Luiz Carlos Prates
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xaneiro de 1943 (81 anos) Santiago, Brasil (pt) |
Educación | Pontificia Universidade Católica do Río Grande do Sur Colégio Nossa Senhora do Rosário (Porto Alegre) (pt) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, psicólogo, escritor, locutor de radio |
Sitio web | luizcarlosprates.com.br |
Luiz Carlos Prates, nado en Santiago, Río Grande do Sur (Brasil), o 26 de xaneiro de 1943 é un escritor, conferenciante, ensaísta, xornalista e psicólogo brasileiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Prates, fillo único, viviu até os sete anos nunha herdade na súa cidade natal en Río Grande do Sul. Posteriormente, trasladouse a Santa María, no mesmo estado, onde pasou a adolescencia
Comezou a súa carreira nos anos 60 como locutor deportivo de Rádio Porto Alegre. Entre 1964 e 1969 foi correspondente no Brasil da U.S. Voz América.
Licenciouse en psicoloxía nos anos 70 na Pontificia Universidade Católica do Río Grande do Sur.
Foi comentarista deportivo en catro campionatos do mundo de fútbol: de 1978 a 1990.[1]
En 1981 mudouse entre Criciúma e Florianópolis, no estado de Santa Catarina, onde traballou en TV Eldorado e TV Record. En 1983 converteuse en coordinador deportivo de RBS TV, onde comentou partidos de fútbol e converteuse en comentarista. De 2011 a 2015 traballou en SBT Santa Catarina.
Dende abril de 2018, traballa co Grupo Comunicações RIC.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (19-6-2010). "Luiz Carlos Prates na intimidade". nsctotal.com.br (en portugués). Consultado o 7-9-2020.
- ↑ Redacción (20-4-2018). "Luiz Carlos Prates é o novo integrante contratado pelo Grupo RIC". ndmais.com.br (en portugués). Consultado o 7-9-2020.
- ↑ Redacción (23-4-2018). "Grupo RIC anuncia a contratação do jornalista Luiz Carlos Prates". carosouvintes.org.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 07-09-2019. Consultado o 7-9-2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Website persoal (en portugués)