Conversa usuario:Xabade
Benvido á Galipedia, Xabade!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 16 de decembro de 2013 ás 08:33 (UTC)
Referencias en contribucións recentes
[editar a fonte]Ola, Xabade. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.
Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref>
despois da información, poñendo no lugar de referencia
a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}}
ou {{Cita web}}
. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:
Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 25 de xaneiro de 2021 ás 21:41 (UTC)
Formato
[editar a fonte]Ola Xabade. Algúns dos teus artigos non seguen o formato wiki da Galipedia como en Asemblea Federal da Rexión Galega e non contan con referencias nin con categorías. Poderíalo mellorar un pouco. Tes como axuda para o formato diversos epígrafes, na parte superior, da estrutura da Benvida. Grazas. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 28 de xaneiro de 2021 ás 10:12 (UTC)
- Ola, Xabade. Moi wai estes artigos que acabas de crear. Son moi interesantes. Xa vexo que xa fixeches algunhas cousas das que che indicou MAGHOI, pero non te inquedes. Estás empezando e xa irás facendo as cousas pouco e pouco. Ademais, se hai cousas que non fas aínda, como o de poñer categorías, xa virá outro usuario poñerllas, que esta é unha obra grande e que facemos entre todos. :) Dígoche algunhas cousas, para que se queres teñas en conta.
- Se queres poñer listaxes, podes facelo cun asterico. Iso vaiche resultar moi cómodo.
- Se queres poñer ligazóns, na barra superior, cando editas tes unhas especie de elo, que che vai facer o traballo moi cómodo (aínda que xa vexo que o fas moi ben).
- O das categorías é moi sinxelo en canto lle colles o tranganillo, e de feito creo que noutros artigos xa as empregaches. Pero en concreto nese artigo da Asemblea saber en que categorías o pos, pois non é sinxelo. Vou tentar facelo eu, pero seguramente che pida axuda. Co sistema "visual" é supersinxelo, pero metelas a machete é máis lioso. O caso é que non lembro como se fai para habilitar o sistema de categorñias visuais.
- As referencias: temos costume na Galipedia, dende hai moitos anos, de chamarlles 'Notas'. Pero non te inquedes por esas pequenas cousas. Se lle pos fontes, alguén nalgún momento xa o mudará por Notas.
Un saudiño, e moitas grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 28 de xaneiro de 2021 ás 16:18 (UTC)
Axudas ortográficas
[editar a fonte]Ola Xabade. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O corrector ortográfico de Firefox do Proxecto Trasno.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 28 de xaneiro de 2021 ás 21:50 (UTC)
Moitas grazas --Xabade (conversa) 28 de xaneiro de 2021 ás 22:42 (UTC)
Isaac Herzog
[editar a fonte]Ola, Xabade. Bo traballo o que estás a facer, tapando algúns buratiños. No artigo de Isaac Herzog, na súa páxina de conversa indicas a fonte do artigo pero non o asinaches. Se che parece, eu cando traduzo un artigo, na páxina de conversa indico a fonte empregando este formato, e queda un cadradiño bastante chuli (pódelo ver en Conversa:Claustra Alpium Iuliarum). Pégoche as intrucións por se o queres facer e así queda agrupado nunha páxina de orixes das traducións. Son estas
- Normalmente, métese na páxina de conversa do artigo cunha estrutura determinada porque permite facer categorías e estatísticas automáticas. Serían 5 elementos separados por | (normalmente conséguese con AltGr+1)--> {Traducido de|código da lingua|Texto en cursiva|artigo orixinal|Texto en negra|data da tradución|Texto en negra|número da revisión} ////Aquí poño só unha chave, para que non apareza código.
O proceso sería así:
- Ábrense e péchanse con 2 chaves
- Escríbese: "Traducido de"
- Código da lingua (en, para o inglés; es para o castelán; it, para italiano)
- Artigo orixinal (nome do artigo orixinal)
- Data de tradución (cóllese da páxina do historial; normalmente será o derradeiro; formato: dd-mm-aaaa)
- Nº de revisión (na mesma páxina do historial, premendo sobre a data ; verás que aparece na barra de menú do explorador que teñas onde se fai referencia ao artigo no que estás (https://it.wikipedia.org....... e todo o demais) un número (que é o número despois de "&oldid="). Pois, ese é o que se copia.
