Chad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Chad - Tchad")
República do Chad
République du Tchad
جمهوريّة تشاد
Jumhūriyyat Tshād
Bandeira do Chad
Escudo do Chad
Bandeira Escudo
Chad (orthographic projection).svg
Lema: Unité, Travail, Progrès
Unidade, Traballo, Progreso
Himno: La Tchadienne
Capital Xamena
 • Poboación 6 546 000 (1993)
Cidade máis poboada Xamena
Linguas oficiais Francés, árabe1
Forma de goberno República
Idriss Déby
Djimrangar Dadnadji
 · Data
 · Goberno actual
 · Constitución
de Francia
11 de agosto de 1960
3 de febreiro de 2005
31 de marzo de 1996
Superficie Posto 21º
 • Total 1 284 000 km²
 • % auga 1,9
Fronteiras 5 968 km
Costas 0 km
Poboación Posto 74º
 • Total (2009[1]) 10 329 208 hab.
 • Densidade 8 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total n/d
 • per cápita n/d
PIB (PPA) Posto 125º
 • Total (2006) 16 196  millóns US$
 • per cápita 1 749 US$
Moeda Franco CFA
IDH (2007) 0,388 (170º) – Baixo
Xentilicio chadiano, chadiana[2]
Fuso horario UTC+1
 • Horario de verán Non aplica
Dominio de Internet .td
Prefixo telefónico +235
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO TD / TCD / 148
Membro de: ONU, UA, OIF
1 Hai ademais varias linguas autóctonas que non son oficiais

Chad (en francés Tchad, en árabe تشاد, Tshad), oficialmente República do Chad (en francés République du Tchad; en árabe جمهورية تشاد, Jumhūriyyat Tshād) é un país africano. Limita ao norte con Libia, ao leste co Sudán, ao sur coa República Centroafricana e ao oeste con Camerún, Nixeria e mais Níxer. A súa capital é Xamena.

Historia[editar | editar a fonte]

Do mesmo xeito que a maioría do mundo, a área actualmente coñecida como Chad comezou como un grupo desconectado de tribos. Eventualmente estas tribos foron tomadas por reinos. Chad foi controlada por algúns reinos débiles ata ser tomado polo maior, pero aínda africano, Imperio Kanem-Bornu.

Logo, os estranxeiros comezaron a ter maior influencia sobre Chad. Comezando na idade media, Chad converteuse nun cruzamento de rutas entre os mercadores musulmáns e as tribos nativas. En 1891 Chad converteuse en parte do Imperio colonial francés. Durante a Segunda Guerra Mundial, Chad foi a primeira colonia francesa en unirse aos aliados. En 1960 Chad foi convertido pacíficamente nun país independente.

En 1965 unha guerra civil comezou como unha sublevación de impostos do norte musulmán. A guerra foi longa e custosa. Durou ata 1998, en cuxo momento foi escrita a constitución e Idriss Déby foi elixido presidente.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Goberno e política do Chad.

Tras a independencia estableceuse un sistema de partido único. A guerra civil de 1979 a 1982 entre o norte e o sur involucrou a tropas de Libia e Francia. En 1975 e 1982 houbo golpes de estado, o último a cargo de Hisséne Haberei, á súa vez derrubado por Idriss Déby en 1990. En 1992 legalizáronse os partidos políticos. Déby foi elixido presidente en 1996 e tivo que enfrontar unha rebelión dos nómades Toubou, radicados no norte do país.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Mapa do Chad
Rexións do Chad

Chad divídese en 18 rexións.

  1. Batha
  2. Borkou-Ennedi-Tibesti
  3. Chari-Baguirmi
  4. Guéra
  5. Hadjer-Lamis
  6. Kanem
  7. Lac
  8. Logone Occidental
  9. Logone Oriental
  10. Mandoul
  11. Maio-Kebbi Leste
  12. Maio-Kebbi Oeste
  13. Moyen-Chari
  14. Ouaddaï (Abéché)
  15. Salamat
  16. Tandjilé
  17. Wadi Fira
  18. Iamena

Xeografía[editar | editar a fonte]

Chad atópase situado na parte máis oriental do deserto do Sahara, e é unha nación que non ten saída ao mar. Limita ao norte con Libia, ao leste con Sudán, ao sur coa República Centroafricana e ao oeste con Camerún, Níxer e Nixeria, esta última a través do lago Chad.

O país conta con dúas zonas ben diferenciadas: a norte atópase dominada polo deserto, atopándose nos puntos máis setentrionais o Macizo de Tibesti. O sur é máis chairo e conta con maior vexetación. Hai que sinalar que na metade norte a poboación predominante é a árabe, mentres que no sur predominan as etnias africanas como os Sara.

Como é lóxico, os principais ríos do país van desde o sur do mesmo cara ao norte, desembocando moitos no lago Chad. Os principais ríos do Chad son o Chari e o Logone.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Chad.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica entre 1961 e 2003

Ao ano 2007, Chad ten unha poboación de 9 885 000 habitantes. A metade concéntrase no sur. No norte só habitan grupos nómades. Os musulmáns son o 50%, o 43% ten crenzas tradicionais e o 7% é cristián. Os idiomas oficiais son o francés e o árabe, aínda que se falan máis de 120 linguas e dialectos. A esperanza de vida é de 47 anos. A media de fillos por muller é de 5,56 unha das taxas máis altas do mundo, o cal provoca un incremento da poboación moi elevado. O 47.5% da poboación está alfabetizada.

Cultura[editar | editar a fonte]

En Chad a relixión con máis crentes é o Islam. Os musulmáns supoñen aproximadamente a metade da poboación, e forman un grupo homoxéneo que vive principalmente no norte do país. Pola contra, o resto da poboación, que vive na metade sur do país, é un grupo máis heteroxéneo dentro do cal podemos distinguir dous grandes grupos: os católicos e os seguidores de relixións animistas tradicionais de África. Os primeiros destes últimos supón aproximadamente un 7% da poboación sendo o resto seguidores de relixións animistas tradicionais de África.

Festas[editar | editar a fonte]

Data Nome en galego
1 de xaneiro Ano Novo
1 de maio Día do traballo
11 de agosto Día da Independencia
28 de novembro Proclamación do día da República
1 de decembro Día da liberdade e a democracia

Notas[editar | editar a fonte]