Conversa usuario:MAGHOI/2023

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquivo de mensaxes antigas:
desde novembro de 2015

Alófona (sociolingüística)[editar a fonte]

Síntoo, mais estivemos editando a un tempo Alófona (sociolingüística). Comproba que quedaron ás túas suxestións e desculpa se che borrei algo. Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 10 de xaneiro de 2023 ás 18:28 (UTC)[responder]

Boas, @Usuario:Tfeliz Non hai nada que perdoar. Eu metinme porque pensei que xa remataras, e xa está todo corrixido. Agora, estou modificando unha miga o mapa de Ontario e o subo nun momento. Un saúdo e a darlle duro que desa temática falta un mundo por facer.--MAGHOI (conversa) 10 de xaneiro de 2023 ás 18:33 (UTC)[responder]

Presentación[editar a fonte]

Olá, son o coordinador dun proyecto escolar con nenos e nenas de 5º de primaria. Hoxe decatámonos de que un artigo fora eliminado. Prego desculpas a comunidade e un pouquechiño de paciencia. Somos novatos, sobre todo os alumnos, e quero que collan gusto polo galego e por editar na Galipedia. Por iso se voltamos a olvidar o {{en uso}} o cometemos algunha infración, prego que me escribades na conversa e farei as rectificacions tan pronto como sexa posible.


Grazas pola túa comprensión. Miguelinmestre (conversa) 14 de marzo de 2023 ás 23:50 (UTC)[responder]

Ola, @Miguelinmestre. Non hai nada que desculpar. Efectivamente, ás veces ocorre algo como o que comentas porque é parte do proceso da comunidade. De tódolos xeitos, cando iso suceda, avisa, porque calquera dos administradores, ou eu mesmo, podemos recupera-lo artigo.
En todo caso, agradezo o traballo de difusión que realizas que, sen dúbida, ha ter valor no futuro. E xa sabes, para calquera cousa que estea nas miñas mans, como no resto dos administradores, non tes máis que contactar. Grazas de novo. Un sáudo. MAGHOI (conversa) 15 de marzo de 2023 ás 09:11 (UTC)[responder]
Moitas moitas grazas Miguelinmestre (conversa) 15 de marzo de 2023 ás 21:47 (UTC)[responder]

O meu primeiro artigo[editar a fonte]

Ola MAGHOI, acabo de crear o meu primeiro artigo nesta Wikipedia, chámase Braseiro, podes ver se está ben e poder acceder á comunidade sen ningún problema? Koqkpa (conversa) 3 de abril de 2023 ás 08:50 (UTC)[responder]

Ola, de novo, @Koqkpa. Acabo de revisa-lo teu artigo. Hai un par de cousiñas a mellorar: unha importante e outras algo menos. En primeiro lugar, como saberás, na Wikipedia, un tema relevante é o de recoñecemento da autoría. Dado que o teu artigo é unha tradución do artigo de en:wiki, debe aparecer ese recoñecmento. Nosoutros, normalmente, engadímolo na parte superior da páxina de conversa co formato como está agora (se non soubeses como facelo, xa cho indico). Se non é o artigo enteiro, senón unha parte, mesmo sendo importante, chega con indicalo no resumo de edición (cando se vai gardar).
En canto a elementos formais menos relevantes, aínda que se admite, eu persoalmente -que tamén traduzo bastante-, prefiro cambiar algo os modismos da lingua para que non quede como tan automático. Tamén, cómpre engadirlle, sempre que se poida, unha imaxe.
Pode haber algo máis, e para iso che recomendo que lle botes unha ollada na túa páxina de conversa ás ligazóns que che deixei na "Benvida"; sobre todo ao apartado Guía de edición/como se sedita unha páxina. Aí verás a estrutura que empregamos aquí (non é moi diferente pero si ten algúns cambios). Para calquera outra cousa, non deixes de consultar. Un saúdo e a darlle duro. MAGHOI (conversa) 6 de abril de 2023 ás 12:02 (UTC)[responder]

Por favor desfai o movemento de páxina que fixen, e devolveo ao seu estado, grazas Onda de lume (Conversa) 13 de abril de 2023 ás 11:14 (UTC)[responder]

Feito! Feito!Feito @Onda de lume. De tódolos xeitos, bótalle unha ollada por se queres engadir algo máis. Saúdos. MAGHOI (conversa) 13 de abril de 2023 ás 12:44 (UTC)[responder]

