipedia deste ano, no que hai que escoller os artigos nos que se vai traballar e a semana na que se vai facer. Tódalas propostas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de setembro de 2019 ás 13:03 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta para poñer aviso do concurso fotográfico[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Proposta_para_poñer_aviso_do_concurso_fotográfico hai unha proposta para poñer un aviso nas páxinas da Galipedia para anunciar que vai rematar o concurso fotográfico da Galipedia, Wikipedia:Wiki Loves Parroquias. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de outubro de 2019 ás 21:57 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Recibidos os cartos do premio da Galipedia na conta de A3GAL[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Recibidos_os_cartos_do_premio_da_Galipedia_na_conta_de_A3GAL hai un aviso indicando que xa se recibiron os cartos do premio da Galipedia na conta de A3GAL e que xa pode ser xestionado pola Comunidade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 17 de outubro de 2019 ás 08:30 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikiclubs de editores da Galipedia[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Wikiclubs_de_editores_da_Galipedia hai unha proposta dunha nova actividade na Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 23 de outubro de 2019 ás 12:48 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votación das imaxes de Wiki Loves Parroquias[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Votación_das_imaxes_de_Wiki_Loves_Parroquias hai un aviso de que comeza a votación das fotos do concurso Wiki Loves Parroquias. A votación durará ata o 30 de novembro e anímase a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de novembro de 2019 ás 07:57 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Mapa de galipedistas[editar a fonte]

Ola, engadinte no Modelo:Mapa de galipedistas, se non queres aparecer aí, avisa e desfago a edición :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de novembro de 2019 ás 14:08 (UTC)[responder]

Non hai problema. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 7 de novembro de 2019 ás 18:32 (UTC)[responder]

Día_do_Galizionario_na_Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Día_do_Galizionario_na_Galipedia hai unha nova proposta de colaboración, todas as achegas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de novembro de 2019 ás 16:12 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Precísanse 55 editoras e editores para a quinta Wikimalla[editar a fonte]

Boas, a semana que ven, dende o luns 25 ata o domingo 1, temos a quinta Wikipedia:Wikimalla da Galipedia na que este ano imos traballar amañando os artigos de Categoría:Artigos sen formato wiki, segundo estivemos falando na taberna. Nestes momentos nesa categoría temos 1078 artigos, se 55 editoras e editores traballan nesta tarefa durante esta semana, só precisaremos que cada un deles amañen 20 artigos, é dicir, só terían que amañar 3 artigos ó día.

Que unha persoa amañe 1000 artigos é unha tarefa moi complicada e pesada, pero que 55 usuarias amañen 3 artigos ó día durante unha semana, iso non é nada! Anímate a colaborar nesta tarefa e axúdanos a mellorar a calidade global da Galipedia! Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 24 de novembro de 2019 ás 18:59 (UTC)[responder]

Obradoiro de iniciación á edición da Galipedia no Culturgal[editar a fonte]

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Obradoiro_de_iniciación_á_edición_da_Galipedia_no_Culturgal hai unha nova do vindeiro obradoiro de iniciación á edición que A3GAL vai realizar no Culturgal. Se coñecedes xente que poida estar interesada na provincia de Pontevedra, podedes avisalos da realización desta actividade. Tedes máis información na nova. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2019 ás 09:48 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Grazas por mellorar o meu artículo.[editar a fonte]

Hola MAGHOI. Gustaríame darche as grazas por mellorar o meu artículo sobre o xogador de fútbol David Pérez Doval. Se podes decirme no que podería mellorar estaría ben para seguir aprendendo e mellorar para futuros artículos. Por certo, gustaríame saber se os artículos que creo sobre futbolistas na galipedia, logo aparece en google un cadro de información cando buscas o nome do futbolista como aparece neste enlace, por exemplo Un saúdo, espero resposta!

Artículo creado[editar a fonte]

Por certo, o meu artículo sobre o xogador galego David Pérez Doval, foi aceptado?

Resposta e duda sobre o panel de información.[editar a fonte]

Ola Maghoi. En primeiro lugar moitas grazas pola túa axuda. O segundo que quero comentarche, que estou moi confuso con eso, unha vez creado o artículo do xogador, tal e como está, ¿nunhos días aparecerá nun panel de información?. Estiven a crear o mesmo artículo na Wikipedia Española, a primeira vez non mo borraron e aos 4-5 días, primeiro apareceu solo o enlace cando buscabas o nome, e 1 día despois xa aparecía o panel a dereita. Logo borráronmo, e desaparezeu. Aquí tes o enlace do artículo borrado, aparece en Google, entras e non ai artículo. As miñas dudas que teño son: ¿Tal e como está o artículo, genérase o panel de información que aparece na dereita da búsqueda, como o de este xogador? ¿Teño que transladar algún dato a Wikidata para que poida aparecer o panel? ¿Qué é a Wikidata e que utilidade ten? Moitas grazas de novo e espero resposta! --Rlopglez (conversa) 29 de novembro de 2019 ás 22:38 (UTC)Rlopglez para responderme pincha aquí (estón a aprender a firmar...)[responder]

Creación dun artigo.[editar a fonte]

Ola MAGHOI. Son Rlopglez ¿Que che parecería crear un artigo sobre Jacobo Vilariño Sobrado, o irmán de Keko Vilariño? --Rlopglez (conversa) 30 de novembro de 2019 ás 23:55 (UTC) Rlopglez Enlace á miña conversa aquí.[responder]

Conversa de Adorian[editar a fonte]

Ola MAGHOI. Cómo podo contactar con Adorian? Poderiasme deixar a sua páxina de conversa? Eque non sei moverme moi ben e non o sei encontrar. Unha aperta.

Ola Rlopglez. Se na parte superior dereita (Procurar en Wikipedia) premes Usuario:Adorian, debería saír a súa páxina individual e de conversa. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 2 de decembro de 2019 ás 13:35 (UTC)[responder]

Artigo David Pérez Doval[editar a fonte]

Ola MAGHOI... Cando empecei o meu primeiro artigo dixérasme que na Galipedia non se facían aceptacións previas dun artigo. Dixerasme esto: Na Galipedia non hai aceptación previa ou non dun artigo. Sempre e cando teña unhas pautas mínimas de estilo (podes botarlle unha ollada á resposta anterior, con esas ligazóns), e teña un certo interese enciclopédico e te interese a tí, todos, son válidos. Polo tanto, nesta contorna colaborativa, todos colaboramos para que a Galipedia teña unha boa calidade. Polo tanto, se ese é o teu interese, adiante. O outro día entrei para comezar co artigo de Jacobo Vilariño e encontreime con que querenme borrar o Artigo de David Pérez Doval. Na miña opinión, non todos os galegos xogan no Lugo e terminan debutando en terceira división con 17 anos, e menos no filial do Leganés, un club de Primeira División. Se podes, dime qué lle teño que mellorar ao artigo, para que non sexa borrado, e tamén, se podes axudarme na votación, estaríache agradecido xa que esto quítalle as ganas a un de seguir contribuíndo. Din que é promoción pero e que o xogador non vai ser máis famoso nin vai a ganar máis diñeiro por ter un artigo aquí. Por certo, qué significa o voto que pon borrar, e está tachado? Déixoche o enlace da votación aquí. Un saúdo Maghoi, espero resposta. --Rlopglez (conversa) 5 de decembro de 2019 ás 18:37 (UTC) Rlopglez[responder]

