Roi Xordo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roi Xordo
Fidalgo

Nacemento ?
Ferrol/A Coruña?
Falecemento 1437?
Pontedeume?

Roi Xordo foi un fidalgo medieval da terra da casa de Andrade, que en 1431 liderou a Irmandade Fusquenlla na súa revolta contra o señor Nuno Freire de Andrade, o Mao, na que sería a primeira revolta irmandiña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pouco se sabe de Roi Xordo. Podería ser de Ferrol, aínda que tamén se defende que era coruñés[1]. Liderou unha forza de 3.000 homes que tomou o castelo de Moeche, e despois atacou outras fortalezas en Pontedeume, Monforte de Lemos e Santiago de Compostela até a súa suposta morte no combate en Pontedeume en 1437, cando foi derrotada a irmandade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hai quen considera que este Roi Xordo é o mesmo que outorgou testamento na cidade da Coruña o 24 de decembro de 1457 (ver Uriarte Basadre). Ademais semella que este Roi Xordo das Mariñas, rexedor da Coruña, é o mesmo que finou violentamente no mes de xuño de 1458 a mans de Fernán Pérez de Andrade, O Mozo, e dos seus homes, segundo testemuña o seu tío Gómez Pérez das Mariñas I (ver Pardo de Guevara).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]