Boas MAGHOI! Quería agradecerche, aínda que cun pouco de atraso, as túas palabras na votación para artigo de calidade da tempada 2017-18 da liga feminina finlandesa de hóckey sobre xeo. Se ben non busco recoñecemento, sempre é agradable ver mostras de que outros valoran o traballo que un fai. Espero nos próximos artigos sobre o tema que faga poder manter o nivel e contribuir a que a Galipedia se convirta en referente neste eido (de feito, a Wikipedia en lingua inglesa xa ten tomado contidos nosos para mellorar artigos como o da Aurora Borealis Malja). Apertas e grazas de novo! Piquito (conversa) 24 de xuño de 2023 ás 19:40 (UTC)[responder]

@Piquito. Non hai nada que agradecer. Limiteime a dar unha opinión porque me parecía moi atractivo visualmente. Noutras ocasións temos debatido ideas sobre como conseguir máis editores ou visitas na Galipedia e penso que un xeito sería ese, facer artigos potentes cada un no campo que domine ou que lle interese e ti con artigos sobre música ou agora sobre esta nova temática, si que os fas. En todo caso, sigamos dándolle duro. Saúdos. MAGHOI (conversa) 25 de xuño de 2023 ás 00:25 (UTC)[responder]

Non fusionar[editar a fonte]

Boas MAGHOI! Paréceme que te metes co éuscaro, vexo que actualmente estás editando a páxina de Patxi Xabier Lezama Perier e propuxestes que o artigo se fusione con Fran Lezama Perier. O primeiro é escultor e o segundo Fran Lezama Perier é pintor e é o irmán. Estás a mesturar erroneamente o nome dun coa traxectoria do outro, co estilo dun, as exposicións do outro, o traballo dun, as referencias do outro e estás a desordenar por completo, aconsello que o deixes. como estaba, porque estaba ben. Para que me entendades, vouvos poñer un exemplo, é como Eduardo Chillida que é irmán de Gonzalo Chillida, ambos os dous artistas, pero nada que ver uns cos outros, estaría mal fusionalos. [[1]], [[2]]

Un saúdo e espero telo aclarado. 85.84.2.88 12 de xullo de 2023 ás 10:11 (UTC)[responder]

Grazas polo aviso. Perfectamente explicado. O certo é que vin inconsistencias pero tamén contidos comúns e non atopei mencións en ningún sentido da existencia de irmáns. Amañearei esta desfeita. Grazas de novo. MAGHOI (conversa) 12 de xullo de 2023 ás 10:16 (UTC)[responder]

Koulukarun lassikko[editar a fonte]

Boas MAGHOI! Para o artigo do Koulukarun lassikko estaría ben conseguir a ficha do partido, está na reportaxe do partido no sitio web da Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo pero non consigo abrilo. Poderías mirar se ti es quen de abrilo ou recuperar a páxina web na que se encontra? A ligazón da reportaxe é esta e tes que clicar antes dos resultados e a táboa onde di "Ilves-Blues -ottelun tilastot". Graciñas! Piquito (conversa) 16 de xullo de 2023 ás 18:22 (UTC)[responder]

Ola, @Piquito. Non hai maneira. A páxina debeu cambiar de sitio porque dá Erro 440. Mágoa. MAGHOI (conversa) 16 de xullo de 2023 ás 19:23 (UTC)[responder]
Vaia, grazas de todos xeitos. Piquito (conversa) 16 de xullo de 2023 ás 21:06 (UTC)[responder]

Compositor[editar a fonte]

Boas tardes, MAGHOI. Acabo de descubrir que compositor foi borrada varias veces, e vin que foi vostede quen a borrou por última vez. Eu penso que é necesario crear esa redirección cara composición musical, pero iñantes de facer iso prefiro preguntar se podo creala. Eu penso que sería útil, é mellor que ter ligazóns vermellas. Que opina? Espero a súa resposta. --Mark Gasoline (conversa) 9 de agosto de 2023 ás 18:51 (UTC)[responder]

Ola, @Mark Gasoline. Borrei a páxina porque tiña 179 bytes (literalmente 2 liñas) e era curto de máis. Porén coido que, ate que se faga un artigo máis amplo, é boa idea colocar unha redirección. MAGHOI (conversa) 9 de agosto de 2023 ás 19:07 (UTC)[responder]
Vale, entón vouna crear. Grazas e un saúdo. Mark Gasoline (conversa) 9 de agosto de 2023 ás 19:11 (UTC)[responder]

Condutas contrarias ás normas da Galipedia, vandalización e insultos[editar a fonte]

