Bidueiral de Montederramo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°12′37″N 7°29′47″O / 42.210211111111, -7.4962583333333

Bidueiral de Montederramo
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 1.984 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Provincia de Ourense
Concellos: Montederramo, Vilar de Barrio
Ríos: río Mau, río da Queixa[4]
Picos Alto de San Mamede (1618 m)
Direccións de interese:
Teléfonos:

O Bidueiral de Montederramo é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que abrangue a zona de nacemento dos ríos Arnoia, Limia e Támega nas abas da serra de San Mamede, que está na zona oeste do Macizo Central ourensán. Está nos concellos de Montederramo e Vilar de Barrio.[1][2][3][5][6]

Este espazo natural pretende conservar un dos bosques galegos mellor conservados de bidueiros e por ser un punto de transición entre os bosques de vexetación eurosiberiana a mediterránea no noroeste peninsular.[6] Destacan no ZEC os hábitats rochosos, as covas e as turbeiras activas, así como queirogais de Erica ciliaris e Erica tetralix, e a presenza de 12 especies con interese de protección elevado.[5]

Xeografía[editar | editar a fonte]

O ZEC está entre a terra de Caldelas e a Limia e ocupa principalmente as parroquias de Paredes e Gabín de Montederramo e unha área menor de Rebordechau en Vilar de Barrio. Dentro do espazo atópase o lugar do Teixedo e case dentro del A Ferrería, lugares de Gabín.

Ten os regos de Corgo Figueiro e Corogo de Valdemiotos ou Torneiros, que aflúen fóra do espazo no río de Queixa; e o rego de Corgo das Aguzadeiras, que aflúe no río Mao, e a cabeceira do río Mao.

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

Flora[editar | editar a fonte]

Este espazo está formando principalmente por queirogais, como Erica ciliaris e Erica tetralix, e bosques autóctonos, cunha parte relativamente importante de bosque de bidueiro (Betula).

A maior área dos bosques son a das carballeiras de Quercus robur e Quercus pyrenaica. Ás carballeiras séguenas as acivreiras (Ilex aquifolium) en extensión, mesturadas entre os bidueiros. Nas ribeiras dominan os ameneiros (Alnus glutinosa) e os freixos (Fraxinus excelsio).

Nos prados destacan as formación de múltiples especies de Nardus. No bidueiral están tamén presentes zonas de turbeiras e covas.

As especies da flora que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[5]

Especie
Narcissus asturiensis

Fauna[editar | editar a fonte]

As especies de maior interese do espazo en canto a súa conservación son a lagarta da serra (Iberolacerta monticola) e o lagarto das silvas (Lacerta schreiberi), as aves gatafornela (Circus cyaneus) e a tartaraña cincenta (Circus pygargus) e os morcegos grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum) e pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros).

Outras aves de interese do espazo son os azores (Accipiter gentilis), gabiáns Accipiter nisus, a tartaraña cincenta (Circus pygargus), a aguia albela (Circaetus gallicus), os mouchos, ou o gabeador azul (Sitta europaea).

Entre os mamíferos de interese de conservación están o gato bravo (Felis silvestris), o lobo (Canis lupus) e varias especies de armiños, en particular a Mustela erminea.

As especies da fauna que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[5]

Grupo Especie
Invertebrados Cerambyx cerdo
Invertebrados Geomalacus maculosus
Invertebrados Lucanus cervus
Peixes Chondrostoma polylepis
Peixes Rutilus arcasii
Réptiles Lacerta monticola
Réptiles Lacerta schreiberi
Mamíferos Galemys pyrenaicus
Mamíferos Lutra lutra
Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum
Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Cultura[editar | editar a fonte]

Lendas[editar | editar a fonte]

Esta fraga acocha unha lenda popular xa que, segundo esta, foi o escenario escollido por Romasanta, o home lobo, para acometer variedade de crimes.[7][8] Manuel Blanco Romasanta, máis coñecido como “o do unto”, confesou a finais do século XIX que froito dunha maldición foi convertido nun home lobo que saía nas noites de lúa chea. Isto deu orixe á lenda que se desencadeou neste bosque, por ser o único caso de licantropía documentado en España.[7][8]

Turismo[editar | editar a fonte]

Rutas accesíbeis[editar | editar a fonte]

Dentro do Bidueiro de Montederramo pódese realizar un itinerario que consta dunha lonxitude de 22 km e na que a dificultade só existe nos dous últimos quilómetros, xa que nos atopamos un desnivel de 250 metros.[9][10] [11][12][13]

O percorrido comeza nunha pequena aldea de Gabín, Montederramo, que nos achega ata o Bidueiro mediante unha pista transitable por vehículos. No lugar do Campo do Casar comeza esa ruta PR-G 182, ou Ruta do Bidueiro de Gabín. Consta de 9 quilómetros polo interior da fraga, onde ao seu fin se encontra ó unha construción eclesiástica.[10][13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  2. 2,0 2,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  3. 3,0 3,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  4. Un regato afluente do río da Queixa.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Bidueiral de Montederramo Código do ZEC ES1130003.". Consultado o 24/8/2019. 
  6. 6,0 6,1 "ES1130003 Bidueiral de Montederramo". Arquivado dende o orixinal o 25/09/2020. Consultado o 24/8/2019. 
  7. 7,0 7,1 Galician Garden. "Un bosque singular, el Bidueiral de Montederramo". Consultado o 24/8/2019. 
  8. 8,0 8,1 Turismo Ribeira Sacra. "Bidueiral de Montederramo". Consultado o 24/8/2019. 
  9. Galicia Enteira. "Bidueiral de Montederramo, un ejemplo de verde Galicia". Arquivado dende o orixinal o 02/03/2020. Consultado o 24/8/2019. 
  10. 10,0 10,1 cuadrillo. "Ruta do Bidueiral de Montederramo". Consultado o 24/8/2019. 
  11. Creando tu provincia (06/06/2019). "Bidueiral de Montederramo". Arquivado dende o orixinal o 17/10/2019. Consultado o 24/8/2019. 
  12. Concello de Montederramo. "Ruta do bidueiral". Arquivado dende o orixinal o 17/10/2019. Consultado o 24/8/2019. 
  13. 13,0 13,1 Rutea. "Bidueiral de Montederramo". Consultado o 24/8/2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]