Río Mao, río Sil
| Tipo | río | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| División administrativa | provincia de Ourense, España | |||
| Localización | Serra de San Mamede | |||
| Final | ||||
| División administrativa | provincia de Ourense, España | |||
| Localización | A Teixeira | |||
| Desembocadura | Río Sil | |||
| ||||
| Conca hidrográfica | conca do Miño | |||
| Características | ||||
| Altitude | 240 m | |||
| Dimensións | 30 ( | |||
O río Mao é un curso fluvial galego. Nace nos altos da serra de San Mamede, no concello ourensán de Montederramo, e desauga no río Sil, entre os concellos da Teixeira e Parada de Sil.
Traxecto
[editar | editar a fonte]Comeza o seu curso como un río de montaña, e axiña chega á capital do concello, Montederramo. Forma un só encoro, o de Leboreiro, no concello de Montederramo. Este encoro posúe unha central hidroeléctrica, A Fábrica da Luz, que se sitúa preto da desembocadura. Desemboca varios quilómetros máis abaixo da presa, no encoro de Santo Estevo, formando un canón, dos máis impresionantes da provincia de Ourense. O río descende en moi poucos quilómetros dende os 860 msnm en Leboreiro até os 240 no Sil.
No val, preto da súa desembocadura, están a capela e necrópole de San Vítor de Barxacova. Ademais, na mesma zona, existe unha ruta que discorre por unha pasarela de madeira.
