Wiratni Budhijanto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWiratni Budhijanto
Biografía
Nacemento7 de febreiro de 1973 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Yogyakarta, Indonesia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndonesia Editar o valor em Wikidata
EducaciónWest Virginia University (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira química Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Gadjah Mada (pt) Traducir, professor associado (pt) Traducir (1996–) Editar o valor em Wikidata

Wiratni Budhijanto, nada en Yogyakarta o 7 de febreiro de 1973, é unha enxeñeira química indonesia e asesora científica na elaboración de leis relacionadas coa ciencia do seu país.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en enxeñaría química en 1996 na Universidade Gadjah Mada[1] de Indonesia e realizou un máster en 1996. Posteriormente foi ós Estados Unidos e obtivo o seu doutoramento na Universidade de Virxinia Occidental (WVU) en 2003 coa súa tese Basic theory and experimental approach to characterize flow and fracture properties of fine powder bulk body.[2][3][4][5]

Nesa mesma universidade realizou as súas prácticas de investigación en enxeñaría de bioprocesos no Laboratorio de Bioreacción e despois continuou como investigadora visitante no Departamento de Enxeñaría Biolóxica e Medioambiental da Universidade Cornell, tamén dos Estados Unidos. Especializouse na enxeñaría de bioprocesos e concretamente no área de deseño de biorreactores, produción de procesos químicos, materiais biorenovables e tratamento de augas residuais.[4]

Ao longo da súa traxectoria obtivo varias bolsas, en 2015 a da ASEAN-US (Asociación de Nacións do Sueste Asiático e a Misión dos Estados Unidos) para ciencia e tecnoloxía, co obxectivo de impulsar a toma de decisións á hora de aplicar a ciencia na elaboración de políticas e abordar algúns dos problemas de desenvolvemento máis difíciles da rexión asiática. Budhijanto dispón da experiencia de traballar durante un ano nun ministerio, onde achegou os seus coñecementos sobre biodiversidade, a xestión da pesca e das costas e a seguridade enerxética. Dentro deste proceso, expresou entón o seu desexo de aprender "sobre as técnicas de estratexia e diplomacia para facer que as consideracións e ideas científicas sexan máis escoitadas no proceso de elaboración de políticas", e todo coa determinación de utilizar a ciencia e trasladala á realidade en beneficio da comunidade.[6]

Con esa filosofía -de utilizar a ciencia en beneficio das comunidades- o seu traballo pretende cambiar a paradigma de como crear unha tecnoloxía para a comunidade por outro de como construír socialmente unha tecnoloxía dentro da comunidade, facendo énfase nesa diferenza "para a comunidade" e "dentro da comunidade", apostando por esta última.[3]

Os seus principais campos de interese en investigación, relacionados directamente coas súas especialidades céntranse na enxeñaría de bioprocesos, na bioconversión de residuos orgánicos industriais, nos materiais biorenovables, en procesos alimentarios, na xestión de residuos municipais e na elaboración de políticas fundamentadas na ciencia.

Traballa principalmente en proxectos para desenvolver empresas comunitarias de xestión de residuos e biomateriales. Os seus proxectos baséanse na protección do medio ambiente, a conservación dos recursos naturais e o establecemento da autosuficiencia comunitaria con recursos locais.[7]

Durante o tempo que traballou xunto ao experto en biotecnoloxía Lars T. Angenent da Universidade de Cornell, Budhijanto inventou unha nova forma de tratar as augas residuais, cunha eficiencia 10 veces superior ao requirir menos terra que os sistemas de retención de estanques e sen liberar gases de efecto invernadoiro.[3]

É membro de diferentes sociedades, como a American Chemical Society desde 2003, e afiliada da Asociación de Tecnólogos de Alimentos de Indonesia desde 2007. Asociouse ao Instituto de Enxeñeiros Químicos en 2009.[5]

O seu traballo e as súas numerosas publicacións científicas convértena nunha figura referente no mundo da enxeñaría química e nun modelo a seguir para outras mulleres científicas do mundo, que se esforzan en impulsar e aplicar a tecnoloxía non só nos países en vías de desenvolvemento, senón tamén nos países do "primeiro mundo".[2] As súas últimas investigacións céntranse no desenvolvemento de pequenos paquetes tecnolóxicos.[8]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Bolsa Nacional L'OREAL-UNESCO para Mulleres na Ciencia (2007)
  • Bolsa Facultade para o Futuro de Schlumberger (2009)
  • Premio polo mellor servizo comunitario baseado na investigación da UGM (2011)
  • Premio pola mellor aplicación de tecnoloxía apropiada baseada na investigación da UGM (2013)
  • Bolsa de ciencia e tecnoloxía ASEAN-EE.UU, patrocinada por USAID (2015)
  • Premio á mellor facultade de ciencia e tecnoloxía da UGM (2017)
  • Finalista do premio nacional á mellor facultade de ciencia e tecnoloxía do Ministerio de Investigación, Tecnoloxía e Educación Superior (2018)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Universidade Gadjah Mada". Consultado o 19/02/2022. 
  2. 2,0 2,1 España, B. I. (2019-03-08). "Estas son las 39 ingenieras más poderosas del mundo ahora mismo" (en castelán). Consultado o 2021-05-13. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Wiratni Budhijanto". 2019-04-24. Consultado o 2021-05-20. 
  4. 4,0 4,1 "Profil Wiratni – Teknik Kimia UGM" (en inglés). Consultado o 2021-05-20. 
  5. 5,0 5,1 "Curriculum Vitae | Bergurau dengan Sains : Bergurau dengan Sains". Consultado o 2021-05-23. 
  6. "Going Beyond the Lab: ASEAN-U.S. Science and Technology Fellowship Integrates Scientists into Policymaking" (en inglés). 2015-05-04. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2021. Consultado o 2021-05-20. said she is eager to learn “about the strategy and diplomacy techniques to make scientific considerations and ideas be heard more in the policy-making process.” 
  7. "Wiratni Wiratni. Universitas Gadjah Mada | UGM · Department of Chemical Engineering PhD". 
  8. "Wiratni Budhijanto". Consultado o 2021-05-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]