Recuperar páxina[editar a fonte]

Feito, Maghoi! Aquí está a páxina indicada: Compianto su Cristo morto (Giotto). Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 23 de decembro de 2019 ás 18:49 (UTC)[responder]

Estás certo de que o título é "su Cristo" e non "sul Cristo"? Na páxina italiana aparece sul: Compianto sul Cristo morto (Giotto). --Chairego apc (conversa) 23 de decembro de 2019 ás 18:53 (UTC)[responder]
Agora entendo. Moi ben, xa borrei a redirección co título errado. Moitas grazas. --Chairego apc (conversa) 24 de decembro de 2019 ás 00:27 (UTC)[responder]

Luis María de la Torre de la Hoz[editar a fonte]

Boas, o artigo Luis María de la Torre de la Hoz, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 10 de febreiro de 2020 ás 13:24 (UTC)[responder]

Ola MAGHOI. Acabo de mover o artigo Asesinato de Cánovas del Castillo ó título Asasinato de Cánovas del Castillo. Unha vez o teñas listo deberías ligalo dende polo menos o artigo do propio persoeiro. Banjo tell me 15 de marzo de 2020 ás 22:01 (UTC)[responder]

@Banjo: Feito! Feito!Pero bótalle unha ollada, por se acaso. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 16 de marzo de 2020 ás 21:02 (UTC)[responder]

Wikidata[editar a fonte]

Ola, Maghoi. Pois estiven mirando e creo que xa o solucionou Xas, porque non vexo nada que estea mal. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 18 de abril de 2020 ás 19:04 (UTC)[responder]

Debate na taberna[editar a fonte]

Boas! Veño de iniciar un fío na Taberna que creo que é de interese para toda a comunidade e gostaria de coñecer a túa opinión. Aquí está!. Moitas grazas, Piquito (conversa) 20 de abril de 2020 ás 23:35 (UTC)[responder]

Ola! En Cesante deixei só as definicións relacionadas con artigos, pois as definicións léxicas (o participio de 'cesar' e o termo 'cesantía') deben quedar para Wiktionary (cesante, de momento sen contido). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 22 de abril de 2020 ás 18:32 (UTC)[responder]

@Estevo(aei)fálame aquí Graciñas.--MAGHOI (conversa) 22 de abril de 2020 ás 18:36 (UTC)[responder]

Emma Goldman[editar a fonte]

Bo día, Maghoi, Son correctos, o seu sería que fose todo o artigo coas segundas formas de artigo opcionais ou sen elas, igual tamén sería o seu que fose todo coa contracción en "ao" ou todo coa contracción en "ó". Lles (conversa) 27 de abril de 2020 ás 18:35 (UTC)[responder]

@Lles De acordo.Tomo nota. Graciñas e un saúdo.--MAGHOI (conversa) 27 de abril de 2020 ás 19:30 (UTC)[responder]
Continuei revisando e non sei que facer coas segundas formas opcionais. Fun ver o criterio da primeira persoa en editar e non está claro que quería facer. No texto vin que hai moitas segundas formas do artigo opcionais. Cres que habería que harmonizalo incluíndo as que non se fixeron e as que cambiei eu porque pensaba en harmonizar no outro sentido? Lles (conversa) 30 de abril de 2020 ás 13:55 (UTC)[responder]
@Lles Ola Lles. Si penso que habería que uniformizalo todo. Ireino facendo ós poucos, mais tamén se agradece a axuda. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 30 de abril de 2020 ás 16:26 (UTC)[responder]

Perfecto, adiante. Saúdos, --Agremon(contacto) 16 de agosto de 2020 ás 07:20 (UTC)[responder]

Ola! Fixen unha edición en Frades e vexo que a revertiches. Fixen esa edición para aplicar o "Modelo estendido" definido en Modelo de concellos. Fixen iso por, por exemplo, o topónimo estar definido dentro "Idade antiga" ou "climatoloxía" ordenada entre "xeografía" e "hidrografía". Como o artigo xa ten contido pareceume o razoable. Enganeime nalgo? Xa contarás, saúdos!! Mgl.branco (conversa) 20 de agosto de 2020 ás 08:04 (UTC)[responder]

Si, é fácil cadrar editando ao mesmo tempo: non pasa nada. Eu era só por confirmar se enganara ou estaba mellor doutro xeito. :)

Paro técnico o vindeiro martes 1 de setembro[editar a fonte]

Boas, na sección de novas da Taberna hai un aviso sobre unha proba técnica que se vai realizar nos servidores da WMF. Esta operación está programada para o vindeiro martes 1 de setembro e vai afectar ás tarefas de edición en todas as wikis. Tedes máis información no propio aviso. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 23:26 (UTC)[responder]


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu nome desta lista.

Imaxes da Xunta de Galicia[editar a fonte]

Ola, MAGHOI!

Como podes ver a modo de exemplo en File:Xunta setembro 2018.jpg, a imaxe está tomada de esta nova. Segundo se explica no Aviso legal do Portal da Xunta, a licenza dos contidos publicados en xunta.gal son compatibles con Commons, polo que se poden subir as imaxes a dito repositorio. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de setembro de 2020 ás 10:15 (UTC)[responder]

@Estevo(aei)fálame aquíGraciñas--MAGHOI (conversa) 7 de setembro de 2020 ás 10:31 (UTC)[responder]
@Estevo(aei)fálame aquí Ola Estevo. Pásoche este comentario de Elisardo [[1]]sobre esta mesma cuestión. Semella que o tema aínda está algo verde. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 7 de setembro de 2020 ás 10:59 (UTC)[responder]

Muchas gracias por el importantissimo contexto. Un saludo de Caselle Landi, Italia.

Rei Momo (conversa) 7 de setembro de 2020 ás 14:12 (UTC)[responder]

We sent you an e-mail[editar a fonte]

Hello MAGHOI/2019-2022,

Really sorry for the inconvenience. This is a gentle note to request that you check your email. We sent you a message titled "The Community Insights survey is coming!". If you have questions, email surveys@wikimedia.org.

You can see my explanation here.

MediaWiki message delivery (conversa) 25 de setembro de 2020 ás 18:50 (UTC)[responder]

Administración[editar a fonte]

Ola, Maghoi!

