Maximilian zu Wied-Neuwied
![]() ![]() | |
Nome orixinal | Alexander Philipp Maximilian von Wied-Neuwied |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de setembro de 1782 ![]() Neuwied, Sacro Imperio Romano Xermánico |
Morte | 3 de febreiro de 1867 ![]() Neuwied, Confederación Xermánica |
País de nacionalidade | alemá |
Actividade | |
Campo de traballo | Etnoloxía e historia natural ![]() |
Lugar de traballo | Brasil ![]() |
Ocupación | explorador, etnólogo, naturalista e zoólogo |
Membro de | |
Influencias | |
Pseudónimo literario | Baron von Braunsberg ![]() |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Wied-Neuw. ![]() |
Arquivos en |
|
Outro | |
Título | Conde ![]() |
Pais | Friedrich Karl zu Wied-Neuwied ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Allgemeine Deutsche Biographie ![]() |
![]() |
Maximilian zu Wied-Neuwied, nado en Neuwied o 23 de setembro de 1782 e finado na mesma vila o 3 de febreiro de 1867, foi un nobre (era príncipe) e explorador, etnólogo, naturalista e zoólogo alemán. Seguindo o exemplo de Alexander von Humboldt, emprendeu dúas expedicións de varios anos a América. Nas súas numerosas publicacións, fixo importantes achegas á botánica, zooloxía e etnoloxía do Brasil e de América do Norte. A Universidade de Jena concedeulle un doutoramento honoris causa en 1858. Máis de 50 nomes científicos de xéneros e de especies levan o seu nome e lembran as súas investigacións.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o segundo fillo do príncipe Johann Friedrich Alexander de Wied-Neuwied. O seu interese pola historia natural foi fomentada pola súa nai, Luise Fürstin e, máis tarde, ao frecuentar a Universidade de Gotinga, por Johann Friedrich Blumenbach.
Enrolouse no exército prusiano e foi feito prisioneiro na batalla de Jena, en outubro de 1806. Unha vez liberado, retornou ao exército, ascendendo até o grao de maior-xeneral en 1814, cando se retirou.[1]
Tivo amizade con dúas das figuras da nova ciencia natural, Johann Friedrich Blumenbach, antropólogo comparativo importante con quen estudou ciencias biolóxicas, e Alexander von Humboldt, que foi o seu mentor.
Wied conduciu unha expedición ao Brasil suroriental desde 1815 até 1817. Nestes tres anos estudou a flora e a fauna locais, así como as nacións amerindias da selva do norte de Río de Janeiro.[1] Estivo acompañado polo ornitólogo do sur de Frankfurt Georg Wilhelm Freyreiss e polo botánico berlinés Friedrich Sellow. Ao seu retorno, escribiu Reise nach Brasilien (1820-21) e Beiträge zur Naturgeschichte von Brasilien (1825-33).
En 1832 viaxou á rexión das grandes chairas de Norteamérica acompañado polo pintor suízo Karl Bodmer nunha viaxe polo río Missouri, escribindo Reise in das Innere Nord-Amerikas (1840) ao seu regreso. Durante o seu percorrido estudou as culturas de tribos tales como a dos Mandans e os Hidatsas, así como a flora e a fauna da área. Tamén viaxou a Honduras.
O príncipe Maximiliano recolleu moitos datos da etnografía e moitos espécimes da flora e a fauna das zonas exploradas, que aínda se conservan nas coleccións dos museos, especialmente no Lindenmuseum de Stuttgart.[1]


Algunhas obras
[editar | editar a fonte]- Reise nach Brasilien in den Jahren 1815 bis 1817 (1820)
- Beiträge zur Naturgeschichte Brasiliens (1824)
- Beiträge zur Naturgeschichte von Brasilien (1830-1831)
- Maximilian Prince of Wied’s Travels in the Interior of North America, during the years 1832 – 1834 (Londres: Achermann & Comp., 1843-1844)
- Brasilien, Nachträge, Berichtigungen, Zusätze (1850)
- Unveröffentlichte Bilder und Handschriften zur Völkerkunde Brasiliens (Bonn: Josef Röder e Hermann Trimborn, 1854)
- Maximilian Prince of Wied’s Travels in the Interior of North America, during the years 1832 – 1834. En: Early Western Travels, 1748-1848, 1906, (vols. 22-25) de Reuben Gold Thwaites
Honores
[editar | editar a fonte]Entre moitos outros, dedicáronse a Wied-Neuwied:
- (Orchidaceae) Neuwiedia Blume[2]
- Ramphotyphlops wiedii
- (Asteraceae) Helianthus maximiliani Schrad.[3]
- (Acanthaceae) Schaueria maximiliani Nees[4]
- (Aizoaceae) Braunsia maximiliani Schwantes[5]
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]- A abreviatura Wied-Neuw. emprégase para recoñecer a Maximilian von Wied-Neuwied como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.[6]
- A abreviatura Wied-Neuwied emprégase para recoñecer a Maximilian von Wied-Neuwied como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 NEU-WIED, Alexander Maximilian na Appletons' Cyclopædia of American Biography.
- ↑ Nov. Pl. Expos. 12. 1833 [Aug-Dec 1833]; later publ.: Tijdschr. Natuurl. Gesch. Physiol. 1: 140 1834 (IK)
- ↑ Ind. Sem. Hort. Gotting. (1835); ex Ann. Sc. Nat. Ser. II. vi. 1836 101 (IK)
- ↑ Fl. Bras. (Martius) 9: 106 (IK)
- ↑ Gartenwelt 1928, xxxii. 644 (IK)
- ↑ Todos os xéneros e especis descritos por Maximilian zu Wied-Neuwied no IPNI.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maximilian zu Wied-Neuwied |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Maximilian zu Wied-Neuwied |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- David C. Hunt, William J. Orr & W. H. Goetzmann, edits. (1984): Karl Bodmer's America. Omaha, Nebraska: Joslyn Art Museum. ISBN 0-8032-1185-6.
- John C. Ewers et al. (1984): Views of vanishing frontier Omaha, Nebraska: Joslyn Art Museum. ISBN 978-0-9363-6413-1.
- Marsha V. Gallagher et al. (1996): Karl Bodmer's eastern views: A Journey in North America. Omaha, Nebraska: Joslyn Art Museum. ISBN 978-0-9363-6426-1.
- Karl Bodmer [Brandon K. Ruud, edit.] (2004): Karl Bodmer's North American Prints. Omaha, Nebraska: Joslyn Art Museum. ISBN 978-0-8032-1326-5.