Máis nada. Se tiveres algunha dúbida non te cortes epregunta. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 1 de xuño de 2021 ás 21:12 (UTC)
Moitas grazas polas indicacións. Terei conta delas! Graciñas de novo Xabade (conversa) 1 de xuño de 2021 ás 21:38 (UTC)
Naftali Bennett
[editar a fonte]Ola, Xabade. Lembra que hai que cómpre facer o recoñecemento das fontes das que se parte. Se o artigo non é de creación propia, temos que indica-la orixe. Refírome ao artigo Naftali Bennett.
Xa postos, outra cousiña. Na sección anterior desta túa páxina de conversa, vexo unha resposta anterior que a min non me chegou. Coméntoche. Hai dúas posibilidades para respostar a un usuario: ou ben na páxina de conversa do usuario, abrino unha nova sección e, no título poñemos (RE:o que corresponda), ou coma neste caso, podes respostar dende a túa páxina seguindo o fío; mais para que lle/me chegue, a resposta debe ter a seguinte forma @nome de usuario (resalto para que se diferencie; na pantalla de edición sería: @[[Usuario:nome|nome]]). Máis nada, un saúdo e a darlle duro. MAGHOI (conversa) 14 de xuño de 2021 ás 09:10 (UTC)
@MAGHOIBos días: Incorporo as túas indicacións. Moitas grazas pola axuda e comprensión. Saúdos: Xabade
Detalliño
[editar a fonte]Ola, de novo, Xabade. Estou seguindo o teu estupendo traballo en Benjamin Netanhayu, e vexo como vai medrando progresivamente. E quería comentarche só un detalliño. As referencias é mellor que vaian despois dos puntos ou/e das comas, como se indica aquí; en concreto, no subapartado Como crear as citas ao pé. Eu xa fun modificando case todas as anteriores e son un detalliño sen moita importancia, pero así o artigo quedará perfecto. Un saúdo e a seguir así. MAGHOI (conversa) 21 de xuño de 2021 ás 17:53 (UTC)
@MAGHOI Moitas grazas polos azos e polas indicacións. Vouno corrixir proximamente. Grazas de novo Xabade (conversa) 21 de xuño de 2021 ás 18:15 (UTC)
Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia
[editar a fonte]Ola Xabade.
Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.
Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:
- A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
- →
- → Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
- → Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
- → A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
- → Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
- Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 4 de xaneiro de 2022 ás 08:36 (UTC)
- @Estevoaei Graciñas pola indicación, intento telo sempre presente: poderías sinalarme o artigo en cuestión para emendalo? Gracias, saúdos: Xabade (conversa) 4 de xaneiro de 2022 ás 09:14 (UTC)
Asembleas estadounidenses
[editar a fonte]Ola, Xabade. Grazas polos artigos sobre as cámaras estadounidenses. Só un par de detalliños: lembra que non adoitamos colocar dous puntos despois dos títulos "Outros artigos" ou "Ligazóns externas". E en segundo lugar, se queres, procura colocar antes o control de autoridades, antes das categorías. Un saúdo e a seguir.--MAGHOI (conversa) 29 de agosto de 2022 ás 08:19 (UTC)
- Boas tardes, incorporo os consellos @MAGHOI! Graciñas, saúdos: --@Xabade 29 de agosto de 2022 ás 12:52 (UTC)
Patrimonio Galego
[editar a fonte]Ola, Xabade! Como vai?
Existe o Modelo:Patrimonio Galego, que facilita o uso de ligazóns externas cara á súa web. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 21 de novembro de 2022 ás 12:08 (UTC)
Moitas grazas polo consello, @Estevo(aei) Tereino presente no futuro. Graciñas de novo Xabade (conversa) 21 de novembro de 2022 ás 13:17 (UTC)
Timoteo Sánchez
[editar a fonte]Estiven á procura na hemeroteca dalgunha necrolóxica de Timoteo Sánchez Freire, pero non atopo ningunha de seu, vese que ninguén a enviou á prensa. Coido que só aparece esta conxunta cunha monxa. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de setembro de 2023 ás 12:07 (UTC)