Bo día MAGHOI! Moitas grazas por revertir e eliminar un insulto que algún usuario puxo na miña páxina de conversa na Galipedia. Non entendo por que me dirixen ese insulto cando eu intento contribuir con artigos ben estruturados, con fontes fiables seguindo as normas de estilo da Galipedia. É o primeiro insulto que recibo. Dan ganas de non seguir editando e contribuíndo ao ler insultos sen culpa nin pena. Hai algún xeito de evitar que algún desaprensivo poida insultar a outro usuario e non poida poñer eses insultos? Graciñas e bo día!--MJSB73MP (conversa) 17 de agosto de 2023 ás 08:15 (UTC)[responder]

Ola, @MJSB73MP. Temo que non hai moito que facer. Dado que todo o mundo pode editar case todo, non queda outra que educar no respecto ao traballo dos demais e na educación. Só se pode revertir inmediatamente ese tipo de condutas e, en todo caso, dar un aviso a algún administrador para que proceda ao bloqueo dese usuario ou des ip. Iso foi o que fixen. Quedou bloqueado por 3 días e, de persistir na súa conduta, o bloqueo pode ser permannte.
Pero que iso non te desanime. Ás veces ocorren situacións deste tipo e, as máis das veces, son cuestións puramente aleatorias; alguén que pretende facer unha gracia. Normalmente, ao tomar algunha medida, acaban cansándose. O dito, non hai que lle facer máis caso do debido, o importante é continuar coa tarefa que nos teñamos poroposto. Ánimo e a darlle duro. Para o que precises, aquí estams. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 17 de agosto de 2023 ás 08:45 (UTC)[responder]
Grazas MAGHOI! Esperemos que esas condutas pouco cívicas non se reproduzan! MJSB73MP (conversa) 17 de agosto de 2023 ás 11:32 (UTC)[responder]

Aplicación das políticas[editar a fonte]

Boas MAGHOI, copio a mensaxe que lle mandara a Usuario:Estevoaei, xa que ti tamén es administrador e andas activo agora, a ver se podes mediar neste conflito. O pasado día 19 de agosto un usuario abriu unha votación para artigo destacado sobre Galicia, concretamente a Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Arsenio Iglesias, ata aí todo ben, con todo, un día despois (20 de agosto) o mesmo usuario, sen consulta previa á comunidade e sen pechar a votación, editou o resumo de portada (como podes ver aquí). Eu revertín a edición sinalando que "A votación para o artigo leva aberta un día. A votación non está pechada. O período de votacións, de acordo coa política é de 15 días. Non se consultou á comunidade se concordaba con acurtar o período de votación" e marquei a páxina co marcador de "lixo" para que algún administrador a borrara (algo que non ocorreu). A partir de aí comezou unha guerra de edicións ata que finalmente vin que o usuario en cuestión marcou a páxina como "en uso" para tentar evitar que eu novamente revertira a súa edición. Eu non son administrador e xa fixen máis do que debía, polo que te pido que sexas ti (como administrador) quen se poña en contacto co usuario para sinalarlle que a política de votacións establece uns prazos e que non pode unilateralmente saltalos porque si, xa que a política foi debatida, consensuada e votada pola comunidade. Este feito pode crear un precedente que logo complique o bo funcionamento do proxecto, xa que abre a porta a que calquera poida pechar votacións ou facer efectivos os resultados dunha votación antes de que esta finalice, provocando mesmo que fora preciso revisar gran cantidade de artigos, e polo tanto perder unha boa cantidade de tempo. Ben é certo que era preciso abrir a votación porque non había artigo destacado para o mes de setembro e que tiña cinco votos, pero iso non xustifica en ningún caso a actuación polas bravas sen consenso da comunidade (eu tería votado a favor de acurtar o prazo, pero opóñome a que a votación se peche antes se non se lle consulta á comunidade), no peor dos casos o artigo sairía na portada o día 3 de setembro (que non é un gran desfase), ademais, con cinco votos e quedando máis de dez días pode que a votación non saia adiante se dúas persoas votan en contra (o cal é posible). Non considero que non haxa mala fe, xa que se o usuario tivera actuado sen mala fe, no momento no que eu lle tivera sinalado os motivos de borrado da páxina tería consultado á comunidade se concordaba co procedemento en lugar de xogar co sistema insistindo por dúas veces en reverter o borrado da páxina. Un saúdo, Piquito (conversa) 23 de agosto de 2023 ás 11:35 (UTC)[responder]