Despois do expresado pola comunidade en Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:MAGHOI, xa tes os botóns de administrador. Como me dixo Lameiro hai uns anos, paso de boi, dente de lobo, e facer un poubo o bobo. Apertas! --Estevo(aei)fálame aquí 26 de setembro de 2020 ás 06:50 (UTC)[responder]

@Estevo(aei)fálame aquí Grazas pola confianza Estevo. Espero non defraudar. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 26 de setembro de 2020 ás 17:56 (UTC)[responder]

Re:Problema coas datas[editar a fonte]

Foi un erro meu. Corrixido. Grazas. Xas (conversa) 20 de outubro de 2020 ás 15:12 (UTC)[responder]

Capitanía xeneral[editar a fonte]

O correcto é capitanía xeneral.--HacheDous=0 (conversa) 8 de novembro de 2020 ás 17:25 (UTC)[responder]

@ HacheDous=0 (conversa) Ola. Estás seguro? Fíxate o que se indica na acepción 5 da palabra xeral: ("https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/xeral"). Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 8 de novembro de 2020 ás 17:29 (UTC)[responder]
En capitanía, [2] en frases e expresións. Xeneral aquí procede do cargo militar.--HacheDous=0 (conversa) 8 de novembro de 2020 ás 17:32 (UTC)[responder]
@HacheDous=0 (conversa). Pois non che sei moi ben. No mesmo sitio aparece "Director Xeral", marcando o cargo máis elevado de director. Hei preguntar na Academia e, cando resposten, te aviso. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 8 de novembro de 2020 ás 18:07 (UTC)[responder]

Boas MAGHOI, perde conta, non me interrompeu nadiña. E de feito con tanto marcador de atención que ten o artigo non me estraña pasara. Saúdos compañeiro.--Breogan2008 (conversa) 13 de novembro de 2020 ás 08:55 (UTC)[responder]

Sfn vs ref[editar a fonte]

Ola MAGHOI.

Permíteme unha curiosidade. Ya cho teño visto varias veces. Por que perdes o tempo [3] mudando o código wiki ({{Sfn}}) por html (<ref>...</ref>) cando o resultado é peor?! --. HombreDHojalata.conversa 14 de decembro de 2020 ás 21:32 (UTC)[responder]

@--. HombreDHojalata.conversa Pois está claro, Home: porque o que non sabe é coma o que non ve. Non entendía ben o funcionamento e tiña outras prioridades. Agora, despois de ve-las túas modificacións no artigo, penso que o entendo, e irei aproveitando iso. Xa postos, unha consulta. No artigo "José Lázaro Galdiano", na sección de Notas, xunto coas referencias, quería colocar un apartado de notas. Mirei na sección do Modelo, coloquei o código pero, por algo que se me escapa, non funciona ben e, ao final do artigo, sae unha mensaxe de erro. Puxen unha nota de proba (a nota 1), pero non sae no sitio. Cando poidas bótaslle unha ollada? Quedo agradecido. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 15 de decembro de 2020 ás 15:38 (UTC)[responder]

Comezo a responder polo final. Para que che funcione o grupo especial de referencias tes que lle poñer o mesmo nome exactamente en tódalas partes. Non che funcionaba porque nun lugar puxeras "Notas" co "N" maiúsculo e no outro "notas" co "n" minúsculo [4] (podes poñerlle o nome que queiras pero sempre o mesmo.

Cando lle collas o truco ó emprego do {{Sfn}} verás que é sinxelo e doado.

Detalles importantes para que funcione: nos libros incluídos na sección de bibliografía, con {{cita libro}}:

  • o autor debe ir con |apelidos= etc, non con |autor=
  • deben incluír o campo |ano=XXXX (non abonda co campo data, e o ano non debe levar nunca ligazón interna)
  • cada {{cita libro}} debe incluír un campo |ref=harv

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 15 de decembro de 2020 ás 21:22 (UTC)[responder]

@. HombreDHojalata.conversa Grazas. Iremos indo; a ver que se vai. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 15 de decembro de 2020 ás 23:24 (UTC)[responder]

Universidade de Beirut[editar a fonte]

Boas Maghoi. Estou marcando para o borrado as categorías que creaches relacionadas coa Universidade de Beirut por seren categorías que xa existen. Hai varias "universidades de Beirut", e neste caso é a de San Xosé de Beirut, que xa está creada. Na maioría dos casos hai un erro no título da categoría, ao faltarlle ao artigo a Líbano, sendo así "do Líbano". Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 11 de xaneiro de 2021 ás 21:21 (UTC)[responder]

@Breogan2008. Ola Breogan. Paréceme ben. O certo é que non me decatei do artigo. Grazas por estar máis desperto ca min. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 11 de xaneiro de 2021 ás 21:24 (UTC)[responder]

Ola MAGHOI. Graciñas por a revisión do artigo Serra. Estou sempre aperto a aprender de xente con meior dominio da lingua galega: os meus pais son galegos, e eu o aprendin (o galego falado que no o escrito), deles. Teño dos preguntas despois da tua revisión:

  • No texto correxido vin ista frase: "Dentro de unha serra". Seria mais correcto "Dentro dunha serra?
  • Engandin despois da tu revision a referencia a categorias das Serras galegas (no pé do artigo). Non sei si respeta o estilo da Galipedia.

. Un cordial saúdo. --PepTheVoyager (conversa) 31 de xaneiro de 2021 ás 00:55 (UTC)Serra[responder]

Revisión de Terra[editar a fonte]

Saúde. Grazas pola revisión que estas facendo do artigo. É incrible a cantidade de erros que pode haber despois dunha revisión que cría "a fondo". Hai un erro nunha referencia, que aparece ao final do artigo e non fun quen de arranxar. Se podes bótalle un ollo a ver se o amañas. --Viascos (conversa) 20 de febreiro de 2021 ás 22:20 (UTC)[responder]

@Viascos Bueno. por fin. Pedinlle axuda a HdH porque non atopaba o erro. Pero agora xa está corrixido. Tamén modifiquei un pouco a parte final porque, para min, había moitas imaxes e quedaba todo moi descolocado. Bo traballo. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 23 de febreiro de 2021 ás 12:06 (UTC)[responder]
Xa vin os cambios. Queda moito mellor a sección "A Terra vista desde o espazo", e tamén me fixei nas ligazóns vermellas que amañaches. --Viascos (conversa) 6 de marzo de 2021 ás 08:13 (UTC)[responder]

Tradición de imaxes[editar a fonte]

Quérome meter no tema da tradución de imaxes dende hai tempo, e íste pode ser un bo momento. Pódesme votar unha man? Cáles son os pasos a dar?: 1. Formato da imaxe de partida (jpg, png, svg...), 2 Programa para a edición, 3. Subida do arquivo a Commons, 4. Ligazón con outras versións, 5. Creación da páxina do arquivo en Commons (categorías, etc.)....

Estou a revisar a páxina desta imaxe que traduciches. Pode valer de referencia. Na páxina en inglés pódense engadir traducions das etiquetas (en galego están), mais non sei para qué vale iso.

Detectei un erro: en "Outras versións" aparece como versión en galego unha imaxe numerada

@Viascos Ola. Vaiamos por partes. 1.- Se é para unha tradución, sempre que se poida a imaxe debe .SVG porque permite un traballo moi doado. 2.- O programa que eu emprego é Inkscape (é software libre) e non é o máis amigable pero suficiente para a tradución. Tamén, ás veces, emprego para imaxes .JPG Paint.Net 3 e 5.-Na subida a Commons, hai que seguir o procedemento que indica a páxina, que nos vai guiando. Eu abro outra pestana co ficheiro orixinal e copio a maior parte da información (autor, licenza, categorías...).

