Saltar ao contido

Serra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo Serra[1] pode referirse a:

  • Unha serra é unha ferramenta ou máquina que se emprega para cortar madeira ou outros materiais duros:
    • Serra de calar, tipo de serra utilizada para cortar curvas arbitrarias, como deseños de modelo ou outras formas, caladora;
    • Serra de arco, tipo de serra para cortar principalmente madeira, composta por un arco durábel e unha lámina de serra que pode ser substituída cando o desgaste chega ao límite;
    • En medicina é un instrumento cortante cunha folla de aceiro que se emprega para a sección de estruturas óseas.[2]
  • Serra, industria na que hai serras mecánicas para serrar a madeira, serradoiro;
  • Serra, sucesión de montañas que pola súa forma recorda unha serra, cadea;
  • Peixe serra, Pristis pristis, peixe da familia dos prístidos, de corpo lixeiramente achatado e fociño prolongado nunha lámina cartilaxinosa estreita e plana, bordeada dunha ringleira de dentes fortes e aguzados;
  • Serra, Scomberomorus brasiliensis, especie de peixes da familia Scombridae na orde dos Perciformes;
  • Lagarta da serra, Iberolacerta monticola, lagarta endémica do noroeste da Península Ibérica.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza
Fóra de Galiza
Na Comunidade Valenciana
No Brasil
En Italia
En Portugal
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para serra.
  2. Diccionario galego de termos médicos. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]