Xosé Manuel Souto González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé Manuel Souto González
Biografía
Nacemento26/12/1956 (67 anos)
Vigo
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxeógrafo e historiador
EmpregadorUniversidade de Valencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 202581

Xosé Manuel Souto González, nado o 26 de decembro de 1956 en Vigo, é un xeógrafo e historiador galego, especialista en territorio e urbanismo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o Bacharelato en Vigo. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente especializouse en Historia, Sección de Historia e Cultura de Galicia na mesma Universidade (1981). Foi catedrático de Xeografía e Historia no Ensino Medio dende 1984. A súa tese de doutoramento titúlase Desartellamento social e caos urbanístico. Vigo, 1960-1980, publicada en 1990. É profesor titular da Universidade de Valencia, membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e membro fundador do Instituto de Estudios Vigueses.

Publicou artigos en Encrucillada, Solaina, Cuadernos de Estudios Gallegos, Revista Galega de Estudios Agrarios, Revista Galega de Educación, Grial

Obras[editar | editar a fonte]

Entre a súa extensa bibliografía están:

  • El hombre y sus actividades en el Valle Miñor, memoria de licenciatura, 1978.
  • Xeografía humana, Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1988.
  • Coñecermos Vigo, 1989
  • Geografía de España: Los desequilibrios regionales, Valencia, 1996.[2]
  • Vigo. Cen anos de historia urbana (1880-1980), Xerais, 1990.
  • O Val Miñor, entre as transformacións rurais e as innovacións urbanas, 1991.
  • Somos el mundo, con José Ramón Valero, Valencia, 1993.
  • Vigo: proxecto e realidade do medio periurbano, 1994.[3]
  • As parroquias, 1995.
  • Los cuadernos de los alumnos. Una evaluación del currículo real, colectiva, Sevilla, 1996.[4]
  • Vivendas e cidades, 1997
  • Didáctica de la geografía. Problemas sociales y conocimiento del medio, Barcelona, 1998.
  • Planeamento estratéxico e mercadotecnica territorial, 2001.

E unha ampla serie de títulos de carácter didáctico.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]