Non sei a que te refires no 4. Finalmente, unha indicación que se daba (non lembro onde) é que o ficheiro se suba co mesmo nome que o orixinal pero engadíndolle na parte final do nome "-gl" para indicar que é a versión en galego. Espero que che sirva de axuda. A tradución, na maior parte dos casos, non ten maior problema. Si que é certo que hai veces que o ficheiro orixinal non o permite, en cuxo caso hai que pensar un pouco máis e, se é posible, entón emprego o retoque pero tampouco eu son un usuario moi avanazado. Máis nada, para qo que che poida axudar, avisa. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 7 de marzo de 2021 ás 11:01 (UTC)[responder]

Agradecemento[editar a fonte]

Grazas por estares aí como administrador, por desatascar a votación de como desdobrar os títulos (e tamén pola revisión de Geneviève Thiroux d'Arconville que volvía á vida na teoría). Lles (conversa) 15 de abril de 2021 ás 10:15 (UTC)[responder]

@Lles. Non se merecen. Faise e que se pode. Ti e outras tamén estades a facer un traballo enorme, e necesario, coas biografías femininas e outros aportes. Con tódolos atrancos que poidan aparecer, a cuestión é ir indo. Un saúdo cordial. MAGHOI (conversa) 15 de abril de 2021 ás 11:19 (UTC)[responder]

El Correo /Correo[editar a fonte]

Ola. A miña opinión é que crea máis confusión. Paréceme ben a creación da páxina El Correo que pode servir para localizar todos os periódicos que tiñan ese título, pero dado que hai moitos, e moitos galegos, creo que é máis operativo, e sobre todo máis práctico para quen quere localizar un periódico, diferenciar ambos títulos, ou polo menos mantelos. E sobre todo cando se refiren a "El Correo de Galicia" ou "Correo de Galicia", dado que existe confusión en moitas fontes ao citar o título. Non sei se che aclarei as dúbidas. Un saúdo. Xas (conversa) 12 de maio de 2021 ás 20:21 (UTC)[responder]

Crusader Kings II[editar a fonte]

Bos días, so quería preguntar por que desfixo a miña edición na páxina de Crusader Kings II. Aínda que non o puxen, o texto foi traducido da Wikipedia en español e as referencias collidas da Wikipedia en inglés. Un saúdo --Onda de lume (Conversa) 14 de maio de 2021 ás 11:35 (UTC)[responder]

Ola @Onda de lume. Debes perdoar. En realidade foi un erro. Non era consciente de facer tal cousa, e agora, ao mirar o historial comprobei que si. Desfixera a edición doutra páxina e debín premer dúas veces na tecla e aí foi onde marchou a túa edición. Xa está recuperada. Lembra atender ao da autoría. E perdoa polas molestias. Un saúdo MAGHOI (conversa) 14 de maio de 2021 ás 12:42 (UTC)[responder]


Eleccións municipais no Porriño[editar a fonte]

Ola. Grazas polos comentario, pero non o acabo de entender. Refíreste a retirar os datos das entidades locais menores (Chenlo, neste caso) e movelos á páxina principal do concello?Penidos (conversa) 5 de xuño de 2021 ás 15:55 (UTC)[responder]

Ola, de novo @Penidos. Si, efectivamente, referíame a iso. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 5 de xuño de 2021 ás 16:01 (UTC)[responder]
Estou de acordo con que os datos da ELM non están moi ben nesta páxina, pero manter un histórico na páxina principal do concello pode tamén quedar un pouco longo, na miña opinión. Non sería mellor ter una entrada propia do estilo Eleccións na ELM de Chenlo? Penidos (conversa) 5 de xuño de 2021 ás 16:25 (UTC)[responder]
@Penidos. Tamén valería. E outra posibilidade sería colocalo nunha páxina que xa existe que se refire a Chenlo, O Porriño. Normalmente, estas páxinas teñen só esa información; mais, neste caso, como é algo especial, e como xa ten un pequeno apartado de Historia, eu ampliaría ese apartado, cunha sección sobre os resultados das Eleccións municipais. A maiores, colocaría na sección de Outros artigos, ligazóns tanto á páxina do Porriño como á páxina de Eleccións municipais no Porriño. Deste xeito, coido que toda a información estaría conectada. Parabéns polo traballo e un saúdo.--MAGHOI (conversa) 5 de xuño de 2021 ás 16:49 (UTC)[responder]
Ola. Movín a información das eleccións na entidade local menor de Chenlo a un apartado específico de Política, en lugar de no de Historia (ao igual que aparece na páxina de Camposancos). Xa me dirás que che parece. Por certo, creo que agora xa se podería retirar a cabeceira de "Eleccións en progreso" da páxina Eleccións municipais no Porriño. Un Saúdo.Penidos (conversa) 6 de xuño de 2021 ás 10:45 (UTC)[responder]
@Penidos, paréceme perfecto. Grazas polo traballo. Unha aperta. MAGHOI (conversa) 6 de xuño de 2021 ás 16:38 (UTC)[responder]

Ficheiro[editar a fonte]

Hi! I have noticed that you have been busy checking and fixing file descriptions. That is great! Most files now have {{Information}} template. I think only about 140 files (+ 60 without a license) do not have that template. But some of the files however is missing some info. Have you thought of moving the files you have checked/fixed to Wikimedia Commons? --MGA73 (conversa) 28 de xullo de 2021 ás 15:22 (UTC)[responder]

Reversión en Inanna[editar a fonte]

Ola. Poderías ter a amabilidade de explicarme as razóns da túa reversión? Gustaríame coñecer que fixen mal e se foi tan grave como para reverter toda a edición no canto de corrixir o/os erros. Grazas Solotetes (conversa) 30 de xullo de 2021 ás 16:19 (UTC)[responder]

@Solotetes. Ola. Pois non fun consciente da reversión porque andaba fedellando no móbil e debín tocar algo sen querer. Efectivamente, a túa edición era correcta e xa está restaurada. Grazas por avisarme.
Por certo, xa que estamos: anímaste a ampliar algo máis o artigo? porque en mitoloxía e historia antiga, estamos algo escasos de artigos potentes. Se te decides podes traducir ou ampliar apartados do mesmo artigo de ca:wiki, que ten moitas referencias ou de en:wiki, na que é un artigo de calidade. Máis nada. Perdoa de novo, e un saúdo.--MAGHOI (conversa) 30 de xullo de 2021 ás 16:39 (UTC)[responder]
Moitas grazas. Xa vexo que o artigo é moi curto e, por exemplo, o da wiki inglesa é moi completo. Xa veréi.--Solotetes (conversa) 30 de xullo de 2021 ás 19:13 (UTC)[responder]

Intromisión[editar a fonte]

Sen problemas. Púxenlle o cartel porque ía comezar xa a amañalo pero entretívenme con outras cousas e aínda non empezara. Saúdos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Nonsonninguen (conversacontribucións) 18 de agosto de 2021 ás 19:51

Ola, Maghoi. Si, o artigo é curto de máis porque acabo de crealo. :) --Colexio Doroteas (conversa) 25 de agosto de 2021 ás 18:22 (UTC)[responder]