Ola, @Piquito. Estiven mirando o que indicabas na nota anterior. Segundo eu o vexo, agora todo estaría correcto e como debería estar nun prinicipio. Explícome. Efectivamente, HdH, adiantouse ao facer o resumo da portada sen facelo no seu "taller" ou sen indicar {enuso}. Entendo que o fixo con boa intención para telo listo en caso de que a votación fose aceptada, como semellaba nese momento; e tamén é certo que a votación aínda non rematara. O que, penso que se lle pode achacar é que de non saír aceptada, sería traballo perdido.
Por outra banda, quizais, cando lle colocaches o marcador para ser borrado, açinda que indicaches o motivo no resumo, puideches falalo con el ou dicirlle que colocase o marcador {enuso}; eu o teño feito. E, igualmente, el tamén puido preguntarche polo marcador que colocaches ou por que estaba a facer o resumo sen ter rematada a votación; eu tamén teño preguntado cando se revirte algunha edición miña.
En calquera caso, a votación segue aberta, o marcador {enuso} está colocado e o tempo da votación tamén se mantén sen que teña habido máis cambios. Penso que así como está agora todo, é como debería estar dende o principio.
Perdoa que tardase en respostar pero onde estou a conexión é moi xusta. O certo é que na Galipedia somos poucos -témolo con¡mentado noutras ocasións- e as tarefas se acumulan e non sempre o facemos ben polo que, ás veces, hai choques, pero eu estou empeñado en superalos e seguir (espero non ter que desdicirme; je, je). Máis nada. Un saúdo e a seguir. MAGHOI (conversa) 24 de agosto de 2023 ás 22:18 (UTC)[responder]
Grazas por contestar. Un saúdo, Piquito (conversa) 25 de agosto de 2023 ás 14:32 (UTC)[responder]

Votacións[editar a fonte]

Ola MAGHOI. Cando abras unha votación debes poñer na páxina de votacións o modelo da votación creada, podes mirar no historial como o fixen eu. Isto aplica a todas as votacións de artigos. Un saúdo, Piquito (conversa) 26 de agosto de 2023 ás 14:28 (UTC)[responder]

Moitas grazas @Piquito. Estiven esta mañá un bo cacho inentado amañalo e non daba. Saúdos MAGHOI (conversa) 26 de agosto de 2023 ás 14:39 (UTC)[responder]
Desculpa, a páxina de votacións é Wikipedia:Artigo destacado/Votacións. Piquito (conversa) 26 de agosto de 2023 ás 18:33 (UTC)[responder]
Grazas@Piquito MAGHOI (conversa) 27 de agosto de 2023 ás 19:15 (UTC)[responder]

Son un desastre[editar a fonte]

Disculpa, Maghoi. Borrei, sen saber como, a túa edición. E moito me temo que tamén o fixen coa túa chamada de Atención. Arránxao, please, e de verdade que o sinto. Un saúdo, Pedro Lameiro (conversa) 2 de setembro de 2023 ás 19:30 (UTC)[responder]

@Lameiro, non hai problema, xa o modificou Poquito. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 2 de setembro de 2023 ás 21:24 (UTC)[responder]

Axuda para cambiar un escudo[editar a fonte]

Ola MAGHOI. Perdón se molesta, pero aínda ando algo perdida por aquí e queríache preguntar unha cousa. Hoxe estiven no Arquivo Municipal do Concello de Teo xa que estou recollendo información e falando da wikipedia, comentáronme se podía cambiar o escudo de armas nas wikipedias xa que o que hai non é o correcto. O arquiveiro mandoume o ficheiro correcto polo correo electrónico e cedeume os permisos para cargar a imaxen sempre que nome o concello. Ademais do escudo que aparece agora, tamén topei outro co nome de "escudo teo.jpg" que é o correcto pero os colores cambian lixeiramente. Cal sería a forma correcta de facer o cambio? Moitas grazas! FioredeCoira (conversa) 6 de setembro de 2023 ás 20:05 (UTC)[responder]

