Pepe Carballude

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pepe Carballude
Pepe Carballude (AELG)-1.jpg
Nacemento15 de agosto de 1956
 Rubín
NacionalidadeEspaña
Educado enUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónprofesor e escritor
Coñecido/a porInvestigación 091
editar datos en Wikidata ]

Xosé Carballude Blanco, nado en Rubín (A Estrada) o 15 de agosto de 1956, é un escritor galego de literatura infantil e xuvenil.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago. É profesor de latín no IES Xosé Neira Vilas de Perillo (Oleiros), tras pasar por Badaxoz, Vilagarcía de Arousa e Carballo. Comezou a súa carreira como escritor presentándose ao II Concurso do Barco de Vapor, no que quedou finalista.

Obra[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • O xílgaro pintor, 1987, Galaxia (narrativa infantil).
  • Os gazafellos, 1987, S. M. (narrativa infantil).
  • Andainas de Pedro Chosco, 1989, S. M. (narrativa infantil).
  • O talismán dos druídas, 1989, Galaxia (narrativa xuvenil).
  • Investigación 091, 1989, S. M. (novela xuvenil).
  • Os enredos de Olalla, 1990 (narrativa infantil).
  • O deus desaparecido, 1991, S. M. (narrativa).
  • A fraga misteriosa, 1992, S. M. (narrativa xuvenil).
  • A historia do home-can, 1993 S. M. - Everest (narrativa infantil).
  • S.O.S., 1994, Galaxia (novela xuvenil).
  • Romaxe de desventuras, 1997, Edebé-Rodeira (narrativa xuvenil).
  • ¡Maldito D.N.I.!, 1998, Xerais (novela xuvenil).
  • Andrea quere ser maior, 1999, Everest Galicia (narrativa infantil).
  • Os enredos de Olalla, 1999, Everest Galicia (narrativa infantil).
  • Mimos e máis mimos, 1999, Galaxia (narrativa infantil).
  • Paisaxe con fondo gris, 2001, Galaxia (novela xuvenil).
  • De cómo o Santo dos Croques se fai peregrino, 2002 (narrativa infantil).
  • Os Gazafellos, 2006, Galaxia (narrativa xuvenil).
  • Miña avoa ten 13 anos, 2006, Tambre (narrativa infantil).
  • Xograres dun tempo novo, 2009, Everest Galicia (narrativa xuvenil).
  • Marxinados, 2014, Galaxia (narrativa xuvenil).

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Fábulas de Fedro, 1988, Xunta de Galicia. Con Rosa García Vilariño e Xosé María Liñeira.
  • Sobre a vellez; Sobre a amizade de Cicerón, 2005, Xunta de Galicia.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]