Ola, @Colexio Doroteas. Sen problema. Para que non volva suceder, cando esteas a editar un artigo que poida demorarse no tempo, podes colocarlle o marcador {enuso} e, deste xeito, quédache reservado e ninguén o tocará- O marcador ten unha duración máxima dun mes. Nota: o marcador vai con dúas chaves en cada lado. Pódelo ver colocado aquí. Un saúdo e a darlle duro. MAGHOI (conversa) 25 de agosto de 2021 ás 18:27 (UTC)[responder]
Ola, Maghoi. Entendo o uso do marcador "En uso". Tamén a paciencia axuda nestes casos: se a un usuario, cando fai algo, lle empezan a poñer marcadores e mandarlle avisos para que mellore o traballo, é fácil que non o encaixe ben. Agarda, e se ves que o editor deixa todo a medias, dálle un toque (dito isto co maior espírito construtivo).--Colexio Doroteas (conversa) 25 de agosto de 2021 ás 18:38 (UTC)[responder]
Ola, de novo, @Colexio Doroteas. Tes razón no que dis, por iso non puxen máis marcadores. Ten en conta que a idea dos marcadores é marcar. Quero dicir, que se non se pon nada, e non se volve editar, é fácil que o artigo quede así durante moito tempo sen que se poida localizar ou operar sobre el. Por iso, con ese, ou calquera outro marcador, quedar rexistrado e segundo se vaia facendo, se vai eliminando. Non é outra razón. En calquera caso, desculpa se che molestou e, como dixen antes: ánimo e a darlle duro. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 25 de agosto de 2021 ás 18:54 (UTC)[responder]

Redireccións e Cristovo[editar a fonte]

Ola! Vin que borraches a redirección que creara eu cara Cristovo. Está fundamentada na WP:RED de uso en "Erros habituais de escritura en nomes propios".Ademais está relacionada coas edicións da ip da que informéei hoxe no taboleiro de administración, polo que axudaría a evitar artigos duplicados, visto o contexto. Pode quedar así, só decidín comunicarcho porque non foi un erro, foi buscado; dei con fontes galegas pola rede que dan tamén esa grafía. Un saúdo.Maria zaos (conversa)

@Maria zaos O certo é que mirara algunhas das edicións desa ip e me pareceran sospeitosas e pensei que a redirección era un castelanismo pois xa lle borrara outros. Debeu ser un exceso de celo. De tódolos xeitos, como vexas, se ves que cómpre porque hai fontes, adiante, volve recreala. En fin, perdoa polas molestias. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 31 de agosto de 2021 ás 08:58 (UTC)[responder]

Categoría:Wikipedia:Imaxes para borrar[editar a fonte]

Ola compañeiro.

Grazas polo teu traballo administrativo na "Categoría:Wikipedia:Limpar". Porén, non des a esquezemento á súa irmá pobre, a "Categoría:Wikipedia:Imaxes para borrar" ;-) . HombreDHojalata.conversa 17 de setembro de 2021 ás 09:44 (UTC)[responder]

Ola, @. HombreDHojalata. Grazas polo aviso. O certo é que non entrara nunca. Xa está feito. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 17 de setembro de 2021 ás 15:49 (UTC)[responder]

Cambio ligazón linguas e elementos wikidata[editar a fonte]

Boas noites, moitas grazas por corrixir o erro que cometera á hora de conectar as ligazóns lingüísticas e por incorporar a táboa/elementos wikidata no artigo Asociación de Electores de Schleswig Meridional (SSW). Xa de paso quería preguntar por como se pode facer ese tipo de operacións. Moitas grazas.Xabade (conversa) 27 de setembro de 2021 ás 20:56 (UTC)[responder]

Ola Xabade. Parabéns polo traballo que estás a desenvolver. A ver se me explico. Ao traducires un artigo, na columna da esquerda, no fondo, adoita aparecer unha indicación que é "Linguas" e ten unha cor grisácea e unha icona dun lapis que indica "engadir ligazóns. Premendo nesa indicación, ábrese un cadradiño con dúas caixas: Lingua e páxina. Na primeira, metemos o código de lingua da páxina orininal que vimos de traducir (p. e. eswiki, cawiki, dewiki...) e na páxina, o título do artigo. Finalmente, picamos en Ligar coa páxina", e voilá: aparecen tódalas wikis que teñen ese artigo e xa queda ligado. Prememos "confirmar" e na seguinte pantalla "Pechar o diálogo e recargar....". Se todo vai ben, na esquerda, onde antes aparecía "Linguas", agora estarán as linguas que teñen ese artigo. E fin do proceso. Un saúdo. --MAGHOI (conversa) 29 de setembro de 2021 ás 09:26 (UTC)[responder]

Reversión da miña edición en Michael Alram[editar a fonte]

Boas. Non comprendo a reversión que fixeches da miña edición no artigo Michael Alram. Cal é o motivo? Grazas.--Moedagalega (conversa) 9 de outubro de 2021 ás 21:11 (UTC)[responder]

Ola, @Moedagalega. Pois tes razón, non entendo tampouco o motivo. Tivo que ser un erro. Perdoa e grazas por estar máis experto ca min. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 10 de outubro de 2021 ás 00:07 (UTC)[responder]

Wikipedias en linguas[editar a fonte]

Boas MAGHOI. Os datos dos que me falas actualízanse automáticamente cada día, polo tanto non sería moi exacto dicir que son de outubro de 2021, senón do día de hoxe. Ademais iso implicaría ir mudando esa indicación cada día en todos eses artigos. Se cadra hai un trebello que sinala o día actual de maneira automática, igual que na portada. Sabes se sería posible engadilo para facer a referencia temporal precisa e actualizada? Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 21 de outubro de 2021 ás 08:18 (UTC)[responder]

OK, @Breogan2008, entendido. Deses trebellos técnicos non coñezo demasiado pero si que sería interesante. Hei preguntar por se algúen controla máis deste asunto. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 21 de outubro de 2021 ás 10:27 (UTC)[responder]

How we will see unregistered users[editar a fonte]

Hi!

You get this message because you are an admin on a Wikimedia wiki.

When someone edits a Wikimedia wiki without being logged in today, we show their IP address. As you may already know, we will not be able to do this in the future. This is a decision by the Wikimedia Foundation Legal department, because norms and regulations for privacy online have changed.

Instead of the IP we will show a masked identity. You as an admin will still be able to access the IP. There will also be a new user right for those who need to see the full IPs of unregistered users to fight vandalism, harassment and spam without being admins. Patrollers will also see part of the IP even without this user right. We are also working on better tools to help.

If you have not seen it before, you can read more on Meta. If you want to make sure you don’t miss technical changes on the Wikimedia wikis, you can subscribe to the weekly technical newsletter.

We have two suggested ways this identity could work. We would appreciate your feedback on which way you think would work best for you and your wiki, now and in the future. You can let us know on the talk page. You can write in your language. The suggestions were posted in October and we will decide after 17 January.