Ola, @FioredeCoira. Non molestas en absoluto; somos comunidade e estamos todos para iso, consultármonos dúbidas e aprendérmonos. En canto o tema do escudo de Teo, o tema é algo complexo. Na Galipedia só poden subirse imaxes sen dereitos ou imaxes nas que o propietario libera de dereitos a imaxe. Témome que no caso que comentas, o arquiveiro non é o propietario senón que será o concello. Daquela, como sucede en moitas webs de tipo oficial (a Xunta, outros concellos, organismos) na súa propia web colocan unha licenza que permite o uso (sempre que non haxa lucro, utilización comercial....). Nese caso, podería coller a imaxe e reutilizala sen problemas.
Unha vez chegado a isto, para corrixir o que hai, podería ser un particular que realizase a produción da imaxe e a liberase, de novo, de dereitos. Isto valería para a segunda imaxe que atopaches; pero, repito, tamén debe ser unha imaxe cunha licenza compatible. Tratarei de seguir co tema, pero xa che digo que é algo complexo. En calquera caso, non te cortes, e pregunta o que precises. Espero haberme explicado. un saúdo. MAGHOI (conversa) 7 de setembro de 2023 ás 16:20 (UTC)[responder]
Moitas grazas pola túa resposta. Explicácheste moi ben ^_^
Eu xa imaxinaba que o tema iba a ser mais complexo, por iso non a subín nin cambiei antes de preguntar. El, claro, díxome que levaba tempo tratando que cambialo, pero non se manexa na wikipedia; e que por culpa deste logo, teñen problemas cos provedores. Lle preguntarei si teñen o logo en algunha parte da súa páxina (porque busquei e non o topei), e se non, podo falar coa alcaldesa e seguro que axuda.
Xa iremos falando que seguro non será a ultima vez que teña que preguntar algo. De momento vou pouco a pouco, e tratando de mellorar o galego escrito ^_^' Un saúdo FioredeCoira (conversa) 7 de setembro de 2023 ás 20:07 (UTC)[responder]
Aquí estamos para cando queiras, @FioredeCoira. A ver se se pode ir amañando este tipo de cousas cun pouco de tempo. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 7 de setembro de 2023 ás 22:09 (UTC)[responder]
Bos días Maghoi,
Xa conseguín que nos poñan o escudo na súa páxina web. Ademais u outro día dinme conta que o escudo aparece nas paradas do bus. Teño que dicir que andan un pouco cabreados porque se haxa deixado un escudo que non é o correcto sen habelo comprobado, xa que leva desde o 2007, pero que agora se poñan tantas pegas por o que é o bo. Dito isto, cal sería o procedemento xa para cambiar a imaxe e cómo nombrala.
Moitas grazas e un saúdo, Fiore FioredeCoira (conversa) 21 de setembro de 2023 ás 09:56 (UTC)[responder]
Ola, @FioredeCoira. Alégrome polo cambio; vin a nova imaxe e a diferenza é en detalles (o tipo de ponte e o tipo de sables). Mandeille unha mensaxe á persoa que deseñou o escudo actual para ver se o pode modificar.
Porén, teño unha dúbida. Na páxina web, non se dá permiso para facer obras derivadas do deseño orixinal polo que non sei se será posible modificar o escudo e, no seu caso, modificalo na Galipedia. Se non estou equivocado, incorriríase non problema de dereitos de autor. Hei consultalo para ver como se pode facer. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 21 de setembro de 2023 ás 16:10 (UTC)[responder]
Ola Maghoi, moitas grazas pola túa resposta e perdoa a tardanza en contestar. Sei que son detalles, pero o escudo que aparece nas paradas do bus, no concello e en moitos sitios desde que se aprobou. A mi dixéronme que podedes usar o logo que está na mesma páxina web sen problemas, non fai falta que o fagades. Todos os logos que hai nas páxinas oficiales dos concellos, pódense usar sempre que no sexa para lucro e que non se modifique a imaxe en si FioredeCoira (conversa) 26 de setembro de 2023 ás 09:43 (UTC)[responder]
@FioredeCoira, consulto e se, efectivamente, se poidese empregar sen problemas, xa o mudarei inmediatamente. Saúdos. MAGHOI (conversa) 26 de setembro de 2023 ás 10:34 (UTC)[responder]
@FioredeCoira Feito! Feito! MAGHOI (conversa) 26 de setembro de 2023 ás 10:42 (UTC)[responder]
Moitísimas grazas Maghoi! :D
Van a estar moi contentos FioredeCoira (conversa) 26 de setembro de 2023 ás 10:56 (UTC)[responder]
Por certo, cambio-se só en galego. Pódese cambiar nos demais idiomas? Non teño problema de facelo eu, só por asegurarme antes de facer ningún cambio eu. :D FioredeCoira (conversa) 26 de setembro de 2023 ás 11:00 (UTC)[responder]
@FioredeCoira En principio, si. Non debería haber ningún problema. MAGHOI (conversa) 26 de setembro de 2023 ás 16:33 (UTC)[responder]
@FioredeCoira Feito na wiki española. Na catalá, é algo máis complicado, pero mirarei. Saúdos. MAGHOI (conversa) 26 de setembro de 2023 ás 16:42 (UTC)[responder]
Grazas pola túa ayuda. Sen embargo, ¿podes creer que xa alguén o cambió de volta na española? :( FioredeCoira (conversa) 26 de setembro de 2023 ás 22:03 (UTC)[responder]
@FioredeCoira. Efectivamente. Os da wiki española son moi especiais, sobre todo cos topónimos. Preguntei a que se debía o cambio porque o novo escudo é o correcto e non tiña problema de dereitos e dixéronme que o anterior era de maior tamaño (?) e que as diferenzas eran escasas. Sen comentarios. MAGHOI (conversa) 27 de setembro de 2023 ás 07:41 (UTC)[responder]
Si, xa me din conta. Borráronme xa varias páxinas que traducín do galego a o castelán. Lle pedín que cambiara o escudo e mandeille o enderezo que me deu o concello, porque non me sirve que non lle veña ben. Agradechen o cambio na galega :) FioredeCoira (conversa) 27 de setembro de 2023 ás 08:37 (UTC)[responder]

Votacións[editar a fonte]

Boas! Cando abras unha votación lembra incluíla na páxina de votacións, no caso dos destacados é Wikipedia:Artigo destacado/Votacións. Xa incluía eu a que abroches ti, podes ver no historial como facelo. Saúdos, Piquito (conversa) 16 de setembro de 2023 ás 09:04 (UTC)[responder]

Grazas, @Piquito. Cabesiñaaa. MAGHOI (conversa) 16 de setembro de 2023 ás 09:15 (UTC)[responder]

graciñas[editar a fonte]

Boas! grazas por retirarme a cita duplicada en Xerión (arte urbana). Ultimamente pásame isto bastante, creo unha cita (independente se uso o editor visual que o wiki)e veña, aparece repetida ao inicio do artigo ou en sitios raros. Sabes a que podería deberse?recoméndasme cambiar algunha preferencia de edición para evitalo? Graciñas! Maria zaos (conversa) 17 de outubro de 2023 ás 16:20 (UTC)[responder]

Ola, @Maria zaos. Pois é curioso iso, si. Non che teño nin idea de por que sucede; e sobre as preferencias de edición, eu teño o editor visual normal e en Trebellos-Edición, teño marcadas as cinco casiñas. Síntoo, pero non che sei dicir máis. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 17 de outubro de 2023 ás 16:33 (UTC)[responder]

petició pendent[editar a fonte]

Hola, podries fer aquesta petició pendent que fa que les imatges a {{xeografía política}} surtin malament ?. És copiar-pegar, però no ho puc fer perquè és en una pàgina protegida. Graciñas ! Amadalvarez (conversa) 19 de novembro de 2023 ás 06:32 (UTC)[responder]

@Amadalvarez Hola Realment no entenc res del que em preguntes. Al MediaWiki.Common.js català, no hi veig res. A efectes pràctics, digueu-me què he de copiar i en quina línia. A veure si així ho resolem. Perdoneu la meva ignorància. MAGHOI (conversa) 19 de novembro de 2023 ás 12:38 (UTC)[responder]
No entenc perquè l'enllaç no enviava on tocava. Prova amb https://ca.wikipedia.org/wiki/MediaWiki:Common.js.
T'ho enganxo aquí. Espero no es desmunti.
Ho pots enganxar a la línia 388 del https://gl.wikipedia.org/wiki/MediaWiki:Common.js
Merci
//###### comença codi per a plantilla de diapositives (grups d'imatges) #####
/* actualitzat 28-11-13 de de:MediaWiki:Common.js s'empra amb la plantilla:Galeria dinàmica d'imatges */
/** Skript für Vorlage:Galerie */
$(function() {
if (document.URL.match(/printable/g)) return;
function toggleImageFunction(group, remindex, shwindex) {
return function() {
document.getElementById("ImageGroupsGr" + group + "Im" + remindex).style.display = "none";
document.getElementById("ImageGroupsGr" + group + "Im" + shwindex).style.display = "block";
return false;
};
}
var divs = document.getElementsByTagName("div");
var i = 0, j = 0;
var units, search;
var currentimage;
var UnitNode;
for (i = 0; i < divs.length; i++) {
if (divs[i].className !== "ImageGroup") { continue; }
UnitNode = undefined;
search = divs[i].getElementsByTagName("div");
for (j = 0; j < search.length; j++) {
if (search[j].className !== "ImageGroupUnits") { continue; }
UnitNode=search[j];
break;
}
if (UnitNode === undefined) { continue; }
units = [];
for (j = 0 ; j < UnitNode.childNodes.length ; j++ ) {
var temp = UnitNode.childNodes[j];
if (['center', 'mw-halign-center'].some(function(className) { return temp.classList.contains(className); })) {
units.push(temp);
}
}
var rightlink;
var commentText;
var wrap;
for (j = 0; j < units.length; j++) {
currentimage = units[j];
wrap = document.createElement('div');
wrap.id = "ImageGroupsGr" + i + "Im" + j;
currentimage.parentNode.insertBefore(wrap, currentimage);
wrap.appendChild(currentimage);
var leftlink = document.createElement("a");
if (commentText !== undefined) {
leftlink.setAttribute("title", commentText);
}
var comment;
if (typeof(currentimage.getAttribute("title")) !== "string") {
commentText = (j+1) + "/" + units.length;
comment = document.createElement("tt").appendChild(document.createTextNode("("+ commentText + ")"));
} else {
commentText = currentimage.getAttribute("title");
comment = document.createElement("span").appendChild(document.createTextNode(commentText));
currentimage.removeAttribute("title");
}
if(rightlink !== undefined) {
rightlink.setAttribute("title", commentText);
}
var imghead = document.createElement("div");
rightlink = document.createElement("a");
if (j !== 0) {
leftlink.href = "#";
leftlink.onclick = toggleImageFunction(i, j, j-1);
leftlink.appendChild(document.createTextNode("◀"));
}
if (j !== units.length - 1) {
rightlink.href = "#";
rightlink.onclick = toggleImageFunction(i, j, j+1);
rightlink.appendChild(document.createTextNode("▶"));
}
imghead.style.fontSize = "110%";
imghead.style.fontweight = "bold";
imghead.appendChild(leftlink);
imghead.appendChild(document.createTextNode("\xA0"));
imghead.appendChild(comment);
imghead.appendChild(document.createTextNode("\xA0"));
imghead.appendChild(rightlink);
if (units.length > 1) {
wrap.insertBefore(imghead, wrap.childNodes[0]);
}
if (j !== 0) {
wrap.style.display = "none";
}
}
}
});
//###### finalitza codi per a plantilla de diapositives ##### Amadalvarez (conversa) 19 de novembro de 2023 ás 14:07 (UTC)[responder]
Ola, @Amadalvarez.Ara ho entenc però quan vaig a fer-ho a la pàgina, efectivament, està protegit i sembla que no tinc permisos. He avisat altres administradors per veure si poden solucionar-ho. Ho sento pel mareig. salutacions MAGHOI (conversa) 19 de novembro de 2023 ás 14:30 (UTC)[responder]
ha ha ha !. A veure si et fan cas. Merci Amadalvarez (conversa) 19 de novembro de 2023 ás 14:40 (UTC)[responder]