Thank you. /Johan (WMF)

4 de xaneiro de 2022 ás 18:15 (UTC)

Proxecto pedagóxico e publicacións[editar a fonte]

Ola, a pesar de indicar que publicasen como borrador en subpáxina, algunha das persoas participantes neste proxecto están publicando no espazo principal. É o caso de Wiratni Budhijanto, do que che agradezo as correccións. Polo momento voulle poñer o marcador en uso, aínda que o máis xusto sería restaurar a versión que creou o usuario e movela a unha subpáxina, non sei que opinas. Lamento o inconveniente. FormacionWiki (conversa) 20 de febreiro de 2022 ás 20:59 (UTC)[responder]

Actualizo:tamén existe unha subpáxina da biografía, creada polo propio usuario.- FormacionWiki (conversa) 20 de febreiro de 2022 ás 21:47 (UTC)[responder]
Ola, @FormacionWiki. Xa vin o do proxecto, por iso non fixen nada até estar publicado e pensei que xa estaba rematado. Daquela, fai como che sexa máis cómodo, mesmo desfacendo a miñas edicións. Non hai problema. Noutra orde de cousas, aproveito para agradecer o do proxecto co alumnado. Un saúdo. --MAGHOI (conversa) 21 de febreiro de 2022 ás 15:40 (UTC)[responder]
Nada, finalmente imola deixar como estaba, porque xa se enviou a avaliar. Graciñas a ti.-- FormacionWiki (conversa) 21 de febreiro de 2022 ás 17:08 (UTC)[responder]

Ola, Maghoi! Como vai todo?

En relación co comentario coa páxina de conversa de Ficheiro:10-galicia cmyk.svg, quería darche as grazas polo mantemento que estás a facer como administrador. Aproveito para comentarche que existe Categoría:Imaxes subidas a Wikimedia Commons, con imaxes duplicadas por diferentes motivos (por exemplo, Ficheiro:SergioTannus.jpg foi subida na Galipedia e exporteina a Commons), que tamén se poden eliminar na Wikipedia, pois ao estaren co mesmo nome en Commons a ligazón funciona igual.

Unha aperta!! --Estevo(aei)fálame aquí 21 de febreiro de 2022 ás 22:19 (UTC)[responder]

Ola @Estevo(aei). Despistoume que ao ser unha adaptación de Elisardo estivese marcado como spam. Grazas pola aclaración. Bórroa e tamén a que comentabas. Unha aperta.--MAGHOI (conversa) 22 de febreiro de 2022 ás 08:41 (UTC)[responder]
Hi! I just came by to check how things are going on glwiki and I noticed this discussion. Files in Categoría:Imaxes subidas a Wikimedia Commons can be deleted unless there is some sort of problem. If you have a little time to spare it would be great if you could check and delete the files. If you think there is a problem please let me know and I will see if I can fix it. -- MGA73(conversa) 27 de febreiro de 2022 ás 10:08 (UTC)[responder]
Feito! Feito! MGA73 Thanks. --MAGHOI (conversa) 27 de febreiro de 2022 ás 20:57 (UTC)[responder]

Falar sobre a relevancia da páxina Daniel Álvarez Lamas - Evitar o borrado da páxina.[editar a fonte]

Ola Maghoi.

Son nova nesto da galipedia e wikipedia, escribín o artigo sobre Daniel Álvarez Lamas, baixo un enlace que xa estaba creado https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Entradas_de_Gallegos._Qui%C3%A9n_es_quien_en_la_Galicia_del_siglo_XXI, e preguntei sobre cómo facelo a un tal @atobar e díxome que fora facendo e así o fixen. Copio aquí aquela conversación.

Escribir sobre unha persoa que aparece nun artículo da galipedia Boas! Gustaríame saber se podo escribir sobre unha persoa que aparece neste enlace Wikipedia:Entradas_de_Gallegos._Quién_es_quien_en_la_Galicia_del_siglo_XXI co nome Daniel Álvarez Lamas e solicitar axuda xa que son nova neste mundo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Bethlem2809 (conversa • contribucións)

@Bethlem2809: por suposto. Ti vai facendo, e onde teñas problemas pide axuda. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 24 de xaneiro de 2021 ás 18:28 (UTC) Boas! Escribin na entrada desta persoa Daniel Álvarez Lamas, necesito axuda para mellorar o estilo do formato wiki, como dixen son nova nisto e gustaríame ter axuda para facelo correctamente. Estiven mellorando cousas, como añadir categorías, mellorar o estilo, aprendendo dos foros pero creo que queda bastante por facer.¿Poderíasme axudar e ver como facelo ben? Daniel Álvarez Lamas que viña do enlace Wikipedia:Entradas_de_Gallegos._Quién_es_quien_en_la_Galicia_del_siglo_XXI—o anterior comentario sen asinar foi feito por Bethlem2809 (conversa • contribucións)

Quisera que me poideras axudar para crear o artigo como ten que ser.

Daniel Álvarez Lamas, leva 20 anos sendo un persoa relevante no mundo do coaching e do desenrolo persoal, en Galicia, España e a nivel internacional. Ten relación con persoas moi recoñecidas no mundo do coaching a nivel internacional, como Joseph O´Connor, Robert Dilts, Otto Laske, etc...incluso lles fixo entrevistas. Escribiu 3 libros que ten publicados, ademais de facer conferencias, artigos, investigación publicada en medios internacionales, congresos de coaching en Galicia, traballar ca administración pública (Xunta de Galicia) en programas para o Sergas, tratando o problema do estrés, ademáis de facer moitos procesos de coaching e liderazgo con empresas como Repsol, Finsa, Unilever tamén foi profesor en dous masters, un na Universidade de A Coruña, e outra en Madrid, sobre Coaching Deportivo. Deu unha charla no TEDxGalicia, tamén ten conferencias realizadas en España e noutros países. Se me dis que información tería que mostrar e cómo facer o artigo, se me puideras axudar a poñelo como debe ser. Para min sería de gran axuda. Quedo pendente da túa resposta sobre o caso e así poder evitar o borrado da páxina.

Gracias, un saúdo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Bethlem2809 (conversacontribucións) 2 de marzo de 2022 ás 12:55 (UTC)[responder]

Ola @Bethlem2809. Na túa páxina de conversa, na benvida tes un feixe de ligazóns que te poden axudar a facer un artigo con xeito polo que compriría que lle botases unha ollada; tanto ao apartado de "guía de edición" como o que está un pouco máis abaixo sobre "políticas e normas". Non entendo o teu interese no tema (tampouco é da miña incumbencia) pero non sei se é algo persoal (non tes feito ningunha edición máis), pero entendo que, dende o meu punto de vista, o artigo non ten maior relevancia. É certo que é un "coach" e que ten escrito algún libro e dado algunha charla, pero sigo sen lle ver a relevancia. Non coñezo ese campo pero busquei algunhas cousas na rede e non me parecen significativas, máis aló da súa presenza en institutos privados que venden un produto polo que, mesmo, podería considerarse "spam". Pero xa digo, non coñezo o campo e presupoño a boa fe para que outros usuarios que controlen o tema aporten a súa opinión.
Sobre a axuda para ver que información hai que colocar, velaí o problema pois se hai que buscar unha información específica é que, quizais non a hai ou non é relevante. Prefiro non participar no tema e, de novo, recoméndoche que consultes as ligazóns anteriores. Iso si, o formato debe ser outro, e debe ter máis referencias; igual que noutros artigos. Do mesmo xeito, se che parece, podes traballar noutros artigos e, seguramente, verás as diferenzas con rapidez. E non te preocupes porque un artigo desapareza porque por aí pasamos todos e, fedellando, acábase aprendendo. Para calquera outra cousa, quedo á túa disposición. Ánimo e a darlle duro. Un saúdo. --MAGHOI (conversa) 2 de marzo de 2022 ás 18:14 (UTC)[responder]
Ola, de novo, @Bethlem2809. Antes pedías axuda, e podes ver un exemplo aquí que, aínda que ten algunhas eivas -a falta de referencias-, poderíache servir. Un saúdo. --MAGHOI (conversa) 3 de marzo de 2022 ás 17:41 (UTC)[responder]

Urxente (por se acaso)[editar a fonte]

Ola! Veño de publicar isto no TAD: Wikipedia:Taboleiro_dos_administradores/Problemas_varios#Multiples_redireccións_erradas_en_proxecto_pedagóxico.Estou conectada e co correo, por se precisas. Grazas! FormacionWiki (conversa) 10 de marzo de 2022 ás 20:06 (UTC)[responder]

Ola @FormacionWiki. Penso que xa está. Borrei algunhas cousiñas e coido que xa está todo correcto. De non ser así, avisa. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 10 de marzo de 2022 ás 20:16 (UTC)[responder]
Si, xa vin; movina e xa lle escribín. Graciñas!! .-- FormacionWiki (conversa) 10 de marzo de 2022 ás 20:18 (UTC)[responder]
@FormacionWiki Premín antes de tempo. Por certo, é de agradecer todo o traballo que pasaches co Proxecto, tanto na preparación como no desenvolvemento co alumnado. O dito, parabéns. Saúdos. --MAGHOI (conversa) 10 de marzo de 2022 ás 20:19 (UTC)[responder]
Aínda estamos, aquí rematará todo o 20 de marzo. Aínda que para editar/mellorar de cara a materia teñen ata 11 de marzo. Dígoo porque as veces se me pasan os movementos e non logro poñerlles en uso a tempo. :( FormacionWiki (conversa) 10 de marzo de 2022 ás 20:21 (UTC)[responder]

control de autoridades[editar a fonte]

Ola, Maghoi! Como vai todo?

No artigo de Miguel Anxo Bastos, a ligazón cara ao seu perfil en Dialnet xa aparece no Control de autoridades, polo que non hai necesidade de incluílo como ligazón externa. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de marzo de 2022 ás 15:03 (UTC)[responder]

Ola, @Estevo(aei). De acordo. Grazas polos aviso.--MAGHOI (conversa) 29 de marzo de 2022 ás 15:06 (UTC)[responder]

Funcionario[editar a fonte]

Ola, MAGHOI. A verdade é que non teño unha opinión formada sobre o tema. Vexo que efectivamente é un artigo que creara eu, pero hai agora 13 anos, polo que supoño que pertence a unha etapa na que lle dei prioridade a crear artigos moi básicos para ir enchendo a Wikipedia. Calquera resolución que acordades os que participades na páxina de conversa, a min hame parecer ben; incluído o borrado. Saúde e grazas por avisarme. --Atobar (conversa comigo) 19 de abril de 2022 ás 15:30 (UTC)[responder]

Botóns de administración[editar a fonte]

Ola, MAGHOI. Vin o problema que hai para darlle o botón de administrador a Estevoaei. Agardo que non lle pasase nada grave a XabierCid xa que en teoría só un burócrata ten os permisos para facelo. Igual comprerían dúas cousas: 1. Solicitalo acó explicando a inactividade neste caso aquí --> https://meta.wikimedia.org/wiki/Steward_requests/Permissions#Bureaucrat_access e 2. e máis importante: estaría ben ter unha persoa máis con permisos de burócrata. A min, pola referencia que teño do teu traballo parécesme un bo candidato, aceptarías os permisos de burócrata? Xa me contas, un saúdo.--Maria zaos (conversa) 17 de maio de 2022 ás 20:27 (UTC)[responder]

Ola, @Maria zaos. Xabier xa o amañou. Grazas polo interese. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 18 de maio de 2022 ás 08:01 (UTC)[responder]
Xa vin. Igualmente é necesario ter dous burócratas, polo que cando poidas, poderías indicar se aceptarías presentarte a burócrata? polo de abrir unha votación :). Saúdos.-- Maria zaos (conversa) 18 de maio de 2022 ás 10:22 (UTC)[responder]
Ola, MAGHOI. Desculpa a tardanza en contestar, iso ao primeiro. Polo demais, vexo que xa está o asunto arranxado, así que nada (de calquera maneira, eu estaba nas mesmas ca ti: ignoraba cal era o proceso a seguir para as atribucións de dereitos de administrador). Alédome de que estea xa a cousa encarreirada e aproveito para darche as grazas polo teu deseempeño. Saúde! --Atobar (conversa comigo) 18 de maio de 2022 ás 10:03 (UTC)[responder]

Falecido-a en María Antonieta de Austria.[editar a fonte]

Boa tarde, caro Maghoi,

Acabo de ver as túas reversións de falecida a finada de novo, as cuais xa sufriran reversións anteriores por min. Segundo me consta en dicionarios de sinónimos como o de <<Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.>>, o cal se pode consultar en http://sli.uvigo.gal/singal/, falecido é un sinónimo moi válido para finado, xa que falecer é un verbo en galego máis formal, en rexistros literarios e biográficos, que finar, de base máis popular. De aí, a miña elección polo devandito termo.

Por tanto, eu pediría que se me respectase a miña escolla inicial do falecido, xa que son o primeiro editor dese artigo.

Grazas, compañeiro --Nonso91 (conversa) 28 de maio de 2022 ás 14:59 (UTC)[responder]

Desculpa, xa vin que as desfixeches. Graciñas, meu. Nonso91 (conversa) 28 de maio de 2022 ás 15:01 (UTC)[responder]
Moi boas @Nonso91. En primeiro lugar, benvido de novo, pois xa vin que eres un editor dende hai moitos anos. En canto ás edicións anteriores, efectivamente, deixeinas como xa puxecheras porque os meus cambios foran froito dun erro. Pensei que eran na parte inicial do artigo, pois xa hai tempo, estableceuse unha fórmula no comezo no sentido de nome+nado en lugar e data +finado en lugar e data. Ao ver que era no interior do artigo, efectivamente, prima a túa como máis antiga.
Máis nada. Espero que nos vexamos en moitos artigos. Unha aperta. MAGHOI (conversa) 28 de maio de 2022 ás 15:16 (UTC)[responder]

Xares, A Veiga[editar a fonte]

Xares só ten unha entidade polo que crea unha duplicidade entre Xares, A Veiga e Xares, Xares, A Veiga, unha como parroquia e a outra como entidade. @Usuario:Estevoaei recomendoume redireccionar a entidade á parroquia e fusionar o contido. Fusionei o contido e redireccionei Xares, Xares, A Veiga a Xares, A Veiga. Deixei o contido vello por se se decide regresar á situación anterior. Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 20 de agosto de 2022 ás 20:05 (UTC)[responder]

Ola, Tiberio. Xa está realizado o traballo. Como xa fusionaras o contido, fusionei os historiais e quedou só un artigo Xarres, A Veiga; quedando Xares, Xares, A Veiga como redirección. Saúdos. MAGHOI (conversa) 21 de agosto de 2022 ás 12:37 (UTC)[responder]
Moi ben. Vexo que non pomos as festas dos lugares, nonsí? Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 21 de agosto de 2022 ás 14:26 (UTC)[responder]
@Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe)Feito! Feito!MAGHOI (conversa) 21 de agosto de 2022 ás 20:50 (UTC)[responder]
Fantástico!! Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 21 de agosto de 2022 ás 21:53 (UTC)[responder]

did you mean to delete?[editar a fonte]