citas harvard[editar a fonte]

Ola! Primeiro de todo, moitas grazas polos amaños no artigo de Juana Capdevielle. Acábome de enterar que é candidato a calidade. Nos artigos de calidade os criterios son "Ser consistentes no uso de referencias e citas ao pé seguindo un mesmo padrón para todas elas, ben en formato detallado ou ben en formato curto tipo Harvard cando sexa axeitado". Comecei a facelas tipo Harvard, como vexo que estás a introducir (Sen modelo) e logo pasei a seguir o mesmo padrón para todas, indicando a páxina para cada cita diferente. Gustaríame que se mantivese o formato que escollín de cita completa con modelo, xa que van coa páxina detallada na maioría e xa non teño as fontes xa para revisalos se ocurren erros. É posible que me deixara algunha sen agrupar en reutilización, e agradezo todo o traballo, pero por favor, tede coidado de non reutilizar citas que indican páxinas distintas, xa que deben ir en citas separadas. Dígoo porque xa me aconteceu anteriormente, que me fixeches unha modificación de reutilización dunha cita que era de páxinas diferentes na fonte, e non é correcto. Graciñas! Maria zaos (conversa) 3 de decembro de 2023 ás 22:15 (UTC)[responder]

Ola, @Maria zaos. Sinto terche dado traballo de máis. A miña intención era ir modificando as referencias para deixalas cun formato reducido apelido+data+nº de páxina para podelas enganchar desposi co "harv" e que dende a referencia no texto, se fose direcamente cara á bibliografía. Este formato coido que era máis amigable que repetir sistematicamente toda a referencia modificando soamente o número de páxina que supón unha repetición innecesaria (como pasa, por exemplo, nas referencias 38-39-40-41-42). En todo caso, tes razón, a primeira editora marca a pauta.
Síntoo de novo. Saúdos. MAGHOI (conversa) 4 de decembro de 2023 ás 11:37 (UTC)[responder]
O certo é que non son a primeira editora, era un artigo que veu traducido de eswiki en 2007. Eu amplieino a partir dunha petición que me fixeron para retirar marcadores de referencias. Saíronme bastantes incoherencias e acabei refacendoo enteiro, practicamente. Tes o resumo dos datos incorrectos que lle fixen a quen me solicitou a retirada de marcadores acó. Se eu estou dacordo en que son máis estéticas as Harvard, pero o certo é que aí sigue como criterio de artigo de calidade o de manter un único estilo de cita (tamén porque é así no mundo non wiki, non se poden misturar distintos modelos de citas no mesmo texto) e por iso o cambiei a modelo de cita completa con todos. É unha mágoa que non se poidan anidar as completas como permite as Harvard. Igual hai algunha maneira para anidalas e a min se me escapa, ollo, non sei, eu buscar busquei. Un día habería que mirar se nos faltan cousas/funcionalidades que importar do módulo referencias, porque igual ten solución. En todo caso eu me quedo co detalle de axudarme a mellorar o artigo e agradezoo de corazón. En realidade hai bastantes artigos de calidade que misturan estilos, eu que sei, o único que me preocupa é que se perdan/misturen as referencias, xa que para redactalo o máis neutral posible a orde das páxinas escollidas e das citas mostradas é moi importante especialmente nos últimos días desta figura, xa que unhas fontes apoian só unha parte do texto e outras outra, e así varias nunha mesma frase, de aí a miña preocupación. En fin, o dito, que os artigos non son de ninguén e tampouco son a primeira editora, polo que solo podo expresar o meu parecer e pouco máis, non vou entrar en guerra de edicións tampouco. Graciñas de novo e perdoa o rollo. Maria zaos (conversa) 6 de decembro de 2023 ás 22:52 (UTC)[responder]

xeografía política[editar a fonte]

Boas, Maghoi. Na transición ós modelos de xeografía política o último nivel incluído vai ser o concello. A resposta curta é que o que non está en Wikidata non existe e nin as parroquias nin os lugares están de todo formatados en Wikidata. Faise o que se pode a todo filispín, pero son máis de 37000 e suman outros problemas en wikidata. Por esta razón non se vai colocar este modelo novo de cadro de información nin en parroquia nin en lugar nesta fase. Vou desfacer as túas edicións, síntoo, esta circunstancia foi informada dende a proposta inicial das infotaulas. Saúdos Maria zaos (conversa) 6 de decembro de 2023 ás 22:12 (UTC)[responder]

Sábeme mal andarche a chafar o traballo, semella que son sempre unha negativa. Basicamente é que non dou feito. Aínda non puiden facer os videos dos alcades sequera, desculpa.
Se tes gana de coller tarefas relacionadas coas infotaulas hai dúas pendentes, nas que o teu peso como administrador é un plus:
1. Como xa temos un administrador de interface, hai que modificar o código segundo che comentaba Amador máis arriba. Penso que sigue pendente, porque vexo as categorías medrar aínda, pero igual está xa solucionado
2. Fixen unha consulta xa que os números aparecen nas caixas co punto de separación de miles. Aquí tes toda a resposta. Nós temos indicado dentro dunha política o uso dos espazos duros, pero a verdade é que o seguimento é algo irregular cando comezas a mirar artigos: hai quen usa espazo e hai quen non. Aquí comecei a recompilar fontes para a xustificación lingüística (para non ter, na medida do posible, ter que votar unha nova política), pero aínda non tiven tempo a redactar a proposta. Como verás na resposta que me deron o cambio afecta a toda a configuración en glwiki, pero semella que non ten riscos asociados. Se queres botar unha man e presentar ti este tema á comunidade sería estupendo. Se non, a ver, cando teña un momento logo de arranxar o tema capitais. Graciñas! Maria zaos (conversa) 6 de decembro de 2023 ás 22:34 (UTC)[responder]
@Maria zaos . Ok. Entendido. Deixeime levar pola emoción. Saúdos. MAGHOI (conversa) 7 de decembro de 2023 ás 12:28 (UTC)[responder]

formatos e referencias[editar a fonte]

Boas, Maghoi. Síntoo pero non vexo onde está o problema. Dáme máis datos se teño que corrixir algo. Grazas, Pedro Lameiro (conversa) 29 de decembro de 2023 ás 23:47 (UTC)[responder]

  • Xa, agora entendo a que te refires. O caso é que ese formato (a referencia despois do punto) paréceme un erro tipográfico, un espanto, algo ó que me resisto (xa me costou afacerme a pegar a referencia á palabra, e non deixar un espazo, como me pide o corpo). Vexo nos textos escritos (de entidades serias e académicas) as dúas formas de facelo, e mentres poida teimarei en escribir palabra-referencia-punto. Tiña fotocopiado un manual de ortotipografía da UNED, pero nin idea de onde pode estar. Buscareino e xa che direi. Un saúdo na tranquilidade de que non me molesta en absoluto o teu tirón de orellas. Pedro --Lameiro (conversa) 30 de decembro de 2023 ás 00:15 (UTC)[responder]