Apologies for the english, I was trying to clean up here after an IP vandal and saw you deleted this after they tagged it and vandalized it. Did you mean to? It looked like it had a pretty extensive history unrelated to the vandalism. Praxidicae (conversa) 22 de agosto de 2022 ás 15:50 (UTC)[responder]

Feito! Feito!@Praxidicae Thanks--MAGHOI (conversa) 22 de agosto de 2022 ás 15:53 (UTC)[responder]
Could you please restore it? It was the deletion policy. Praxidicae (conversa) 22 de agosto de 2022 ás 15:57 (UTC)[responder]
Feito! Feito!@Praxidicae Now yes. Thanks again.--MAGHOI (conversa) 22 de agosto de 2022 ás 16:10 (UTC)[responder]

Primeira guerra mundial[editar a fonte]

Ola, Maghoi! Como vai?

O título da categoría debe ser "Batallas da primeira guerra mundial", con minúscula. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 15 de novembro de 2022 ás 18:14 (UTC)[responder]

Ola, @Estevoaei. Pois estaba intentado entender un pouco todo isto porque vexo algunha inconsistencia en non acabo de atoparlle o xeito. Explícome. Teño lido por aí, nalgunha discusión, que se chegara ao acordo de indicar, cando se fala de guerras os semellantes, só a primeira palabra en maiúscula. así o correcto serái "Primeira guerra mundial" e non "Primeira Guerra Mundial". Porén, atopo moitas formas con esta segunda forma e coido que o Breobor, modifícaas a esta forma.
Por outra banda, no caso que me avisas (volvín todo ao estado orixinal, penso) aparece Categoría:Batallas da Primeira Guerra Carlista ou Categoría:Batallas da Guerra das Galias ou Categoría:Batallas da Guerra de Sucesión Española. En fin, se che parece, indícame o criterio porque, ás veces, pérdome un pouco. Xa postos, penso que en "Categoría:Batallas da Guerra da Crimea", debería desaparece-lo artigo, non?. Un saúdo e grazas polo aviso. ‏‎ MAGHOI (conversa) 15 de novembro de 2022 ás 19:09 (UTC)[responder]
No artigo primeira guerra mundial podes ver, no cabezallo, que o DRAG indica (no exemplo da definición da palabra "triplano") que vai en minúsculas. O mesmo se aplica a outros conflitos bélicos, como a guerra civil española. Así, cumpriría mover Categoría:Batallas da Primeira Guerra Carlista (en consonancia co artigo principal, primeira guerra carlista), Categoría:Batallas da Guerra das Galias ou Categoría:Batallas da Guerra de Sucesión Española (neste caso tamén cumpriría mover, de feito, Guerra de Sucesión Española). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 15 de novembro de 2022 ás 19:24 (UTC)[responder]
Ok.@Estevoaei. Grazas. MAGHOI (conversa) 15 de novembro de 2022 ás 19:38 (UTC)[responder]
O que di Estevo como referencia non o é, senón só un exemplo de uso. É dicir, o DRAG non indica nada a este respecto. Vexo que na Fundación Fundeu dan a forma en minúsculas como preferente, pero tamén considera válida a forma en maiúsculas. E si, xa sei que se trata do Español urgente, pero esa sería unha referencia perfectamente aplicable. Pedro --Lameiro (conversa) 15 de novembro de 2022 ás 19:47 (UTC)[responder]
Claro que agora vexo que no caso de Primeira Guerra, aquí di que se debe escribir con maiúsculas. Cojonudo! Pedro --Lameiro (conversa) 15 de novembro de 2022 ás 19:47 (UTC)[responder]
Ola, @Lameiro. Grazas por achegarte a este lío. Efectivamente, en español admiten todo. Pero esperaba que no galego, a norma fose algo máis clara. Como respostei a Estevo, nalgunha outra ocasión se falou disto e tiña para min que só se colocaba maiúscula na primeira (exemplo: Primeira guerra mundial). Pero tanto nos títulos de artigos como, neste caso, nas categorías, aparece de todo. E de aí, o meu atordamento. Esperarei até que estea isto algo máis claro. Pero algo semellante ocorre cos nomes dos santos e dos papas (segundo teño entendido, agás excepcións, debe ser "san Pedro" e o "paps Francisco"). Quizais, deberiamo facer unha listaxe interna de dúbidas, como cos castelanismos, para poder consultalo cando cúmpra.
Así a todo, no exemplo que me puxo antes Estevo, mirei na Academia, e marquei unha das opcións como indicando que estaba mal, para ver se así me daban unha resposta á consulta. Saúdos. MAGHOI (conversa) 15 de novembro de 2022 ás 20:38 (UTC)[responder]

Non sei se algún día a norma será clara e a RAG fixará un criterio claro e único. Veño observando cada vez con más frecuencia unha postura ecléctica que dá por válidas as dúas formas (non neste caso das guerras, falo agora en xeral), quizais para evitar conflictos. Non sei. Tamén é certo que buscar coherencia interna dentro da Galipedia no relativo a estes usos formais, tamén me parece un imposible.

O caso é que acabo de atopar outra referencia en galego (para que non mo discutan) que dá por boa a escrita en maiúsculas. O DOG editou un Libro de estilo, en formato wiki, e afirma o seguinte: Divisións temporais, etapas, acontecementos históricos, festividades conmemorativas e relixiosas: "No caso das guerras só é necesaria a maiúscula na parte específica, agás no caso dos dous conflitos mundiais e da guerra española do 36, en que o uso fixou como nome propio toda a expresión: a Guerra Civil, a guerra das Malvinas, a guerra dos Cen Anos, a guerra do Golfo, a Primeira Guerra Mundial... (Wikidog.xunta.gal) (obviamente, as negritas son miñas). Hai máis casos que se escriben con maiúsculas e uns poucos con minúsculas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16 de novembro de 2022 ás 00:42 (UTC)[responder]

Grazas por todo, @Lameiro. Tomo nota. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 16 de novembro de 2022 ás 13:19 (UTC)[responder]

de "Netta"[editar a fonte]

Ola MAGHOI, o xénero Netta non foi descrito por Maximilian zu Wied-Neuwied. Mira a "Páxina de Conversa" Taxons descritos por Maximilian zu Wied-Neuwied. Un saúdo. XoioÉche o que hai 4 de decembro de 2022 ás 17:26 (UTC)[responder]

Ok @Xoio. Xa está corrixido. Grazas. MAGHOI (conversa) 4 de decembro de 2022 ás 18:15 (UTC)[responder]
Grazas, Eu aínda cometo máis erros, como poñer Secrición no canto de Descrición. Por outra parte, acabo de redactar (espero que sen erros) a páxina Limnodromus, xénero que describiu o príncipe e naturalista Maximilian zu Wied-Neuwied. --XoioÉche o que hai 5 de decembro de 2022 ás 18:45 (UTC)[responder]